View
298
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
María Pérez AragundeIES Francisco Asorey
Xuño 2013
O Mississippi é o máis grande e máis caudaloso río de América do norte. Á súa conca está enteiramente nos Estados Unidos.
● LONXITUDE: 6.800 Km● CUNCA: 3.238.000 Km2
MESETA OZARK
MONTAÑAS ROCHOSAS
MONTE
S APA
LACH
ES
Continental no curso altoTropical no baixo
CLIMA
O Mississippi é un río cun caudal importante e grandes enchentes. CAUDAL
O caudal do Mississippi caracterízase por grandes variacións en función do lugar e a tempada; xeralmente oscila entre 8.000 m³/s e 50.000 m³/s. Na desembocadura o caudal medio é de 18.000 m³/s,Pero durante o período de enchentes, o caudal pode subir facilmente a 70.000 m³/s, chegando en ocasións ata os 300.000 m³/s (1927).O río Ohio contribúe con máis da metade do caudal total do Mississippi (8.000 m³/s).O caudal medio interanual do Mississippi, referido á extensión da súa conca hidrográfica, é de 5,9 l/s por km².
O réxime hidrolóxico do Mississippi é moi complexo xa que o río é alimentado por afluentes moi diferentes.
RÉXIME
O curso superior ten un réxime pluvionival, mentres que o curso inferior atravesa unha rexión subtropical húmida. O Misissippi recibe as augas do Missouri incrementadas polas do desxeo das neves das Montañas Rochosas na primavera. A súa parte inferior é alimentada por chuvias abundantes no verán e ao comezo do outono, con riscos ciclónicos na parte máis meridional.
Confluencia do Misissippi e o Ohio
Mis
isip
i
LagoItasca
NACEMENTO
Mis
isip
i
MINEAPOLIS
Mis
isip
i
Wisconsin
DAVENPORT
Mis
isip
i
Des Moines
Mis
isip
i CHICAGOIllinois
Mis
isip
i
SAN LUIS
Missouri
Mis
isip
i
Ohio
Mis
isip
i
MEMPHIS
Mis
isip
i
Arkansas
Mis
isip
i
Vermello
Mis
isip
i
Lago Ponchartrein
BATON ROUGE
NOVA ORLEÁNS
Mis
isip
i
DELTA
Mis
isip
i
GOLFO DE MÉXICOOCÉANO ATLÁNTICO
DELTA DO MISSISSIPPICobre unha superficie de 75.000 km² (máis de 400 km de anchura -deste a oeste- e 200 km de profundidade -do norte ao sur), sobre a que viven uns 2,2 millóns de habitantes, a maioría na cidade de Nova Orleáns.A desembocadura do Misissippi desprazouse moitas veces ao longo da historia. En 5.000 anos, o río cambiou nove veces de desembocadura e a actual data só do século X.Cando se construíu unha canle a comezos do século XX, o río buscou reunir o leito e a desembocadura do río Aychafalava, a 95 Km de Nova Orleans.
O río describe numerosos meandros, en particular entre Memphis (Tennesseee) e o delta. A gran maioría son meandros de chaira aluvial (meandros libres ou divagantes) que forman sectores húmidos ou abandonados como os “baious”.
XEOLOXÍA
En varios lugares, os meandros recortáronse e deixaron brazos mortos chamados oxbow ou «lagos en forma de ferradura».
No percorrido do Misissippi hai numerosos lagos.
Lago Pepin, formado hai uns 9.500 anos. Esténdese ao longo duns 35 km de lonxitude cunha profundidade media de cinco metros. Ten a capacidade de reter unha parte dos sedimentos e da polución que provén da parte máis elevada.
Lago Itasca, no nacemento do
Misissipi
Fervenza de Saint Anthony, preto de Minneápolis.
Great Fallas en Montana, no río Missouri
Xefe Beaber ou Diamond, cae entre os lagos Ellen Wilson e o Lincoln, no Parque Nacional Glacier de Montana.
Río Cumberland (Río Ohio)
DELTA DO MISSISSIPPIO delta do Mississippi avanza aproximadamente 100 m ao ano, alimentado polos 730 millóns de t de aluvión que deposita a razón de 6 dm ao ano sobre o fondo do seu leito, o que fai necesario un dragado constante para asegurar a navegación. Estes depósitos forman un inmenso abano aluvial que gaña terreo sobre as augas do Golfo de México debido á pouca profundidade das augas e da escasa amplitude das mareas. A planicie deltaica do Mississippi inclúe as marismas costeiras de Luisiana e cobre 28.568 km2. Caracterízase por unha rede complexa de brazos e de levantamentos naturais en disposición radial, río abaixo de Baton Rouge.
Salgueiro negro, alcipreste de pantano, álamo de Virginia, pradairo, bidueiro negro, celtis, arroz silvestre, eneas, lilas de auga, elodeas, Vallisneria americana…
FLORA
Alcipreste dos pantanos
MAMÍFEROS: castor, lontra, visón americano, rata almiscleira, coipo ...PEIXES: máis de 260 especies: peixe espátula, salmón, peixe caimán...AVES: o 60% das aves de Norteamérica (326 especies) utilizan a conca do Mississippi nas súas migracións.RÉPTILES: aligator, tartarugas, serpes de auga…60 especies diferentes de mexillóns.
