SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións...

Preview:

Citation preview

Nunha ollada 2017

Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)

SICRI-2017 nunha ollada

Resumo dos principais resultados da enquisa sobre condutas de risco na poboación galega realizada en 2017.

Nunha ollada 2017

• Este documento é un resumo dos principais resultados obtidos no SICRI do ano 2017. Este documento

presenta “nunha ollada” información sobre diferentes condutas de risco para a saúde.

• Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados.

• A medida que haxa información mais detallada sobre algún dos temas tratados na enquisa darase conta

neste documento, engadindo o sinal Máis polo miúdo.

• OLLO! débese ter en conta que os resultados do SICRI, por proceder dunha mostra da poboación, están

sometidos á variabilidade que depende da mostraxe. A diferenza do que ocorre cos documentos aos que

se pode acceder na Web, neste documento non se fai explícita por cuestións de espazo.

Sobre este documento

Nunha ollada 2017

• O sistema de información de condutas de risco (SICRI) ten como obxectivo

principal identificar a presenza que teñen na poboación galega diferentes

factores de risco para a saúde.

• Empezou a súa andaina no ano 2005 e dende entón realizáronse 8 estudos

máis, nos anos 2006, 2007, 2010, 2011, 2014, 2015, 2016 e 2017.

Sobre o SICRI

Nunha ollada 2017

• Ámbito

– Xeográfico: Galicia– Poboacional: Residentes de 16 anos en diante– Temporal: 2017

• Tamaño da mostra: 7.841 individuos

• Mostraxe: Aleatoria estratificada a partir da base de Tarxeta Sanitaria

• Recollida de información: Enquisa telefónica asistida por ordenador (CATI)

• Período de realización do estudo: enquisas mensuais entre xaneiro-decembro de 2017

• Garántese a representatividade dos datos obtidos en homes e mulleres en 4 grupos de idade: 16-24, 25-44, 45-64 e 65 e máis.

Sobre o SICRI-2017

Nunha ollada 2017

• Percepción do estado de saúde

• Consumo de tabaco

• Exposición ao fume ambiental de tabaco

• Abandono de tabaco no embarazo

• Consumo de alcohol

• Consumo de cannabis

• Gastroenterite: estimación da prevalencia

• Antibióticos

• Dieta

• Etiquetas nutricionais

• Percepción do peso e talla

• Uso de internet

• Ludopatía

Temas tratados no SICRI-2017

Nunha ollada 2017

5 de cada 10 galegos perciben a súa saude como boa ou moi boa

• A saúde autopercibida é unha aproximación

útil ao nivel de saúde de unha poboación.

• O 50% dos galegos consideran ter bo

estado de saúde; isto é, din que o seu estado

de saúde é bo ou moi bo.

• A percepción de bo estado de saúde

diminúe ao aumentar a idade.

• O sexo é condicionante da saúde percibida

en Galicia. Entre a poboación de 65 en diante

o 29% das mulleres perciben como mala ou

moi mala a súa saúde fronte ao 21% dos

homes.

PERCEPCIÓN DO ESTADO DE SAÚDE

Nunha ollada 2017

A diario fuman 16 de cada 100 galegos.....

• O tabaco é o factor de risco evitable que máis

mortalidade causa en Galicia.

• A idade media á que se empeza a fumar son os 19

anos.

•As prevalencias de consumo son máximas entre os

25-44 anos (29%) e mínimas a partires dos 65 anos

(5%).

•O 78% dos fumadores fuman tabaco rubio e o 22%

picadura.

• A 6 de cada 10 fumadores gustaríalles deixar de

fumar e 2 de cada 10 están preparados para facelo. O

28% dos fumadores tentaron deixar de fumar no

último ano.

• Os exfumadores levan 15,3 anos de media sen

fumar. Nos máis novos (16-24 anos) este tempo é de 1

ano e medio.

CONSUMO ACTUAL DE TABACO

Nunha ollada 2017

... e 15 de cada 100 din estar expostos ao fume de tabaco

PORCENTAXE DE EXPOSTOS AO FAT: DIARIO E OCASIONAL• O fume ambiental de tabaco (FAT) é o

carcinóxeno ambiental mais estendido.

• O 30% dos galegos din estar expostos,

ben a diario ou de xeito ocasional, ao FAT en

calquera dos catro ámbitos estudados. O

31% dos homes din estar expostos fronte ao

29% das mulleres.

• A prevalencia máis alta de exposición ao

FAT declárase na casa (15%). Se ben

destaca a exposición ao FAT dos máis novos

(16-24 anos) nos lugares de ocio (31%).

• Destaca que, en calquera dos ámbitos

estudados, a exposición ao FAT diminúe coa

idade.

Nunha ollada 2017

2 de cada 10 fumadores fuman tabaco de lear

• O 8% dos fumadores galegos consumen máis

dunha labor do tabaco.

• Os fumadores galegos consumen maioritariamente

cigarrillos rubios.

