View
243
Download
6
Category
Preview:
DESCRIPTION
Revista escolar do CEIP Sanjurjo de Carricarte correspondente ao curso 2013/14.
Citation preview
1
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
2
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
A Lúa, 20 de xuño de 2014
Saúdos dende a Estación de Investigación Espacial. A continuación procédese a facer o rexistro de actividades dos últimos nove meses no Universo Sanjurjo de Carricarte:
-Avistouse unha choiva de estrelas na clase de 3 anos e un asentamento de marcianos na de 5, por iso se procedeu a mandar ao Equipo de Astronautas de 4 anos para que investigaran e solucionaran a cuestión. Estamos a espera dos seus informes.
-Rexistrouse moita choiva e vento nas aula de primeiro ciclo de primaria. Vímonos na obriga de pedirlles a súa colaboración para gravar tales fenómenos meteorolóxicos en fotografías.
-Solicitouse ao Equipo de Expertos Astrónomos de segundo ciclo de primaria para poder observar e retratar as estrelas con verbas do concurso “A palabra máis bonita"”. Asemade, precisamos aos científicos de terceiro ciclo para poder rexistrar e catalogar toda a información aprendida polas nenas e nenos ao longo deste curso escolar.
Ademais disto, cabe destacar que hoxe hai moita actividade no Universo estudado. Obsérvase aos Equipos de Biblioteca, Dinamización de Lingua galega e de Actividades Extraescolares e Complementarias elaborando murais e actividades a máis velocidade da normal.
Certo é que non é algo extraordinario, xa que ao longo deste curso temos rexistrado actos como o Magosto, o Peón, o Nadal, o Entroido ou as Letras Galegas nos que o alumnado realiza entusiasmado este tipo de tarefas. Mais hoxe é un día especial. Tanto os mestres como o persoal non docente do Centro andan apresurados polos corredores e as alumnas e os alumnos máis maiores amosan certa tristura.
Ao miralos lémbrome do día que partín cara o espazo xa que (coma eles) sentía certa inquietude por deixar o meu fogar. Pola contra, sei que de non vir non coñecería a infinidade do Universo, nin atoparía a miña verdadeira vocación. Estou segura que isto mesmo lles agarda a esas rapazas e rapaces e lles desexo moita sorte na súa próxima etapa.
Non habendo máis novas dende a Estación de Investigación Espacial despídome ata a próxima comunicación mediante este Voceiro de Hércules". Pasade un bo verán e descansade moito para empezar ben o próximo curso.
A vosa astronauta Lusca
P.D.: Adxunto os documentos escritos e fotográficos que fun rexistrando ao longo destes nove meses de actividade universal.
3
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
A CLASE DE TRES ANOS
NA GALAXIA DE SANJURJO
ENTRANDO Á MAN DEREITA
HAI 4 CONSTELACIÓNS
PEQUENAS, PERO MOI FEITAS.
A NÚMERO 1 É UN CÍRCULO.
ECHE DA COR AMARELA.
NEL VERÁS 6 ESTRELIÑAS
COMA SOLES TODAS ELAS.
4
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
A NÚMERO 2 É O CADRADO.
VEN SENDO DA COR VERMELLA,
CONTA CON 7 ESTRELIÑAS
MOI XEITOSAS TODAS ELAS.
5
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
A NÚMERO 3 É O TRIÁNGULO
QUE TEN TAMÉN 6 ESTRELAS,
ESTAS SON DA COR AZUL
MOI QUENTIÑAS TODAS ELAS.
6
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
A NÚMERO 4 É O RECTÁNGULO
TEN 6 ESTRELAS RISEIRAS,
DA COR VERDE ESPERANZA
NO FUTURO E EN TODAS ELAS.
7
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
A AULA DO CARACOL GARY
@S NEN@S DE 4 ANOS (DA AULA DO CARACOL GARY) ESTIVEMOS A FACER UN PROXECTO
SOBRE O MERCADO DE MONTE ALTO. ESTUDAMOS OS POSTOS QUE HAI, COMO SE CHAMAN
AS PERSOAS QUE VENDEN, QUE PRODUCTOS TEÑEN...
