View
12
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Tema 3.- A Europa feudal
1.1.- As orixes do feudalismo.
A descomposición do Imperio carolinxio
Cando un rei franco morría dividía o reino entre os seus fillos. Carlomagno morreu no ano 814, e daquela só vivía un dos seus fillos, Luis O Piadoso, que gobernou todo o imperio.
Pero tras a morte deste o imperio carolinxio fragmentouse entre os seus tres fillos, no Tratado de Verdún (843):
Carlos O Calvo recibiu a parte occidental (que máis tarde se convertería en Francia).
Luis O Xermánico ocupou a parte oriental, da que naceu no ano 962 o Sacro Imperio Romano Xermánico.
O maior, Lotario, herdou o título imperial e o territorio intermedio, a chamada Lotarinxia, que desapareceu no ano 870, dividida e anexionada polos outros dous reinos, os cales non tardaron en dividirse tamén.
Europa quedou así moi fragmentada.
As segundas invasións (s. IX-X)
Pobos Orixe Zonas de expansión
Normandos
ou
viquingos
Escandinavia
(Dinamarca, Suecia e
Noruega)
Norte e Leste de Europa (litoral do mar Báltico)
Islandia
illas Británicas
Países Baixos
Norte e Oeste de Francia
litoral da Península Ibérica
Sur de Italia
Musulmáns
ou
sarracenos
Norte de África
costas mediterráneas europeas (España, Francia,
Italia, Sicilia e Sardeña...)
Húngaros
ou
maxiares
Leste de Europa
(Hungría e Romanía)
Europa central (Alemaña, Austria...)
Europa occidental (Países Baixos, Bélxica, Francia...)
1.2.- A vasalaxe, base do feudalismo.
1.3.- A sociedade estamental.
Estamento nome que reciben os grupos sociais que formaban a sociedade medieval
caracterizábanse por ser grupos pechados, cada un deles posuía unha función social determinada e rexíase por unhas leis específicas, diferentes ás dos demais.
Estamentos Trazos Compoñentes Funcións
privilexiados
minoría da poboación
posúen a maioría das terras (feudos)
non pagan impostos
monopolizan os cargos
nobreza ("bellatores") defender a sociedade
clero ("oratores") orar, conservar e transmitir a cultura
non privilexiados
gran maioría da poboación
carecen de dereitos
tiñan que pagar impostos
terceiro estado ("laboratores")
campesiños
artesáns
comerciantes
traballar e manter os outros dous estamentos
A sociedade estamental
2.- A monarquía feudal.
3.- A nobreza (bellatores).
Os castelos medievais.
4.-Un cabaleiro medieval.
5.- O clero (oratores).
O papel da Igrexa na sociedade medieval
político
interveu nos asuntos dos reinos cristiáns, aconsellando aos reis e arbitrando nas súas disputas
freou a violencia da época, mediante a paz de Deus (que prohibía os ataques a persoas ou
lugares indefensos) e a tregua de Deus, que prohibía facer a guerra os domingos, os días de
festa e en certas épocas do ano
impulsou a unidade da Cristiandade para loitar contra os infieis (as Cruzadas)
económico
a Igrexa era dona de grandes feudos e recadaba as rendas señoriais, e ademais o décimo ou
décima parte da colleita para o mantemento do clero
a Igrexa recibía tamén numerosas doazóns dos fieis a cambio de orar pola salvación da alma do
doador
social
exercía unha gran influencia na sociedade: impoñía obrigacións relixiosas, como asistir a misa,
xaxuar, confesar... e vixiaba o comportamento das persoas
coas predicacións desde o púlpito ou a través das imaxes das pinturas e relevos das igrexas,
difundía o temor a un Deus xusticeiro que castiga aos malos e premia aos bos, e o respecto á
orde social establecida, como querida por ese mesmo Deus
a relixión era un consolo ante as dificultades da vida, pero tamén unha arma ao servizo dos
poderosos
ademais, a Igrexa asistía aos pobres e aos enfermos, recollía os orfos e daba refuxio aos
perseguidos
cultural organizaba o ensino e, xunto cos reis e a nobreza, converteuse na principal impulsora das obras
de arte
A organización da Igrexa.
6.- A vida nos mosteiros.
Mosteiro: construción de carácter eclesiástico, formada por un conxunto de edificios agrupados
en torno a unha Igrexa, nos que habita unha comunidade relixiosa (monxes ou monxas); os
mosteiros estaban normalmente situados no ámbito rural, lonxe dos núcleos de poboación.
Cando se sitúan nun núcleo urbano chámanse conventos.
Orde relixiosa: institución relixiosa formada por un número variable de membros, que vivían en
común dedicando a súa vida a Deus, de acordo con certas regras e votos establecidos polo
fundador da orde ou polos seus reformadores.
Dependencia Función
Igrexa Edificio principal, dedicado á oración
Biblioteca Conservación e copia de manuscritos
Sala capitular Lugar de reunión dos membros da comunidade monástica
Refectorio Lugar onde se realizaban as comidas da comunidade
Cortes Espazo para os animais do mosteiro
Claustro galería cuberta que rodea o patio interior; servía para comunicar as distintas
dependencias e para a meditación dos monxes
Hospedaría Aloxar aos viaxeiros ou visitantes do mosteiro
Enfermaría Coidar dos monxes enfermos
7.- As terras do feudo.
7.- Os campesiños (laboratores).
Dereitos
económicos
(rendas
señoriais)
Unha parte da colleita das terras que traballaban os campesiños (censo). A Igrexa recibía o décimo.
Determinados cultivos ou animais (porcos, pavos, galiñas, froitas, hortalizas) que os campesiños
entregaban unha vez ao ano (primicias).
Uns días de traballo obrigatorio nas terras ou nos bosques do señor (prestacións persoais).
Dereitos de monopolio: impostos que pagaban os campesiños por usar o forno, o muíño, a ferraría, as
pontes ou calquera outro servizo do señorío
Dereitos
xurisdicionais
Rendas ou impostos derivados da xurisdición (exercicio de funcións públicas propias dun Estado): gobernar
o señorío, exercer xustiza (multas), uso de determinados servizos (pontes, dereitos de caza e pesca)...
8.- A vida dos campesiños.
Recommended