View
1.045
Download
3
Category
Preview:
Citation preview
- O final do Imperio Romano produciuse por 2 causas:
Crise interna. Invasións dos pobos xermanos
(chamados bárbaros polos romanos, é dicir estranxeiros).
- Os pobos xermanos habitaban ao norte do Imperio, máis alá dos ríos Rin e Danubio. Eran pobos seminómadas: a)Parte destes pobos vivían en pequenas aldeas dedicándose
á agricultura.b)A outra parte eran pastores nómadas.
- Desde o S. III grupos de xermanos comezaron a traspasar as fronteiras do Imperio (limes), de forma pacífica, tolerada por Roma, ou violenta, en forma de enfrontamentos militares.
- A finais do S.V os ostrogodos (pobo procedente do leste de Europa) saquearon Roma e venceron ao último emperador. O Imperio Romano de Occidente deixou de existir.
- Este acontecemento é considerado polos historiadores o final da Idade Antiga e o comezo dunha nova: A Idade Media (Ss. V ao XV).
Os pobos xermanos instaláronse en diversos territorios do antigo Imperio Romano occidental, onde fundaron reinos: Galia (futura Francia): asentáronse os francos. Hispania (futura España): instaláronse suevos (NO) e visigodos (resto do territorio). Italia: ostrogodos e despois lombardos. Britania (futura Gran Bretaña): anglos e saxóns.
Cada reino estaba gobernado por un rei, axudado por un consello de nobres.
- As guerras constantes entre xermanos fixeron que se estendese a inseguridade. As cidades foron saqueadas, esto trouxo consigo 2 consecuencias:
A poboación mudouse ao campo, onde buscou a protección dos ricos propietarios (futuros nobres), traballando para eles.
O comercio casi desapareceu e a agricultura e a gandería pasaron a ser as actividades económicas principais
- Os xermanos eran unha minoría que non se mesturaba coa poboación romana. Cada grupo tiña leis, costumes e relixións diferentes.
- Pouco a pouco foron integrándose. Nos lugares máis romanizados os xermanos adoptaron o latín e a relixión católica
A península Ibérica foi ocupada por varios pobos:
Suevos: asentáronse no NO, na antiga provincia romana de Gallaecia (capital: Braga). Visigodos: se estableceron no centro e sur, onde expulsaron a outros pobos (vándalos e alanos), e fundaron un reino con capital en Toledo.
- Os únicos vestixios da cultura xermana en España: a) Pequenas igrexas.b) Ourivaría (= obxectos de ouro e prata): cruces, cálices…
Suevos Visigodos
Santa Comba de Bande (Ourense) San Xoán de Baños (Palencia)
Ourivaría visigoda:Coroa de Recesvinto
(esquerda)Fíbulas aquiliformes
(dereita)
- O reino visigodo acadou a plenitude nos Ss VI e VII, con dous reinados principais:
Leovixildo: derrotou aos suevos, incorporando o NO da Península ao seu reino.
Recaredo: converteu aos visigodos ao catolicismo. Acadou así a igualdade relixiosa cos hispanorromanos.
- A finais do Século VII as loitas entre nobres visigodos por ser elexidos coma reis (monarquía electiva) provocaron a crise do reino visigodo.
- Estas divisións facilitaron a invasión musulmana da península e a fin do reino visigodo a comezos do S. VIII.
REI
NOBRES
Monarquía electiva visigoda
Batalla do Guadalete (711), onde os visigodos foron derrotados polos
musulmáns
A) POLÍTICA. Mentres o Imperio Romano de
Occidente se afundía polas invasións bárbaras. O de Oriente, máis rico, resistiu durante dez séculos, co nome de Imperio Bizantino (capital en Constantinopla, antiga Bizancio).
A época de esplendor do Imperio Bizantino coincide co reinado do emperador Xustiniano e a súa muller Teodora (mediados S.VI).
Obxectivos de Xustiniano: Reconstruir o Imperio Romano. Fortalecer o Estado.
Para cumprir o 1º obxectivo, os exércitos bizantinos conquistaron extensos territorios en occidente (Italia, norte de África, sur de Hispania).
Para conseguir o 2º obxectivo o Estado bizantino precisaba dunha boa organización, basada en 3 principios:
O emperador (basileus): concentraba todos os poderes = xefe político e relixioso (cesaropapismo).
Ampla rede de funcionarios (traballadores do estado) e diplomáticos: que cumprían as ordes do emperador.
Poderoso exército: que defendían as fronteiras.
- Tras a morte de Xustiniano, comeza a decadencia que se concreta en perdas territoriais:
Norte de Italia, conquistada polos lombardos.
Sur Península Ibérica, tomada polos visigodos.
Norte de África, Siria e Palestina, conquistados polos musulmáns.
- A perda de territorios continuou ao longo de toda a Idade Media. Así no S. XV só quedaba Constantinopla, a capital, en mans bizantinas, tomada finalmente polos turcos en 1453.
Dominios do Imperio Bizantino hacia 1400
Asedio de Constantinopla, 1453
Entrada do sultán turco Mehmed II en
Constantinopla, 1453
B) ECONOMÍA E SOCIEDADE.- O Imperio Bizantino era un imperio urbano e
comercial. Dominaba as rutas comerciais, entre Europa, Asia e África, por onde circulaban produtos suntuosos (sedas, marfís, especias…).
- As cidades tiñan grande importancia. (Alejandría, Antioquia,…). A máis importante era a capital = Constantinopla. Chegou a contar con un millón de habitantes no S.IX con numerosos foros, palacios e igrexas (Santa Sofía de Constantinopla).
C) CULTURA.- O Imperio bizantino mantivo en principio os elementos
culturais do Imperio Romano (latín e cristianismo católico).
- Co tempo, a partir do reinado de Xustiniano, o grego foi desplazando ao latín coma lingua oficial.
- Ao mesmo tempo a igrexa bizantina foise separando da de Roma, ata a ruptura definitiva en 1054 (Cisma de Oriente): o cristianismo dividíase en 2 igrexas:
Igrexa católica (occidental): autoridade no Papa de Roma.
Igrexa ortodoxa (oriental =Imperio Bizantino): autoridade no Patriarca de Constantinopla.
- Os monxes ortodoxos bizantinos evanxelizaron aos pobos orientais europeos. Debido a esto, hoxe a ortodoxa é a relixión maioritaria en Europa oriental (Rusia, Serbia, Bulgaria, Grecia…)
D) ARTE.- Características da arte bizantina: Arte moi rica, sobre todo relixiosa (igrexas, obxectos de culto). En arquitectura, destacan as igrexas, sobre todo con planta de cruz grega (brazos da cruz de igual tamaño) e cubertas con grandes cúpulas. Outro elemento importante son os mosaicos en paredes e teitos de igrexas. Mellor exemplo: Santa Sofía de Constantinopla =
- Templo de cruz grega.
- Cúpula de 65 m de altura e 35 de diametro, onde se representaba o Pantocrátor (Cristo en maxestade).
- Paredes recubertas de mármore e mosaicos.
Mosaicos de San Vital, Rávena, ItaliaAula Palatina, Palermo, Italia (arriba)
Recommended