NA AULA FIXEMOS UN
RECUNCHO PARA
COMPRAR E VENDER,
PUXEMOSLLE PREZOS
AOS PRODUTOS,
TEMOS CARTOS E
XOGAMOS A SER
TENDEIROS E
CLIENTES.
E COMO A NOSA TENDIÑA NOS QUEDABA PEQUENA, DECIDIMOS IR A DE VISITA AO MERCADO
DE MONTE ALTO. TIVEMOS QUE ESPERAR A UN DÍA QUE NON CHOVERA E ACOMPAÑADOS DE
MOITA FAMILIA ALÍ FOMOS. PERO ANTES FIXEMOS UNHA LISTA DA COMPRA, PREPARAMOS AS
NOSAS BOLSAS E OS MONEDEIROS CON CARTOS...
8
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
UN DOS POSTOS QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O DA TENDA DE ANTÓN, ESTE POSTO O
PREPARARON AS COMPAÑEIRAS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE MONTEALTO COA
AXUDA DA FUNDACIÓN BARRIE.
9
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
10
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
PASÁMOLO FENOMENAL E DESPOIS NO COLE FIXEMOS ESTES MARAVILLOSOS
DEBUXOS.
COMO VEDES OS POSTOS QUE MÁIS NOS
GUSTARON FORON OS DAS PEIXARÍAS!
ESPERANDO QUE VOS GUSTEN OS NOSOS
TRABALLIÑOS:
11
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
OS M ARCIANOS DO COLE
OS NENOS DE 6º DE INFANTIL SON COMA UNHA ÁRBORE QUE NON
DEIXA DE MEDRAR PERO XA SON VETERANOS NO COLE.
TRABALLAN E TRABALLAN SEN PARAR.
CELEBRARON O MAGOSTO, O NADAL, A PAZ, O ENTROIDO, A
PRIMAVERA, ESTUDIAMOS O UNIVERSO…
E QUEN SABE QUE CHEA DE COUSAS MÁIS.
PERO SOBRE TODO O QUE FIXERON FOI... UNHA CHEA DE AMIGOS/AS
NOVOS.
12
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
CELEBRAMOS TAMÉN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E FIXEMOS UNHA
POESÍA CO NOME DO AUTOR.
13
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
14
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
O ALUMNADO DE 1º CICLO
15
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
16
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
17
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
18
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
19
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
20
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
21
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
22
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Os de 3º “Somos poetas “. Entre todos fixemos este poema:
Á UNHA,
VIAXO Á LÚA.
ÁS DÚAS,
XOGO CON LUSCA.
ÁS TRES,
POÑO OS ZAPATOS NOS PÉS.
ÁS CATRO,
PINTO UN RETRATO.
ÁS CINCO,
SALTO E BRINCO.
ÁS SEIS,
PREPARAMOS MOITOS PASTEIS.
ÁS SETE,
MONTO SEMPRE EN COHETE.
ÁS OITO,
COMEMOS TODOS BISCOITO.
ÁS NOVE,
TODO SE MOVE.
ÁS DEZ,
SALTO OUTRA VEZ.
ÁS ONCE,
VEN BAILANDO O CONDE.
ÁS DOCE,
ESCONDO O COFRE.
23
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Curioso
Risoño
Intelixente
Servizal
Traveso
Imaxinativo
Alegre
Nervioso
Sensible
Obediente
Feliz
Intelixente
Así son eu
Nena
Deseñadora
Superstar
Amorosa
Irresistible
Natural
Única
Ruidosa
Imaxinativa
Agradable
Linda
Unica
Coqueta
Insegura
Artista
Alegre
Listo
Encantador
Xenial
Soñadora
Artista
Risoña
Amable
Urbanita
Xeitosa
Imaxinativa
Atrevida
Kariñosa
Aventurara
Linda
Intelixente
Nena
Así son eu
Alegre
Divertido
Riseiro
Imaxinativo
Aventureiro
Nobre
Maduro
Alegre
Rápido
Traveso
Intelixente
Nadador
24
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Atenta
Intelixente
Traballadora
Amable
Naturalista
Atrevida
Nena
Alegre
Natural
Yeye
Estudosa
Lista
Ilusionada
Alegre
Neno
Guapo
Extraordinario
Limpo
Lista
Alegre
Ruidosa
Así son eu
Cariñosa
Amable
Natural
Divertida
Entusiasta
Latosa
Acolledora
Misericordiosa
Amigable
Risoña
Travesa
Así son eu
Heroe
Encantado
Ilusionado
Traveso
Orgulloso
Risoño
Alegre
Nervioso
Tenro
Oloroso
Neno
Magnífica
Artista
Risoña
Talentosa
Humilde
Así son eu
Nadadora
Amable
Tenra
Amigable
Lista
Imaxinativa
Así son eu
Hábil
Unico
Gracioso
Obediente
25
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
UN PULMÓN
ARTIFICIAL
No 2º ciclo, durante este curso
fixemos varios obradoiros de
ciencias.
