Unidade 2 ESA

Preview:

Citation preview

UNIDADE 2

O INICIO DA HISTORIA.A IDADE ANTIGA:

MESOPOTAMIA, EXIPTO, GRECIA E ROMA

1. O INICIO DA HISTORIA.

A historia iníciase coa aparición da escritura.

Apareceu hai máis de 5.000 anos en Mesopotamia (actual Iraq), para rexistrar e controlar datos (alimentos, impostos, intercambios comerciais).

Eixe cronolóxico das primeiras formas de escritura

Durante a Idade dos Metais xa apareceran as primeiras cidades gobernadas por un rei.

Co paso do tempo estes reis foron ampliando o seu poder e territorio por alianza ou conquista. Deste xeito apareceron grandes imperios.

Os primeiros imperios eran civilizacións fluviais (= culturas que se desenvolveron en torno a un río con beiras fértiles). Destacan 4 nos inicios da Historia (5000 B.P.):

♛ Mesopotamia: en torno aos ríos Eufrates e Tigris.

☥ Exipto: en torno ao Nilo.

☮ India: río Indo.

旘 China: ríos Huang-Ho (Amarelo) e Iang-Tse (Azul).

Principais civilizacións fluviais

Evolución das civilizacións fluviais

Características das

civilizacións fluviais

PODER POLÍTICO FORTE:

O rei concentraba todoo poder, axudadopor funcionarios,

exército e sacerdotes

SOCIEDADE XERÁRQUICA:2

grupos diferenciados:Privilexiados (propietarios

terras e riquezas).Non privilexiados

(traballadores).

CONSTRUCIÓN DE GRANDES OBRAS:

-Palacios-Templos-Tumbas

-Canles…

Pirámide social india (castas)

Porta de Istar (Babilonia).

Gran Muralla China

2. MESOPOTAMIA Mesopotamia (= “entre ríos”) era unha zona bastante

árida entre os ríos Tigris e Eufrates.

A construción de canles para o regadío permitiu o desenvolvemento da agricultura.

Mesopotamia divídise en 2 grandes zonas:

Alta Mesopotamia: situada ao norte (asirios)

Baixa Mesopotamia: situada ao sur (sumerios e acadios)..

Neste territorio iniciouse a Historia. O primeiro pobo en usar a escritura (cuneiforme) foron os sumerios (antes do 3000 a.C.).

Mesopotamia tivo unha longa historia, dende o 3º milenio a.C. ata a conquista polos persas (S. VI a.C.) e estivo marcada pola alternancia no poder dos pobos sumerio, acadio, babilónico e asirio.

☹ Grupos privilexiados: posuían a maior parte do poder e riquezas. 3 tipos:

♘ Aristocracia: formada polo rei, a súa familia e a nobreza. Ocupaban os cargos máis altos e as mellores terra.

✞ Sacerdotes: encargados dos rituais relixiosos. Posuían templos, terras e riquezas.

✐ Escribas: funcionarios que sabían ler e escribir e contar. Tiñan moito poder.

- Características de Mesopotamia:

A) SOCIEDADE: existen 2 grandes tipos de grupos:

☺ Grupos non privilexiados: traballaban e servían aos privilexiados. Podían ser:

♻ Artesáns: traballaban nos obradoiros. Había distintos tipos: tecedores, carpinteiros…

✭Campesiños: alugaban as terras ao rei, nobreza ou sacerdotes a cambio do pago dunha renda (parte da colleita). Eran a gran maioría da poboación.

♀ Mulleres: eran propiedade dos homes. As que traballaban cobraban menos que os homes.

☭ Escravos: carecían de dereitos e eran considerados unha propiedade máis.

B) ECONOMÍA: 2 actividades:

$ Agricultura (cereais, legumes, froitas...)

$ Comercio: practicado nun principio en forma de troco e, máis adiante, introducindo a moeda.

- O centro comercial era o templo (cigurat), dirixido por sacerdotes, que fixaban os impostos e levaban tamén o control dos intercambios mercantís.

C) RELIXIÓN: 2 A característica principal da relixión mesopotámicas :

✟ Politeísta: crían en varios deuses (Ex: Ishtar = deusa da guerra e do amor). Os deuses eran inmortais.