FAUNA
Lontra Castor
Peixe espátula do Misissippi
Peixe caimán do Misissippi
Esturión pálido (Scaphirhynchus albus)
Garza
Pelícanos
Aligator americano
Tartaruga (Gopherus polyphemus
Salamántiga de Texas (Ambystoma texanum)
Auga para as cidades, industrias e agricultura; acuicultura, pesca, navegación, lecer, deporte, turismo…
A conca do Mississippi é a fonte do 23 % do abastecemento de augas superficiais públicas dos Estados Unidos. Máis de 72 millóns de persoas viven nesa área. Industria Acuicultura
APROVEITAMENTO
O Mississippi é unha vía de comunicación esencial para o país. O dez por cento das mercadorías dos Estados Unidos son transportadas polo Mississippi. A súa orientación meridiana fai del un eixo esencial de penetración ao continente norteamericano e unha vía de acceso aos Grandes Lagos. Unha canle de navegación une o Mississippi co lago Michigan (á altura de Chicago). Outra canle, o Illinois Waterway, vai desde a desembocadura do río Chicago ata a confluencia do Illinois e o Mississippi. No sur, o Mississippi comunica Florida e Texas a través dunha canle lateral, o Gulf Intracoastal Waterway.
A central hidroeléctrica de Keokuk (Iowa) é a única deste tipo ao longo de todo o curso do Mississippi: foi construída en 1913 e produce cada ano 105 megavatios.
O río o Mississippi e o súa chaira aluvial acollen unha fauna e flora moi ricas que compón o maior sistema continuo de marismas do continente norteamericano.O Humidal da chaira aluvial do río Mississippi Superior (22.357 ha) está declarada humidal RAMSAR,
ESPAZOS PROTEXIDOS
O ecosistema do curso superior do Mississippi está protexido polo Upper Mississippi River National Wildlife and Fish Refuge que se estende nuns 500 km desde Wabasha (Minnesota) ata Rock Island (Ilinois). Esta reserva cobre preto de 80.000 ha situadas en catro estados e protexe medios moi diversos (marismas, zonas húmidas, lagos, bosques de chaira aluvial, praias de area e vertentes.).
Durante a época precolombina, o Mississippi xa constituía unha importante vía de navegación, e os amerindios chamábano «Meschacebé», que significa «pai das augas». Hoxe en día, o río constitúe un elemento fundamental da economía e da cultura estadounidense. Atopárons indicios de ocupación amerindia no delta de hai 11.000 anos.
DATOS HISTÓRICOS
Cando os franceses exploraron o Mississippi, atoparon varios pobos amerindios: os sious no norte, quapaws na desembocadura do Arkansas, tamrois na confluencia co Misouri, chotaws no Mississippi inferior ou baiagoulas no delta.
O 8 de maio de 1541, Hernando de Soto foi o primeiro europeo en chegar ao Mississippi, que bautizou como Gran Río do Espíritu Santo.
Unha pinga de choiva que caia no lago Itasca tarda preto de 90 días en chegar ao golfo de México.
En 2002 o nadador esloveno Martin Strel descendeu o Mississippi ao longo de toda a súa lonxitude en 68 días.
CURIOSIDADES
As primeiras descricións por escrito do Mississippi fanse nos libros de viaxe dos europeos en América do Norte. O escritor francés Francois-René de Chateubriand (1768-1848) viaxou por Norteamérica a finais do século XVIII e escribiu varias obras con informes sobre a rexión do Mississippi.Na literatura, o Mississippi está indisociablemente unido á obra do escritor estadounidense Mark Twain (1835-1910). O naturalista John James Audubon (1785-1851) descendeu o río e pintou as aves desta rexión.O Mississippi e o seu delta son coñecidos por ser o berce do blues. Numerosas películas desenvólvense no marco do río Mississippi.
Enchentes, contaminación por vertidos urbábs, agrícolas, industriais, da navegación… pesca e caza furtivas…
PROBLEMAS
Na primavera de 1927 o río saíuse do seu curso en 145 lugares e alagou 73.000 km² de terras, ata unha altura de 10 m e unha anchura de 30 km. A pesar da magnitude das enchetes, foi en 1993 cando os Estados Unidos coñeceron a inundación máis devastadora e custosa (12 mil millóns de dólares) ata a actualidade. Precipitacións excepcionais durante a primavera e verán dese ano fixeron o Mississippi e o seu afluente principal, o Misouri. Certas cidades foron alagadas durante máis de 200 días. O caudal do río excedeu 70.000 m³/s en St Louis.
O Mississipsi, o Misuri e o río Illinois preto de San Luis durante enchentes de 1993.
Laura Domínguez Otero IES Francisco Asorey
Diego Sánchez ChantadaAdela Leiro, Chus García
Recommended