O globo representa o pulmón, o vaso, a
cavidade pulmonar e o globo que tapa o
vaso, o diafragma
Inspiración: se tiramos do globo que tapa o
vaso cara a abaixo, o aire entrará pola
palliña e o globo incharase.
Expiración: se empurramos o globo cara a
dentro, o aire sairá pola palliña e o globo
desincharase.
26
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
UN
CALEIDOCICLO
Os caleidociclos son formas xeomEtricas en papel, xeralmente, que
xiran
27
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
TERRA
EN 3D
RELOXO DE AREA
28
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
EN 4º APRENDEMOS QUE SON OS CALIGRAMAS, AS
METÁFORAS E AS GREGUERÍAS E FIXEMOS ESTAS
METAFORAS
POS PICA PICA DO ESPAZO
(po cósmico) A lámpada do Sistema Solar
acéndese cada mañá.
PIRULETA DO ESPAZO
(nebulosa)
29
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Viaxando polo universo con 1,
2, 3……47 e 48 cosmonautas
na procura de novos mundos.
A nosa primeira viaxe foi ao. PLANETARIO
Despois fomos ao .…………………………………………..……... PLANETA
DAS LETRAS
Continuamos a viaxe e aterramos no … planeta dos artistas
Ehhh… que tamen estivemos no
Museo de Belas Artes!
Aquí acudimos a un concerto (“A bela durminte”), a unha obra teatral (“Valados”) e a un espectáculo de ballet (“Terroríficus”).
30
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
DEMOS UN PASEO MEDIEVAL POLO
CASTELO DE SAN ANTÓN
E, por fin, aterramos no
CEIP Sanjurjo
de Carricarte!
31
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Vivimos no Universo, pero pola contra segue sendo un dos maiores misterios sen
resolver. Cres que sabes moito sobre o universo? Os nenos e nenas de quinto
queremos que non te perdas estas curiosidades:
SABÍAS QUE ...?
-Se puidésemos viaxar en avión polo espazo chegaríamos á Lúa nuns 16 días e a
Marte nuns 10 anos. Para alcanzar o Sol en avión necesitaríamos uns 19 anos e
en coche a 100 Km/h, tardariamos 170 anos en chegar.
-No interior do noso Sol se acadan temperaturas duns 15 millóns de graos.
-Se o Sol se apagase aínda tardariamos uns 8 minutos en decatarnos, xa que é
cando deixariamos de ver a súa luz.
-Existe un planeta feito de diamante: chámase Lucy. Está a 54 anos luz, tan lonxe
(millóns de anos de viaxe) que non podemos subir para coller un anaquiño de
este corpo celeste que ten un diámetro de 4000 km. Sodes quen de imaxinar
catro mil km de diamante?
32
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
-Einstein dixo que: Se temos dous xemelos, un queda na Terra e o outro viaxa a
outro planeta a unha velocidade tan grande que se achegue á velocidade da
luz. Cando regrese, atoparase máis novo que o xemelo que ficou na terra, é
dicir, o xemelo da Terra avellentarase máis rápido que o outro. Isto é debido a
que mentres máis preto te atopes viaxando á velocidade da luz, máis lento
pasará o tempo.
-Os astronautas crecen no espazo: a micro gravidade fai que as vértebras se
separen e por iso os astronautas medran de 2 a 5 cm. durante a estancia no
espazo. Cando regresan á Terra, de novo miden o mesmo que antes.
-Nos retretes espaciais non se pode tirar da cadea. Son como aspiradoras onde
un se senta.