Porta de Ishtar de Babilonia

D) ARTE: 2 tipos de arte:

♬ Arquitectura: destacan 4 trazos:

I) Usaban ladrillo e adobe como materiais.

II) Os elementos constructivos principais eran arcos e bóvedas.

III) Os edificios principais eran:

- os palacios (residencia dos reis).

- os templos, dentro destes últimos construíanse os cigurats (= enormes torres graduadas que servían de observatorio dos astros e lugar de culto.

Cigurat de Uruk (Sumer)

Se un home lle baleira un ollo a outro home, privaráselle dun ollo a el. Se un médico opera ao escravo dun home libre e lle causa a morte, pagará escravo por escravo.Código de Hammurabi.

♫ Escultura: 2 tipos:

a) Estatuas: soen ser pequenas figuras masculinas en barro cocido.

b) Relevos: realizados sobre muros de pedra. Representan escenas importantes da vida de Mesopotamia

3. EXIPTO A civilización exipcia xurdiu

hai máis de 5000 anos no NE de África, en torno ao río Nilo.

Nas súas beiras concentrábase case o total da poboación, grazas o limo moi fértil que deixaban alí as súas augas (terras negras), tras as crecidas cíclicas do río. O resto do país era árido e estaba despoboado (terras vermellas).

Vista actual das beiras do Nilo

Evolución das crecidas do Nilo

Aspectos principais da vida no Antigo Exipto:

A) POLÍTICA:

- Exipto tivo unha longa historia, case 3000 anos, dende a súa unificación (c.3100 a.C.) ata a conquista do país polos romanos (31 a.C).

- Exipto estivo gobernado por faraóns = reis exipcios que concentraban nas súas mans todos os poderes (facía as leis, gobernaba, mandaba sobre o exército,…)

- Os exipcios crían que os faraóns eran deuses, que tiñan poderes máxicos, por iso rendíanlles culto. Os faraóns vivían en palacios rodeados de riquezas e de centos de escravos.

S ímbolos do faraón

Coroas do Baixo (1) e Alto Exipto (2)

- Cando un faraón morría sucedíalle o seu fillo. Así formábanse auténticas dinastías. Houbo 31 dinastías.

- Na historia de Exipto destacan 3 grandes etapas:

a) Imperio Antigo.

b) Imperio Medio.

c) Imperio Novo

B) SOCIEDADE.

- 2 grandes grupos:

☹ Privilexiados: posuían o poder político, a riqueza e as terras. 3 grupos dentro dos privilexiados:

♔ Nobres: familias próximas ao faraón. Posuían riquezas e extensas terras e gobernaban as provincias nas que se dividía Exipto.

☥Sacerdotes: controlaban os ritos relixiosos. Os templos posuían grandes terras e recibían rentas dos campesiños (parte da colleita).

✏ Escribas: funcionarios que redactaban os documentos oficiais e levaban as contas dos impostos e das mercadorías. Tiñan gran poder e prestixio.

Nobreza

Escribas Sacerdotes

Faraón

☺ Non privilexiados: gran maioría da poboación, dominada polos privilexiados. 6 grupos:

♣ Campesiños: a maioría da poboación. Debían pagar tributos e rendas ao faraón, á nobreza e aos sacerdotes.

✂ Artesáns e comerciantes: realizaban e vendían esculturas, cerámicas, vestidos (liño) e papiros sobre os que se escribía.

☂ Servos: persoas libres que traballaban para un señor a cambio dun pequeno salario.

Escenas de campesiños exipcios

Escravos: non tiñan dereitos e a maioría eran propiedade do faraón. Traballaban nas minas, obras públicas e exército.

Mulleres: as mulleres tiñan algúns dereitos e liberdades: ter propiedades, vender e comprar bens, divorciarse.

As mulleres adicábanse ao coidado da casa e dos fillos e tamén realizaban outros traballos: tecedoras, panadeiras, serventas, campesiñas….

C) RELIXI”N: OS TEMPLOS.

- Os exipcios eran politeístas (crían en moitos deuses): Exemplos: Ra, Amón ou Atón (sol), Isis, Osiris…

- Tamén adoraban animais (gatos, cocodrilos,…) ao Nilo e ao faraón (deus vivinte).

