Vangardas_galiza

Preview:

Citation preview

Os anos vinte e trinta presentan para a poesía galega un panorama rico e diverso, protagonizado pola chamada "xeración do 25" e que os propios membros preferiron denominar "novecentista,' ou simplemente "nova xeración galega".

As características desta xeración poderíanse resumir en:• Ruptura coa tradición inmediata, ao tempo que se

cortan as dependencias cos grandes mestres do Rexurdimento (Rosalía, Pondal, Curros).

- Labor de actualización e modernización da lírica galega, que se universaliza de xeito decidido, póndose en relación coas grandes correntes europeas, sen perder a súa singularidade.

- As revistas literarias como elemento propio desta xeración. Nos anos vinte destacan Ronsel e Alfar e nos trinta Resol, Cristal, Papel de Color, etc. É interesante ter en conta que boa parte da literatura galega dos anos vinte e trinta foi espallada en publicacións periódicas, xogando neste aspecto un papel moi destacado os xornais vigueses Galicia e El Pueblo Gallego.

- As liñas poéticas seguidas polos diferentes autores van desde a asunción plena dos procedementos vangardistas até a reformulación da tradición medieval ou popular, sendo posíbel distinguir dúas tendencias ben marcadas e logo unha serie de individualidades que en maior ou menor grao orientan a súa obra cara a posicións máis radicalmente renovadoras.

Características comúns aos membros da xeración1. A maioría nacen ao redor do ano 1900.2. Promoveron a creación do Seminario de Estudos Galegos.3. Tiveron un papel decisivo na formación do Partido Galeguista

4. Algúns morreron moi novos e os superviventes estiveron marcados polo drama da Guerra Civil.

5. Incorporaron á literatura galega as vangardas literarias europeas, mais non todos poden ser considerados vangardistas.

Vangardas literarias na Galiza

A influencia vangardista provocou unha renovación da poesía galega en tres liñas diferentes:1. Imaxinismo ou hilozoísmo• Paisaxe humanizada• Amado Carballo

2. Neotrobadorismo• Formas da lírica medieval con temas contemporáneos• Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro

3. Creacionismo• Manuel Antonio

Nos anos 20 e 30 asistimos a unha renovación intensa, e nela Manuel Antonio supón o seu punto culminante. Os seus compañeiros de xeración fican, na súa maioría, aínda nunha actitude máis tímida no que atinxe á renovación formal.