View
222
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Cando un rei franco morría dividía o reino entre os seus fillos. Carlomagno morreu no ano 814, e daquela só vivía un dos seus fillos, Luis O Piadoso, que gobernou todo o imperio.
Pero tras a morte deste o imperio carolinxio fragmentouse entre os seus tres fillos, no Tratado de Verdún (ano 843) Carlos O Calvo recibiu a parte occidental (que máis tarde se
convertería en Francia), Luis O Xermánico ocupou a parte oriental, da que naceu no ano 962 o
Sacro Imperio Romano Xermánico. O maior, Lotario, herdou o título imperial e o territorio intermedio entre
os outros dous, a chamada Lotarinxia, que desapareceu no ano 870, dividida e anexionadas polos outros dous reinos, os cales non tardaron en dividirse tamén. Europa quedou así moi fragmentada.
Pobos Orixe Zonas de expansión
Normandos
ou
viquingos
Escandinavia
(Dinamarca, Suecia e
Noruega)
Norte e Leste de Europa (litoral do mar Báltico)
Islandia
illas Británicas
Países Baixos
Norte e Oeste de Francia
litoral da Península Ibérica
Sur de Italia
Musulmáns
ou
sarracenos
Norte de África costas mediterráneas europeas (España, Francia,
Italia, Sicilia e Sardeña...)
Húngaros
ou
maxiares
Leste de Europa
(Hungría e Romanía)
Europa central (Alemaña, Austria...)
Europa occidental (Países Baixos, Bélxica, Francia...)
Estamento nome que reciben os grupos sociais que formaban a sociedade medieval
caracterizábanse por ser grupos pechados, cada un deles posuía unha función social determinada e rexíase por unhas leis específicas, diferentes ás dos demais.
Estamentos Trazos Compoñentes Funcións
privilexiados
minoría da poboación
posúen a maioría das terras (feudos)
non pagan impostos
monopolizan os cargos
nobreza ("bellatores") defender a sociedade
clero ("oratores") orar, conservar e transmitir a cultura
non privilexiados
gran maioría da poboación
carecen de dereitos
tiñan que pagar impostos
terceiro estado ("laboratores")
campesiños
artesáns
comerciantes
traballar e manter os outros dous estamentos
5.- Os “laboratores”.
Dereitos económicos (rendas señoriais) Dereitos xurisdicionais
Unha parte da colleita das terras que traballaban os campesiños (o décimo á Igrexa)
Determinados cultivos ou animais (porcos, pavos, galiñas, froitas, hortalizas) que os campesiños entregaban unha vez ao ano (primicias)
Uns días de traballo obrigatorio nas terras ou nos bosques do señor (prestacións persoais)
Dereitos de monopolio: impostos que pagaban os campesiños por usar o forno, o muíño, a ferraría, as pontes ou calquera outro servizo do señorío
Rendas derivadas da xurisdición (exercicio de funcións públicas propias dun Estado): gobernar o señorío exercer xustiza...
Dependencia Función
Igrexa Edificio principal, dedicado á oración
Biblioteca Conservación e copia de manuscritos
Sala capitular Lugar de reunión dos membros da comunidade monástica
Refectorio Lugar onde se realizaban as comidas da comunidade
Cortes Espazo para os animais do mosteiro
Claustro galería cuberta que rodea o patio interior; servía para comunicar as distintas dependencias e para a meditación dos monxes
Hospedaría Aloxar aos viaxeiros ou visitantes do mosteiro
Enfermaría Coidar dos monxes enfermos
Cruceiro lugar onde se cruzan os dous brazos dunha planta de cruz latina (brazo maior e brazo menor ou
transepto).
Ciborio torre que se coloca sobre o cruceiro, que habitualmente ten planta cadrada ou octogonal
Ábsida cabeceira dunha igrexa, que ten xeralmente forma semicircular [ábside]
Carola
[Girola]
corredor ou deambulatorio que rodea o presbiterio (altar maior); está formado pola prolongación
das naves laterais
Contraforte
ou estribo
construción en forma de pilastra adosada exteriormente ao muro, destinada a contrarrestar o
excesivo empurre experimentado polos muros da igrexa, como consecuencia do gran peso das
bóvedas de canón, feitas en pedra
Caracteres da pintura románica Caracteres da escultura románica
Decora as muros interiores, coa técnica da pintura ao fresco.
Gran forza expresiva pero técnica moi sinxela.
Trazo dos debuxos con grosas liñas escuras e cor uniforme.
As figuras carecen de volume e de profundidade, e adáptanse ao marco.
A disposición habitual é frontal, con perspectiva xerárquica e horror vacui.
Gran dependencia respecto ás formas arquitectónicas en que se atopan
Figuras hieráticas, ríxidas e sen perspectiva.
Trazos simples, pero de gran forza expresiva.
Falta de proporción.
Recommended