View
2
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
DÍA DO PATRIMONIO CULTURAL16 de novembro de 2017
XUSTIZA e PATRIMONIO
O caso do Marqués de Valladares
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIAArquivo do Reino de Galicia
1. O crime do Marqués de Valladares:
A memoria esquecida dun asasinato
O asasinato do Marqués de Valladares, don Benito Alonso
Henríquez, conmocionou Galicia a mediados do século XVIII
polas circunstancias que concorreron na súa execución:
Unha morte violenta e misteriosa en que resultou
implicada a súa familia máis directa, pertencente a un grupo
privilexiado nunha sociedade en que a desigualdade era lei.
1. O crime do Marqués de Valladares:
A memoria esquecida dun asasinato
Daquel crime apenas queda memoria, salvo uns voluminosos impresos
publicados no fragor da contenda xudicial e algunhas, poucas,
referencias, en documentos illados.
U-lo o proceso xudicial que debería conservarse entre as causas da
Real Audiencia de Galicia? Desapareceu, coma outros moitos, por
disposición oficial nalgún momento do século XIX.
Eliminado, expurgado para facer sitio no Arquivo do Reino de
Galicia para novos testemuños da conflitividade social.
Así, a memoria oficial, a dos arquivos, foi substituída nesta
ocasión por outro tipo de memoria pública: a memoria publicada.
1. O crime do Marqués de Valladares:
A memoria esquecida dun asasinato
Informe xenealóxico dos señores de Valladares e MeiraFamilia Sarmiento ValladaresData: 1632-11-22. VigoSignatura: 44976-13
Título de vizconde de Meira concedido por Carlos II a Luis de
Valladares e Meira SarmientoFamilia Sarmiento Valladares
Data: 1670-07-21. MadridSignatura: 44977-14
Preito entre Benito Alonso Enríquez [Sarmiento] con Javier Sarmiento, o seu fillo, sobre posesión de bensReal Audiencia de GaliciaData: 1754Signatura: 24825-48
Oficio da Xunta de Tui para a Xunta Superior sobre unha solicitude de Juan Rosendo Arias Enríquez, o
cura de Valladares, descendente do marquésXunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa do Reino de
GaliciaData: 1810-03-15. TuiSignatura: 40002-27
1. O crime do Marqués de Valladares:
A memoria esquecida dun asasinato
1. O crime do Marqués de Valladares:
O crime e os seus protagonistas
Don Benito Alonso Henríquez foi asasinado de forma aleivosa
mentres durmía na súa casa de Chantada (Lugo) na noite do 18
ao 19 de xuño de 1757.
Deste crime serán acusados a súa muller, dona Isabel
Sanjurjo, o seu fillo primoxénito e herdeiro do título, don
Xavier, e mais outros irmáns, un cuñado, dous xenros e os
dous caseiros, Silvestre e María Ventura, ademais doutras
persoas.
1. O crime do Marqués de Valladares:
O crime e os seus protagonistas
A vida disoluta do marqués, que pasara longos anos no
cárcere por incontinencia e amancebamentos repetidos e
maltrato á muller, obrigaríao a ceder o título ao seu fillo
maior e a vivir separado da súa esposa. Ao saír do cárcere e
reiniciar os seu amoríos disque manifestara a súa intención
de recuperar o título...
Da sentenza, pronunciada en 1766 pola Sala do Crime da
Audiencia de Galicia, só coñecemos a condena dos caseiros:
Silvestre, aforcado no cárcere, e a súa muller, María
Ventura, condenada ao desterro. Nada sabemos do sucedido co
primoxénito e herdeiro do título nin cos outros acusados da
nobreza, pero está claro que sufriron penas máis leves.
2. A memoria do crime:
O patrimonio conservado
O crime do Marqués de Valladares é o tema que
exploraremos con motivo do Día Internacional do
Patrimonio.
Examinaremos as pegadas que a historia deixou nos
libros e os documentos para recuperar a memoria
esquecida daquel crime e dunha sociedade desaparecida.
Quizais nos axude a entender mellor o que somos hoxe.
O patrimonio bibliográfico:
A publicidade do proceso
Memorial axustado da causa sobre a violenta morte de don Benito Alonso Enríquez/ Herbella de Puga, Bernardo
Biblioteca auxiliar
Data: 1764
Signatura: BA 10011
“Eu ben pensaba libertarlos a todos, pero agora que se descubreu o corpo de meu amo non
hai que facer”
[Declaración de María Ventura Álvarez, caseira de don Benito Henríquez]
fol. 133 v.