- Os exipcios facían os seus ritos nos templos, onde tamén se gardaban as estatuas dos deuses.

- Cada templo tiña un corpo de sacerdotes que coidaban a estatua do deus e lle levaban ofrendas (bebida, comida, riquezas…) en procesión.

- Características dos templos exipcios:

Material: pedra.

Grandes dimensións

Arquitectura alintelada = teitos planos sostidos por enormes columnas.

Templos de Karnak (arriba) e Luxor (abaixo) ambos en Tebas

(Alto Exipto)

Templo de Karnak

Templo de

luxor

D) AS TUMBAS.

- Os exipcios crían na vida despois da morte e pensaban que era necesario conservar o corpo para a seguinte vida. Por iso convertían aos mortos en momias, secando os corpos e envolvendoos con vendas.

- As momias eran depositadas nun sarcófago e introducidas en tumbas. As máis coñecidas son as pirámides = enormes tumbas en forma piramidal que se utilizaron para enterrar a faraóns do Imperio Antigo.

TIPOS DE TUMBAS EXIPCIAS:

Mastabas, Pirámides e Hipoxeos

Val dos ReisPirámides de Guiza

Nas tumbas, os sarcófagos eran rodeados por un enxoval, formado por todos os utensilios que podía precisar o difunto na outra vida (alimentos, vestidos, figuras que representaban aos seus serventes…).

E) ARTE EXIPCIA.

- Características:

✽ Arte relixiosa (esculturas de deuses, pinturas de templos e pirámides).

✽ Falta de perspectiva (as escenas non tiñan profundidade) nen movemento.

✽ Frontalidade: os obxectos mostrábanse sempre de fronte.

✽ Horror vacui (“horror ao baleiro): os muros e teitos aparecen todos cubertos de decoración sen espazos libres.

4. O MUNDO GREGO A civilización grega xurdiu no sur da Península dos

Balcáns e extendeuse posteriormente por diversas terras, a través de colonias gregas:

illas do Mar Exeo.

costas de Asia Menor (actual Turquía).

Sicilia e sur de Italia (“Magna Grecia”).

outras zonas do Mediterráneo occidental (Ex: Ampurias en España)

Os gregos chamaban a todo este espazo a “Hélade” (= territorio dos gregos).

Debido ao seu relevo moi accidentado (vales illados por montañas, illas separadas entre sí) cada val e cada illa formaban un Estado independente (polis). Ex: Atenas, Esparta, Troia,…

A pesar desta división, todas as polis pertencían á civilización grega (helénica) porque compartían:

Lingua: o grego.

Relixión: grega, formada por varios deuses (politeísta).

Relevo interior e costerio da Grecia

actual

Principais polis gregas

A) HISTORIA DOS GREGOS.

A historia da antiga Grecia divídese en 6 grandes etapas:

Α CIVILIZACIÓN MINOICA (OU CRETENSE):

- desenvolveuse na illa de Creta.

- a partir do terceiro milenio a.C.

- destacou a capital Cnossos polos seus palacios.

Β CIVILIZACIÓN MICÉNICA (OU AQUEA):

- xurdiu cara o 1400 a.C.

- fundada na Península dos Balcáns polos aqueos, pobo guerreiro procedente do norte.

- destacaban as súas cidades amuralladas, sobre todo a capital Micenas.

CIVILIZACIÓN MINOICA

Imaxes do Palacio de Cnossos (Creta)

Máscara de Agamenón

Porta dos Leóns do palacio de Micenas

CIVIL IZACIÓN CIVIL IZACIÓN MICÉNICAMICÉNICA

Γ ÉPOCA ESCURA: desde o século XI a. C. ao IX a.C. Pouco se sabe desta etapa.

Δ ÉPOCA ARCAICA: entre os séculos IX e VI a.C.

Durante esta etapa os gregos foron agrupándose en polis = cidades-Estado independentes con goberno, leis e exército propios (Ex: Atenas, Esparta, Corinto, Tebas…).

O poder e o goberno destas polis recaía nunha minoría privilexiada de familias ricas (aristoi = “os mellores”). De ahí provén a palabra aristocracia. (Ex: Esparta).

