11.anisóptero, cordulegastérido david vázquez

Preview:

Citation preview

·Libélulas da familia dos Cordulegastéridos·

-Os odonatos son unha orde de insectos cunhas 6.000 especies actuais. Os adultos amosan un aspecto característico, cunha cabeza máis ancha có resto do corpo e catro ás membranosas transparentes que non se poden pregar sobre o abdome, que é longo e delgado. Habitan en ambientes acuáticos, que son necesarios para o desenvolvemento das súas ninfas. Non teñen fase de pupa e polo tanto a súa metamorfose é simple. Denomínase hemimetabolía.

 -A suborde do espécime é a de anisóptero. Ó abrirse os ovos baixo a auga, saen as ninfas. Estas aliméntanse de larvas de mosquitos, e viven na auga respirando mediante branquias.

A fase larval pode durar de entre cinco ou seis meses ata cinco anos, dependendo do tamaño do individuo. Cando a larva está lista para metamorfosearse nun adulto, sobe por unha cana ou unha planta emerxente. A exposición ó aire induce á larva a comezar a respiración. A cutícula divídese nun punto débil tras a cabeza e a libélula adulta arrástrase fóra do mesmo, move as súas ás de arriba abaixo, e voa para alimentarse de mosquitos e moscas.

-A familia dos cordulegastéridos caracterízase por ter os ollos case unidos nun punto, na parte superior da cabeza; o tórax e o abdome presentan liñas en tons amarelos, e o ovipositor das femias moi longo.

Para chegar á conclusión de que a familia á que pertencía o insecto era á de cordulegasteridae, houbo que seguir unha clave diferenciadora de odonatos.As imaxes que veñen a continuación mostran as características polas cales se puido descubrir que tipo de espécime era.

Mentón en forma de cuchara

David Vázquez Enríquez

4ºA

Cordulegastéridos y tres imágenes by David Vázquez Enríquez is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.

Dientes en forma de sierra

El extremo de la pata posterior es más corto que el cuerpo del insecto

Recommended