• A prevalencia de consumo de cigarrillos negros só

é relevante a partir dos 45 anos, así entre os

fumadores de 45 anos en diante o 13,1% fuman

tabaco negro.

• O consumo de tabaco de lear (picadura) entre os

fumadores, que no ano 2007 era do 1,8%, segue a

aumentar e en 2017 é do 22,3%.

• 3 de cada 1.000 galegos (uns 6.700) fuman

cigarrillos electrónicos.

• A prevalencia de consumo de IQOS é despreciable

(só 2 persoas dixeron que o consumían).

PORCENTAXE DE FUMADORES QUE

CONSUMEN TABACO DE LEAR

Nunha ollada 2017

7 de cada 10 mozos beberon alcohol no último mes

PORCENTAXE DE MOZOS CONSUMIDORES DE

ALCOHOL NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS

• O consumo de alcohol é o factor de risco máis

prevalente en Galicia.

• O 65,3% dos mozos de 16 a 24 anos declaran

beber alcohol no último mes. A prevalencia de

consumo aumenta coa idade, así aos 16 anos é

do 33,9% pasando ao 66,9% aos 18 anos,

momento no que se estabiliza.

• Consumen máis os mozos que as mozas,

excepto nos mais novos (16-17 anos) nos que a

prevalencia foi similar.

• O 27,4% dos mozos din que asistiron a un

botellón nas 4 semanas anteriores á entrevista.

Asistiron máis os rapaces e aqueles de 18 a 20

anos.

• O 15,8% practican consumo de atracón ou

binge drinking, máis os rapaces. A prevalencia de

binge drinking aumenta coa idade.

Binge drinking ou consumo de atracón: Beber 5 ou máis bebidas

alcohólicas de forma seguida ou nun prazo dun par de horas.

Nunha ollada 2017

2 de cada 10 galegos beben alcohol a diario ou case a diario

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE ALCOHOL

NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS

• O 18,8% dos galegos maiores de 15 anos

declaran beber alcohol a diario ou case a diario.

A prevalencia de consumo é máis alta nos

homes (28,2% vs. 10,3%) e aumenta coa idade

(16-24 anos: 1,5%; 25-44: 8,4%; 45-64:

24,0%; 65 e máis: 28,4%)

• O consumo de atracón ou binge drinking, que

diminúe ao aumentar a idade, concéntrase nos

homes; así, o 8% declaran practicar polo

menos 1 vez ao mes este tipo de consumo

fronte ao 1% das mulleres.

• O 3,4% dos galegos presentan un consumo

de alcohol de risco segundo a súa puntuación

no AUDIT, 5,8% dos homes e 1,2% das

mulleres. A porcentaxe de bebedores

clasificados polo AUDIT como dependentes é

inferior ao 1%.

Nunha ollada 2017

3 de cada 100 galegos fuman cannabis

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE CANNABIS

NO ÚLTIMO ANO

• O 2,6% dos galegos maiores de 15 anos declaran

fumar cannabis, sendo a prevalencia máis alta entre

os homes (4,0% vs. 1,4%) e diminúe a medida que

avanza a idade; así na poboación de 16 a 24 anos a

prevalencia é do 8,8%, entre os 25-44 do 5,1% e a

partir dos 45 anos sitúase por baixo do 1%.

• O 25,8% dos fumadores de cannabis declaran

fumalo a diario, non aparecendo diferenzas en

función do sexo, nin nos grupos de idade onde o

consumo é máis frecuente (16-24 e 25-44).

• O 91,0% dos consumidores fuman o cannabis na

casa, ben na que viven ou na doutra persoa.

• O 10,4% dos consumidores de cannabis presentan

un consumo de risco, o 10,8% dos homes e o 9,2%

das mulleres segundo a súa puntuación no CAST.

Nunha ollada 2017

8 de cada 10 galegos toman peixe como mínimo 1 vez á semana

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES

DE DIFERENTES ALIMENTOS • 7 de cada 10 galegos din consumir como mínimo 1 peza de froita ao día. Esta porcentaxe é superior nas mulleres. Neste punto compre destacar que se inclúen tamén as pezas de froita que toman en zume.

• A porcentaxe de galegos que di tomar verduras ou hortalizas a diario é menor que o que di tomar froita, en global non chega ao 50%. Neste punto tamén destaca que a porcentaxe de consumo de verduras e hortalizas é mais alta entre as mulleres.

• O 80% dos galegos din tomar peixe polo menos unha vez á semana. Neste caso, a porcentaxe de homes e de mulleres que declara consumo é similar.

Nunha ollada 2017

3 de cada 10 galegos consultan as etiquetas nutricionais sempre

PORCENTAXE DE PERSOAS QUE

CONSULTAN AS ETIQUETAS NUTRICIONAIS

Non procede: persoas que non elixen os alimentos, e persoas que non compran nunca ou case nunca produtos envasados

• O 35,4% dos galegos consultan sempre a etiqueta nutricional dos alimentos que compran, mentres que o 32,5% non a consultan nunca. Consúltana máis as mulleres (40,0% vs. 30,3%).