Nalgunhas polis producíronse cambios e apareceu unha nova forma de goberno, a democracia (goberno do pobo), no que os cidadáns reuníanse en asembleas para tomar decisións e elixir aos cargos públicos. (Ex: Atenas).

Acrópolis de Atenas

Institucións democráticas atenienses

Entre os séculos VIII e VI a. C. produciuse en Grecia unha época de crise, as causas eran as seguintes:

A poboación creceu moito, pero a terra era pouco fértil e apenas producía alimentos para tanta xente.

A maior parte das terras pertencía aos A maior parte das terras pertencía aos aristócratasaristócratas, mentres a maioría da poboación era pobre e pasaba fame.

Como consecuencia moitos gregos abandonaron a península grega e emigraron a terras extranxeiras a través do Mediterráneo, onde fundaron colonias, (def páx 192) hacia o oeste (Sur de Italia, Sicilia, Sur de Francia e a Península Ibérica) e o leste (Libia, Exipto, Mar Negro).

Principais colonias gregas e fenicias

Ε ÉPOCA CLÁSICA: época de esplendor entre o S. V a.C e primeira parte do IV a.C.

A época clásica = época de esplendor da cultura grega. Ten 3 etapas ben diferenciadas:

a) Guerras Médicas (500-440 a.C.).

b) Esplendor de Atenas.

c) Guerra do Peloponeso (431 a.C.- 404 a.C).

aa) ) Guerras Médicas (500 -440 a.C.)Guerras Médicas (500 -440 a.C.) = enfrontamento = enfrontamento entre os persas e os gregos debido á entre os persas e os gregos debido á invasión das polis invasión das polis gregas da costa xónicagregas da costa xónica (Asia Menor) (Asia Menor) por parte do por parte do Imperio persa.Imperio persa.

- As polis gregas uníronse fronte aos persas.As polis gregas uníronse fronte aos persas.

- 2 etapas principais:2 etapas principais:

Primeira guerra médicaPrimeira guerra médica:: acabou coa vitoria dos acabou coa vitoria dos hoplitas (soldados) gregos na hoplitas (soldados) gregos na batalla de Maratónbatalla de Maratón (490 (490 a. C.)a. C.)

Segunda guerra médicaSegunda guerra médica:: 10 anos despois os 10 anos despois os persas volveron a invadir Grecia, venceron aos persas volveron a invadir Grecia, venceron aos espartanos nas espartanos nas TermópilasTermópilas, saquearon Atenas pero , saquearon Atenas pero foron derrotados na foron derrotados na batalla naval de Salaminabatalla naval de Salamina..

Leónidas Leónidas nas nas

TermópilasTermópilas

(J.L.David(J.L.David))

b) Esplendor de Atenas.

- Tras as Guerras Médicas, Atenas convertiuse na polis máis rica e influinte.

- Así, durante o S.V a.C. Atenas viviu un período de esplendor, especialmente na etapa de Pericles, gobernante que favoreceu a democracia, economía e cultura

c) c) A Guerra do Peloponeso (431 – 404 a.C.).A Guerra do Peloponeso (431 – 404 a.C.).

- Enfrontamento entre polis gregas, plo Enfrontamento entre polis gregas, plo excesivo poder excesivo poder acadado por Atenas.acadado por Atenas.

- As polis dividíronse en 2 bandos:As polis dividíronse en 2 bandos:

Liga de DelosLiga de Delos = Atenas e os seus partidarios. = Atenas e os seus partidarios.

Liga do Peloponeso Liga do Peloponeso = Esparta e os seus partidarios.= Esparta e os seus partidarios.

- A guerra terminou coa vitoria de Esparta, que se converteu na - A guerra terminou coa vitoria de Esparta, que se converteu na polis máis poderosa, pero a guerra foi tan destructiva que polis máis poderosa, pero a guerra foi tan destructiva que provocou unha gran crise nas polis gregas ao longo do S.IV a.C.provocou unha gran crise nas polis gregas ao longo do S.IV a.C.

Ζ ÉPOCA HELENÍSTICA: desde mediados S.IV a. C ao I a.C.

A guerra entre as polis gregas debilitounas provocando unha crise que foi aproveitada por Macedonia (extenso reino situado ao norte de Grecia), liderada polo rei Filipo II, para conquistar e unificar todo o territorio grego.