33
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
-En 1974, os astrónomos empregaron o radiotelescopio de Arecibo para enviar
unha mensaxe ao cúmulo estelar M13. Se algún extraterrestre o recibe, teremos
que esperar ata o ano 44.000 para recibir a resposta!!!!
-Os astronautas non poden eructar porque a ingravidez non permite a
separación do líquido e o gas nos seus estómagos.
-A temperatura máis baixa que se pode acadar no Universo é de -273 ºC?
-Os astronautas non choran: porque no espazo é imposible chorar, xa que polos
efectos da gravidade, as bágoas nunca caerían, se lles acumularían como unha
bolsa arredor dos seus ollos. A única forma de solucionar a situación é limparse
cunha toalla.
34
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
-O espazo ule a … Segundo os astronautas, ule a carne chamuscada, metal
quente e fume de soldadura.
-Existe un “sétimo continente” no noso Planeta. Está situado no medio do
Océano Pacífico e é unha illa de lixo e plásticos de dimensións incalculables.
-Seguramente dentro duns 200 a 250 millóns de anos poderase dar a volta ao
mundo camiñando, xa que os xeólogos afirman que os continentes se unirán de
novo.
-Existe un proxecto chamado Mars One que pretende lanzar en 2025 un equipo
de humanos para que vivan en Marte para sempre, sen posibilidade de retorno.
Xa houbo máis de 200.000 persoas que enviaron solicitudes.
FIN
35
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
JOCELYN BELL BURNELL (BELFAST -IRLANDA
15 XULLO DE 1943)
En 1965 obtén a licenciatura en Física pola Universidade de Glasgow e,
posteriormente, ingresa na de Cambridge para realizar o doutorado.
Incorporase a un equipo formado por outros cinco investigadores cos que
pasa dous anos construíndo un radiotelescopio para observar os quasares,
dirixido por Anthony Hewish.
En 1982 foi nomeada investigadora do observatorio de Edimburgo, onde
se dedicou a estudar galaxias coa axuda do satélite EX0SAT. Tamén
asumiu a dirección do telescopio James Clerk Maxwell, de Hawai. En
1989 recibiu a medalla Herschel da Real Sociedade Astronómica de
Londres polo seu descubrimento dos Púlsares.
Actualmente é profesora de física en Open University e profesora
visitante na universidade de Princeton.
UN UNIVERSO CHEO… MARÍA WONENBURGER
Naceu o 17 de Xullo do 1927 en Montrove,
Oleiros. É matemática e profesora.
Realizou os seus primeiros estudos en A Coruña, no
instituto Eusebio da Guarda. A pesar de gustarlle o
baloncesto, a música de Bach e estudar inglés e alemán,
déronlle unha licenciatura en matemática, en 1950 na
Universidade Central de Madrid.
En 2007 a Unidad Mujer y Ciencia creou o “Premio
María Wonenburger” para recoñecer aquelas mulleres
galegas con traxectorias notables no ámbito da ciencia e a
tecnoloxía.
LISE MEITNER (Viena,1878- Cambridge,1968)
Estudou física en Viena baixo a dirección de Suwding Boltzmann.
Estableceuse en Berlín, onde traballou coma axudante de Planck e mediu as
lonxitudes dos raios gamma. En 1917 foi mestra de física na Universidade de Berlín,
e abandonou o traballo en 1938 pola anexión de Austria, seu país, con Alemaña, e
quedar suxeita as leis antisemitas. Refuxiouse en Estocolmo co seu sobriño e
colaborador O.R. Frish, e en 1960 instalouse definitivamente en Inglaterra.
Descubriu, xunto a O. Hahn, un novo radioelemento, o protactinio, de
símbolo Pa, e de número atómico 91. En 1939, Hahn publicou os seus resultados,
pero foi Meitner quen explicou o fenómeno introducindo o termo “fisión nuclear”,
nun traballo publicado na revista “Nature”.
36
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
ÁNGELES ALVARIÑO
Foi unha oceanógrafa, zoóloga e profesora galega que naceu en
Serantes, Ferrol. Foi a primeira muller científica en ir nun barco de
investigación británico e descubriu 22 especies de organismos
mariños. Recoñecérona como exemplo de muller científica en Women
Tech World. Ela probablemente teña sido a mellor científica galega.
… DE MULLERES!