“i puesto el cadáver en la plaza.... cuyas personas no se pudo inquirir las que eran, por el mucho concurso de las que allí se allaban,
toque de campanas i bullicio que se esperimentaba,lastimándose unas i las otras
llorando...”
fol. 169
O patrimonio bibliográfico:
A publicidade do proceso
Defensa da inocencia: alegación de Xavier Henríquez Sarmiento de Valladares/ Álvarez de Neira, Vicente
Biblioteca auxiliar
Data: [1765?]
Signatura: BA 15670
“...que en la referida noche seis personas llamaron a la puerta de la casa de D. Benito Alonso; se les abrió i entraron en ella …”
[Sobre a noite dos autos]fol. 243
“...declara que después de medianoche vio junto a su cama a doña Isavel i los otros tres que le hicieron abrir la cueva para enterrar a D. Benito, a quien ya avián muerto...”
[Declaración de Silvestre, caseiro de don Benito]fol. 201
O patrimonio bibliográfico:
A publicidade do proceso
Histórico-legal informe para escarmento de parricidas/ Giraldo, José Antonio
Biblioteca auxiliar
Data: 1766
Signatura: BA 10051
“Su marido quería bolverse a los mayorazgos para hacer Marquesa a la Boticaria, pero que esso no
lo vería al ojo...”
[Atribuído a Isabel Sanjurjo, muller de don Benito, por 26 testemuñas]
fol. 10
“Que [Silvestre], para egecutar dicha muerte, dejara acostar a dicho su Amo, i estando
durmiendo, cogiera un Machado, i le diera con él un golpe en la trincheira (sien), i que al primer golpe le avía dejado muerto, i sin movimiento””
[Confesión de María Ventura, caseira de don Benito e muller de Silvestre]
fol. 19
O patrimonio bibliográfico:
A publicidade do proceso
A Coruña: Cárcere e Hospital MilitarColección de postais
Data: [ca. 1908]Signatura: 414
A Coruña: Palacio do Capitán Xeneral, sede da Real Audiencia de Galicia
Colección cartográfica e iconográficaData: [1860]Signatura: CC 938
O patrimonio documental:
Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII
Expediente formado para que se proceda ao cobro dos gastos que fixeron os presos do Cárcere Real da Coruña ata fins de xullo de 1766
Real Intendencia de Galicia
Data: 1766/1767
Signatura: 46555-3
Os gastos do proceso imputáronselle ao fillo de don Benito, Marqués de Valladares; entre eles:
“...los gastos de ajusticiar al Silvestre Bernández y composición de horca..
...los gastos de impresión que hizo el señor fiscal...
...por la composición de la puerta del calabozo...”
O patrimonio documental:
Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII
Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto, co fiscal da Súa Maxestade, sobre pago pola fábrica do cárcere desta cidade da CoruñaReal Audiencia de GaliciaData: 1766Signatura: 23765-55
Un edificio con protagonismo na historia do crime foi o Cárcere Real da Coruña, a onde foron trasladados os principais detidos no proceso unha vez rematadas as obras da súa construción.
Na lenda do proxecto pódense distinguir diferentes salas que retratan a sociedade da época:
“10. Sala de cadenas”
“12. Sala de tormentos”
“13. Sala de confesiones”
“21. Encierros para gente de distinción”
O patrimonio documental:
Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII
Plano y perfiles de la cárcel que deve construirse en esta plaza/ Gaspar Bernardo
de LaraReal Audiencia de GaliciaData: 1764-03-24. A CoruñaSignatura: 23765-55//RA 21
A Coruña [Visual]: [Cárcere vello]Colección fotográficaData: 192-?Signatura: 2286
O patrimonio documental:
Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII
A Coruña: castelo de San AntónColección fotográfica
Data: ca. 191-?Signatura: 5368
A Coruña [Visual] : [Fachada principal do Pazo da Capitanía Xeral, sede da Real Audiencia]Colección fotográficaData: 192-?Signatura: 2695
Expediente de traslado de presos ata Valladolid, condenados a presidio en
África pola Sala do Crime da Audiencia de Galicia
Real Audiencia de GaliciaData: 1778-03-31/1779-04-14
A Coruña/ValladolidSignatura: 29214-208-2
O patrimonio documental:
Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII
A Coruña: castelo de San AntónColección fotográfica
Data: ca. 191-?Signatura: 5368
Expediente de condución de presos a presidios maioresReal Intendencia de GaliciaData: 1825/1831Signatura: 46562 1
Recommended