Tras o asasinato de Filipo II, sucedeuno o seu fillo Alexandre “Magno” (grande) que continuou as conquistas.

En dez anos, as falanxes macedonias de Alexandre conquistaron todo o imperio persa, chegando ata o río Indo.

Conquistas de Alexandre Magno

Nos territorios Nos territorios conquistados conquistados Alexandre Alexandre fundou numerosas fundou numerosas cidadescidades (Ex: Alexandría en (Ex: Alexandría en Exipto) e a Exipto) e a cultura grega cultura grega extendeuse por todo extendeuse por todo Oriente. Así, Oriente. Así, a cultura a cultura grega e a oriental grega e a oriental fusionáronse, dando lugar fusionáronse, dando lugar ao ao helenismohelenismo..

Alexandre morreu en 323 Alexandre morreu en 323 a.C.a.C. (con 33 anos de (con 33 anos de idade), sen ter organizado idade), sen ter organizado aínda o seu imperio.aínda o seu imperio.

Alexandre Magno na batalla de Is sos .

Alexandre non tiña descendencia, polo que o seu imperio dividíuse entre os seus xenerais, quenes adoptaron o título de reis, dando lugar ás monarquías helenísticas (Ex: Macedonia, Mesopotamia e Exipto)

A época helenística finalizou no S. I a.C coa conquista das monarquías helenísticas por Roma. Grecia perdeu a súa independencia e pasou formar parte da República romana.

6. SOCIEDADE GREGA A sociedade grega estaba dividida en 2 grupos:

Cidadáns: eran homes, habitantes da polis e libres. Participaban na vida política, gozaban de todos os dereitos e tiñan que pagar impostos. Había cidadáns de todas as clases sociais (ricos e pobres).

Non cidadáns: non tiñan dereitos e non podían participar en política. Había tres tipos

Estranxeiros: persoas libres. Adicábanse ao comercio e artesanía.

Escravos: non eran persoas libres e traballaban para un amo. Eran prisioneiros de guerra ou fillos de escravos.

Mulleres: carecían de todos os dereitos. Estaban sometidas sempre a un home (pai ou marido).

Texto: As mulleres

Que podía saber ela cando a tomei por esposa? Ela non tiña máis de quince anos cando chegou á miña casa; desde ese día viviu baixo unha estrita servidume; debía ver as menos cousas posibles, entender o menos posible e facer as menos preguntas posibles.

JENOFONTE, A economía

Texto: Os escravos

Nunha casa precísase un determinado número de instrumentos. Parte deles son inanimados, os outros están vivos. O escravo é un instrumento vivo, unha propiedade que vive, sometida á autoridade dun señor. Hai persoasinferiores: o emprego da súa forza corporal é a mellor parte que se pode sacar deles.

ARISTÓTELES, Política

7. ECONOMÍA GREGA: AS CIDADES

Os habitantes das polis gregas vivían fundamentalmente de tres tipos de actividades:

Agricultura e gandería: polo clima cálido e seco os cultivos principais eran o trigo, a vide e a oliveira (triada mediterránea).

€ Artesanía: destacan as cerámicas e os tecidos.

¥ Comercio: actividade económica principal. Os gregos comerciaban por todo o Mediterráneo, grazas aos seus barcos.

Para favorecer o comercio e comunicacións as cidades gregas (metrópoles e colonias) situábanse cerca do mar.

As cidades gregas tiñan rúas estreitas e retortas. Destacan 2 partes principais:

♄ Ágora: praza pública onde os cidadáns se reunían e onde se celebraba o mercado.

♆ Acrópole: recinto amurallado no lugar máis elevado da cidade. Alí a poboación refuxíabase en caso de guerra xa que era moi fácil de defender. Na acrópole atopábanse os templos máis importantes da polis.

Outra parte importante da cidade grega era o teatro = recinto semicircular onde se escenificaban obras teatrais (invento grego).

No teatro se distinguían 3 partes principais: grada, orquesta e escena. Máscaras de

actores gregos

8. RELIXIÓN GREGA. Os gregos eran politeístas (crían en numerosos deuses).

Os deuses gregos eran inmortais pero tiñan aspecto e comportamento humanos (comían, bebían, amábanse, loitaban entre sí…).