• O que máis declararon consultar é o contido en graxas dos alimentos (35,7%), seguido das calorías (22,6%) e do contido en azucres (22,4%). O 11,7% din consultar o contido en sal. O 60% dos galegos que consultan as etiquetas nutricionais valoran a presenza de aceite de palma.

• Entre os galegos que non consultan a etiqueta nutricional, o 11,9% non o fan ben porque din non vela ou non entendela. Esta porcentaxe chega ao 22% entre os galegos de 65 e máis anos.

Nunha ollada 2017

5 de cada 100 galegos din que tiveron gastroenterite aguda*

• O 4,9% dos galegos declara que tivo gastroenterite aguda (GEA) no mes anterior a participar no estudo, non debida a tratamentos farmacolóxicos ou a enfermidades crónicas. A prevalencia é máis alta entre as mulleres (5,7%) que entre os homes (4,0%), e variou en función do grupo de idade; así, entre os 16-44 anos foi do 7,4% e do 3,4% nos maiores de 45.

• A prevalencia de GEA é máis alta, 6%, entre os consumidores de moluscos bivalvos crus.

• O 21% das persoas que tiveron GEA acuden ao médico, máis as mulleres (25%) que os homes (18%).

PORCENTAXE DE GEA, DIARREA OU VÓMITOS *

* As porcentaxes fan referencia ao mes previo a participar no estudo

Nunha ollada 2017

2 de cada 10 galegos tomaron antibióticos en xaneiro

PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE

ANTIBIÓTICOS NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS• A prevalencia de consumo de antibióticos varía en función da época do ano. Así en xaneiro e febreiro observáronse as prevalencias de consumo máis altas (18,9% e 17,3) e en agosto a máis baixa (9,9%).

• O 67,9% declaran que a receta do antibiótico déralla un médico de Atención Primaria, ao 18,4% de especializada, ao 4,2% en urxencias e ao 9% o dentista.

• O 94,3% dos galegos que tomaran antibióticos tomáronos os días que lle indicou o médico ou dentista que llos recomendou.

• O 34,2% dos galegos dixeron que sempre gardaban na casa os antibióticos que lles sobraban.

Nunha ollada 2017

Menos da metade dos galegos teñen o peso axeitado

• A obesidade é factor de risco de moitas

enfermidades, especialmente das doenzas

cardiovasculares. Un xeito doado de medila é a

partir do Índice de Masa Corporal (IMC): kg/m2.

• O 16% dos galegos son obesos (IMC30). Este

dato é posiblemente unha estimación polo baixo

do valor real, xa que se obtén a partir da

información que dan os enquisados sobre o seu

peso e talla.

• A poboación con baixo peso (IMC<18,5).

concéntrase entre as mulleres de 16 a 24 anos

(11%).

• Entre a poboación de 45 anos en diante o máis

frecuente é ter sobrepeso (25IMC<30: 44%).

DISTRIBUCIÓN DO IMC DECLARADO

Nunha ollada 2017

DISTRIBUCIÓN SEGUNDO O USO DE INTERNET

7 de cada 10 galegos utilizan internet no ocio

• O 65,3% dos galegos usan internet para chatear,

xogar, descargar música ou utilizar redes sociais.

En xeral, a prevalencia de uso non cambiou en

función do sexo, pero si do grupo de idade; así a

porcentaxe de uso nos maiores de 64 anos sitúase

no 18,8%.

• O 58,8% das persoas que declararon que

utilizaran internet no último mes usaron servizos

de mensaxería instantánea, o 36,0% redes sociais,

o 5,4% xogos de realidade virtual e o 0,3% xogos

nos que se pode gañar cartos.

• O 0,8% dos galegos teñen problemas ocasionais

no uso de internet, e o 0,1% un uso problemático

segundo a súa puntuación no CERI. Non se

aprecian cambios en función do sexo, pero si do

grupo de idade, sendo os máis novos os que

presentan máis problemas.

Nunha ollada 2017

PORCENTAXE DE PERSOAS QUE GASTAN

CARTOS EN XOGOS DE AZAR

6 de cada 10 galegos gastan cartos en xogos de azar

• O 58,1% dos galegos declaran que no último ano

gastaron cartos en xogos de azar como a lotería, as

máquinas tragaperras ou apostas por internet. A

prevalencia é máis alta entre os homes (64,6% vs.

52,2%) e no grupo de idade de 45-64 anos (67,9%).

• O 97,8% doas persoas que declaran que xogaron

no último ano fixérono a lotería, qu¡nielas, bonoloto

ou cupón. A porcentaxe que declara facer apostas

por internet é do 1,9% e o 0,8% xogaba nas

máquinas tragaperras. Estas dúas formas de xogo

concéntranse nos homes de 16-24 anos, cunhas

prevalencias do 26,3% e do 6,3%, respectivamente.

• O 0,8% dos homes galegos teñen un

comportamento patolóxico en relación co xogo,

segundo a súa puntuación no SOGS, o

comportamento que non se observa entre as

mulleres.

Recommended