MARISOL SOENGAS ( A Coruña, 1968)
Iniciou a súa preparación como bióloga na cidade herculina e formouse en
Microbioloxía na Universidade Autónoma de Madrid, onde tamén recibiu
o doutoramento. En 1997 comezou un período de investigación en el
Laboratory Cold Spring Harbour (New York), analizando os mecanismos
de morte celular. A virada para o estudo do melanoma humano veñen á
procura dunha resposta para a súa alta resistencia a terapias. É desde
2008, o director do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de
Investigaciones Oncológicas (CNIO), o mesmo no que identificaron un
composto sintético capaz de desencadear a destrución masiva das células
deste tipo de cancro agresivo de pel, apertura de estradas cara esperanzas
para conseguir un tratamento eficaz.
AUGUSTA ADA BYRON (Condesa de Lovelace)
Naceu en Londres no ano 1815 en morreu no ano 1852 Foi coñecida por
crear unha serie de símbolos matemáticos que servían para calcular unha
gran cantidade de números, foi unha gran matemática aínda que moi
adiantada ao seu tempo.
Tamén foi a primeira científica da computación na historia.
37
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
ANTONIA FERRÍN MOREIRAS (Ourense, 1914-
Santiago de Compostela, 2009)
Foi una gran matemática, profesora e astrónoma galega.
Era coñecida pola astronomía. Era filla dun mestre das
matemáticas. Comezou a traballar en 1934 como
axudante de profesora de Física e Matemáticas.En 1957,
converteuse na primeira muller profesora, da recén
creada “Facultade de Matemáticas” en Santiago. Antonia
Ferrín Moreiras nunca puido esquecerse dos seus tempos
como observadora a pé de telescopio, o intenso frío
padecido baixo a cúpula durante as noites de inverno
compostelán, sen a posibilidade de abrigarse, prenda que ,
por aquel entón. “non se consideraba feminina.”
EMMY NOETHER
Podería dicirse que Emmy Noether é unha das máis importantes
matemáticas.
Estudou alemán, inglés, francés, e piano. Naceu en 1882 en
Baviera e morreu en 1935 logo de ser expulsada polos nazis. En
1915 foi invitada por David Hilber e Felix Klein a unirse ao
departamento de matemáticas da Universidade Gotinga. O
primeiro traballo despois de chegar a Gotinga é un resultado de
física teórica chamado Teorema de Noether. É coñecida
especialmente en física teórica e en álxebra abstracta, con
grandes avances en canto as teorías dos aneis, grupos e campos.
HENRIETTA SWAN LEAVITT
Foi una astrónoma americana. Naceu en Lancaster, Massachusetts o 4
de xullo de 1868. Descubriu o catálogo de estrelas variables* nas
Nubes de Magallanes*, o que lle permitiu descubrir a Cefeida* de
maior luminosidade. Un ano despois Ejnar Hertzsprung determinou a
distancia entre varias Cefeidas, o que lle permitiu calibrar a relación
Periodo-Luminosidade*. Polo tanto a partir de entonces, observando o
período dunha Cefeida pódese saber a súa luminosidade.
38
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
VALENTINA TERESHKOVA
Naceu en Maslennicovo, unha pequena localidade de
Rusia no ano 1937. Foi a primeira muller do mundo que
foi ao espazo.
No ano 1962 ingresou no corpo feminino de
cosmonautas (pola súa experiencia en enxeñería e
paracaidismo) e foi seleccionada entre máis de
catrocentas mulleres para ser cosmonauta.
Mais adiante, á idade de 26 anos viaxou ao espazo
converténdose así na primeira muller en facer isto.
Tras esta importantísima misión espacial licenciouse en
enxeñería espacial.
Mª INMACULADA PAZ ANDRADE (Pontevedra, 1928)
É unha científica galega de proxección internacional. Posúe un
doutorado en Física, é catedrática de Física Aplicada (especialidade
termodinámica) e investigadora na Universidade de Santiago de
Compostela e ten tamén un certificado de estudos superiores na
Universidade Marsella (Francia). Ampliou os seus estudos e
colaborou en investigacións na Universidade de Manchester (UK) e
no instituto de Microcalorimetría e Termoxéneses do CNRS de
Marsella. Coordinou e dirixiu o equipo que elaborou o sistema
experto para predicir o perigo dos incendios forestais en Galicia, e
o proxecto THOR.