Cada polis grega tiña unha divinidade protectora a quen lle rendía culto.

Os deuses residían no monte Olimpo (monte sagrado dos gregos).

Os gregos pensaban que os deuses podían perxudicalos ou beneficialos, por iso facían ofrendas (riqueza, alimento…) e consultaban aos oráculos (adiviños) para saber a opinión dos deuses.

Os gregos crían tamén en criaturas fantásticas (cíclopes, centauros…) e nos heroes = fillos de deuses e humanos. Ex: Aquiles, Hércules, Ulises ou Perseo.

As historias de deuses e heroes eran os mitos. O conxunto destas narracións conformaban a mitoloxía.

Os gregos celebraban competicións deportivas en honor aos deuses = os Xogos Olímpicos, celebrados cada catro anos en Olimpia en honor a Zeus. A eles acudían atletas de todas as polis gregas, pero as mulleres tiñan prohibido a asistencia.

Lume sagrado en Olimpia

9. CULTURA GREGA Ademáis do teatro os gregos

fixeron unha aportación fundamental á cultura da Humanidade: a Filosofía e a Ciencia.

Por que? Os gregos foron os primeiros pobos da Antigüidade en buscar unha explicación dos fenómenos a través da lóxica e a razón (non a través dos mitos nin da relixión).

Por tanto na antiga Grecia destacaron filósofos como Sócrates, Platón, Aristóteles e científicos como Pitágoras, Arquímedes ou médicos como Hipocrates (fundamentais para a cultura posterior)

A morte de Sócrates (J.J. David)A Escola de Atenas ,

detalle (Rafael)

Hipócrates atendendo a uns pacientes

Arquímedes tras descubrir a teoría de frotación.

9. ARTE GREGA.A) ARQUITECTURA

Os edificios máis importantes eran os templos = “casas” onde residían a divinidade.

Trazos dos templos gregos:

pequeno tamaño.

forma rectangular (habitualmente).

Os templo alzábanse sobre unha plataforma

material: pedra ou mármore

función: albergar a estatua do deus o deusa a quen se lle adicaba o santuario.

P artenon, A tenas

Segesta, Sici l ia

Tholos (templo

circular) de Delfos.

Teitos alintelados (planos) con frontón (remate triangular) e tellado a dúas augas.

Partes do templo grego: 3 principais:

a) pronaos: entrada.

b) naos ou cella: sala principal que albergaba a estatua da divinidade.

c) opistodomos: lugar onde se gardaban as ofrendas dos fieis.

Para construír os templos, os arquitectos seguían ordes = serie de normas para conseguir beleza, harmonía e proporcións.

3 ordes principias:

☻ Dórica: capitel cadrado.

☻ Xónica: capitel con 2 volutas

☻ Corintia: capitel con follas de acanto.

Orde dórica: Templo da Concordia, Agrigento, Sicilia

Orde corintia: Olimpeión de Atenas

Orde xónica: Templo de Atenea Niké,

Acrópole de Atenas

AC R PO L E D E Ó

AT E N AS

B) ESCULTURA.

- Características:

♧ Función relixiosa: Función relixiosa: a maioría representan a deuses ou heroes.

♡ Tentan representar a beleza Tentan representar a beleza ideal do corpo humanoideal do corpo humano. De ahí que os artistas se interesen por estudar anatomía.

♤ Materiais:Materiais: mármore e bronce principalmente.

♢ Gran calidade: Gran calidade: así serviron de modelo para artistas de épocas posteriores

Venus de Cnido (Praxíteles, S IV a.C.)

Destacan 3 etapas na evolución da escultura grega:

I. Época arcaica (S.VII-VI a.C.): esculturas estáticas e ríxidas, moi esquemáticas. Ex: Kurós (atleta espido) e Koré (moza vestida).

II. Época clásica (S.V a.C.- ½ IV a.C.): as figuras son máis belas, proporcionadas e realistas, e adquiren certo movemento. Ex: Discóbolo (Mirón), Doríforo (Polícleto) e Venús Cnido (Praxíteles)

III. Época helenística (½ S.IV a.C.- I a.C.): esculturas moi expresivas e cheas de movemento. Destacan o Laoconte, A Victoria de Samotracia, ou a Venus de Milo.

Recommended