Vista xeral de Ordes desde A Rúa Campeiras. Destaca o edificio de 10 pisos coa súa particular...

Preview:

Citation preview

Vista xeral de Ordes desde A Rúa Campeiras. Destaca o edificio de 10 pisos coa súa particular lenda negra: varios suicidas lanzáronse desde el.

A coñecida Casa do Concellodata de 1944 pero foi inaugurada

10 anos despois.

A Alameda e o edificio Nogallás:O centro da vila.

Igrexa de Santa María, deseñada por Faustino Domínguez,

feita no século XIX e reformada no XX.

Mural do artista Liqen Jakala na Casa de Ramos.

Casa Calvo, antiga Casa do Concello.

O Campo da Feira: Nel celébrase o mercado dos mércores.Tamén é o centro da movida noctura, hoxe escasa pero moi importante nos anos 90

e primeira década do actual século.

O Río Mercurín, que foi cuberto nos anos 70,cruza o Campo da feira e surte de auga á piscina municipal de verán.

O Mesón de Deus, unha antiga casa de postas onde foi detido

o Xeneral Porlier.

Na actualidade é un coñecido restaurante.

Cemiterio vello alcumado “O Laranxal”. Monumento ao heroe local da Guerra Civil, o soldado Lois, e a esquina

onde se soterraba aos mortos fóra da relixión.

O Pazo do Bidueiro é unha mansión que data do século XVII. Hoxe emprégase para

vodas e recepcións varias.

A fermosa capela do pazo.

O punto máis alto do concello (460 metros) é o Mesón do Vento, na parroquia de Ardemil, recoñecible pola antena emisora de RTVE.

A Central Térmica xa pertence ao veciño concello de Cerceda.

Cruceiro de Ardemil, diante dun castiñeiro, árbore habitual de forma

illada pero non en grupo.

Vacas no prado, unha estampa xa pouco habitual na actualidade. Neste caso dobremente rara porque son vacas

cachenas, moi escasas en toda Galicia.

O millo forraxeiro é o principal cultivo en todo Ordes. Ao fondo os eucaliptos que se están convertendo na árbore preponderante.

A tradición resístese a desaparecer: Os hórreos e os apeiros agrícolas de antano convértense agora en adornos de xardín.

A Rúa de Buscás.

Igrexa de San Paio de Buscás, de orixe románica pero

reformada no século XVIII.

A parte traseira que da ao antigo Camiño Inglés mostra a

típica imaxe de San Paio.

Unha casa tradicional, feita de xisto con algo de barro e tellas romanas con pedras enriba para que non se movan co vento.

Muíño de Trabes na parroquia de Buscás. Os muíños de auga

eran moi frecuentes.

O Camiño Inglés atravesa as parroquias de Ardemil, Buscás e Poulo.

Casa Maldonado en Poulo onde pernoctou o rei Felipe II cando ía a Inglaterra.

O Pazo de Moscoso de Abaixo en Ardemil.A nobre familia dos Moscoso tivo a súa orixe

nesta parroquia ordense.

Leira tamén conta co Pazo de Codeseda.

Santa María de Leira.

Curiosa Igrexa de Santiago en Vilamaior cun campanario exento.

Capela do Socorro en Vilamaior, un dos varios pequenos santuarios que hai no concello.

O notable Cruceiro de Mercurín diante do antigo palco para a

orquestra.

O Encoro de Vilagudín, ao Oeste do concello.

Nel péscanse, previo pago, troitas e salmóns.

A antiga Estación ferroviaria da Pontraga en Parada.

A inútil Estación de Fosado en Montaos.

A N-550 atravesa o concello de Norte a Sur.

O Río Lengüelle, afluente do Tambre, é a

fronteira occidental do concello.

Non é raro que neve algunha vez no inverno.

Fotos: Xan Ferreiro.