SOPHIE GERMAIN (1776-1831)
Foi unha matemática francesa que fixo importantes contribucións á
teoría dos números e á teoría da elasticidade. Un dos máis importantes
foi o estudo do que posteriormente foron nomeados como números
primos de Shopie Germain. Matemática, física e filósofa. A pesar da
oposición dos seus pais e as dificultades presentadas por unha sociedade
sexista, gañou a súa educación dos libros extraídos da biblioteca do seu
pai e da correspondencia con famosos matemáticos como Lagrange,
Legendre e Gauss. Debido ao prexuízo contra o seu sexo, non puido
estudar unha carreira en matemáticas, polo que traballou
independentemente ao largo da súa vida.
E aínda hai moitas máis!
Vai na súa procura! Traballo realizado polo alumnado de 6º de Educación Primaria.
39
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
GAÑADORES
DO V CERTAME LITERARIO
“XANELA”
.
40
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Categoría especial: “EL COLEGIO VACÍO”
Autor: ROMÁN CORDERO BENTOS-PEREYRA
41
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Categoría especial: “GABRIEL MIRANDO POR LA VENTANA”
Autor: GABRIEL MARIÑO TEIRA
GABRIEL ESTÁ MIRANDO POR LA VENTANA.
LLOVÍA.
UN ARBOL DE COLOR VERDE.
DE DÍA.
CIELO DE COLOR BLANCO.
RAMAS DE COLOR MARRÓN.
42
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Poema premiado 1º Primaria: “CHUVIA” Autora: PATRICIA ANN DEL RÍO PICO
43
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Poema premiado 2º Primaria: “OS CAMIÑOS” Autor: PABLO PÉREZ RODRÍGUEZ
44
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Poema premiado 3º Primaria: “A FELICIDADE”
Autora: SOFÍA SANMIGUEL MONTERROSO A FELICIDADE
45
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Poema premiado 4º Primaria: “O VENTO” Autora: EILA FOWLIE
O VENTO
O vento sopra sen parar
e non deixa de asubiar.
Por que estará enfadado?
Quererá tomar un xeado?
Pobre vento enfurecido
ao mellor está confundido.
Buscará algo perdido?
E xa remata este poema sen sentido.
46
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Poema premiado 5º Primaria: “POSTA DE SOL NO ESPELLO” Autora: ALBA MORÁN MARTÍNEZ
POSTA DE
SOL NO ESPELLO
Ía eu de viaxe
Coa cámara no equipaxe
Cando vin no espello retrovisor
Que o sol facía resplandor
Que preciosidade!
Collede a cámara, apurade!
Era un ceo diferente
Ao que vexo normalmente
O que non podo negar,
É que o ceo sei mirar
Moitas, moitas fotos fixemos,
Pero de todas, esta escollemos.
47
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Poema premiado 6º Primaria: “INFINITO” Autora: ANNA SCHMELZ COLLADO
48
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
E TODOS
COÑECIMOS Ó….
CONTRABAIXO
49
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
ÍNDICE
Editorial ……………………………………………………………..….… páx. 3
A clase de 3 anos ……………………………..………………………... páx. 4-7
A aula do CARACOL GARY- 4 anos ………………..…………. páx. 8 -11
OS MARCIANOS DO COLE - 5 anos .……...…………………. páx. 12-14
Os traballiños do primeiro ciclo ……………….………………….. páx. 15-22
Os traballiños de segundo ciclo …………………………………... páx. 23-31
Os traballiños de quinto curso ……………………………………. páx. 32-35
Un Universo cheo … de mulleres (sexto curso )………………. páx. 36-39
Gañadores do V Certame literario “Xanela” ..…………………. páx. 40-47
E todos coñecimos ó …… CONTRABAIXO ……………………. páx. 48
Portadas finalistas ……………………………………………………. páx. 51
50
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Coordina o Equipo de Dinamización da Lingua Galega
coa colaboración de todo o alumnado e o profesorado do
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE de A Coruña.
Portada realizada pola alumna de 5º curso de educación primaria:
ALBA MORÁN MARTÍNEZ
51
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
52
CURSO 2013-2014 O VOCEIRO DE HERCULES
Recommended