365 Días: Novos modelos de familia

Preview:

DESCRIPTION

Más sobre igualdade e respecto

Citation preview

365 días de respeto eIgualdade:

NOVOS MODELOS DE FAMILIAS

INDICE: 1.diferenzas entre familias tradicionais e familias actuais

2. a familia moderna

3. a familia reconstruida

4. TIPOS DE FAMILIA

5.OS TEUS FILLOS NON SON OS TEUS FILLOS (KAHLIL GIBRAN)

INTRODUCIÓN:Dise que a familia é un grupo de persoas as cales nos cría, fórmanos e ensínanos como persoas establecendo valores morais e éticos baseados no amor e cariño orientándonos ao longo do noso desenvolvemento da vida.

A familia tivo transformacións a través do tempo pois xorden cambios constantes na sociedade e entre máis desenvolvido sexa o ser humano mais cambios danse, isto inflúe nas familias tendo cambios nas unidades familiares.

1.diferenzas entre familias tradicionais e familias actuáis.FAMILIAS TRADICIONAIS:

-As familias comían a un horario determinado, todos xuntos.

-Na mesa os menores non podían falar, en sinal de respecto.

-Ao sentarse á mesa, debían descubrirse a cabeza.

-Os menores debían moito respecto aos maiores.

-Na casa vivía toda a familia xunta. incluíndo, avós, tíos e primos.

-As parellas non adoitaban separarse, nin se divorciar, senón as mulleres lle debían moito respecto aos homes.

-As mulleres non traballaban senón se encargaban do traballo ou a orde da casa.-As familias, comían comidas elaboradas ou caseiras.

FAMILIAS ACTUAIS:-As familias comen a distintas horas a causa do traballo e do estudo.

-a pesar do pouco diálogo, hoxe falan todos na mesa.

-Os mozos, sobre todo, séntanse á mesa con gorras ou vicerrentes.

-Os menores discuten e non respectan os maiores.-Nunha casa familiar só viven os pais e os seus correspondentes fillos/ás.

-É moi común separarse ou divorciarse das parellas. Polo tanto, hai poucas mulleres que respectan os seus maridos.-As mulleres traballan despois do seu estudo e poden facer o que queiran porque teñen liberdade.

2. a familia modernaA historia demostra cada día que o concepto de familia cambiou e segue cambiando co tempo.

Pero ,pódese dicir que se houberon cambios importantes na definición da familia moderna, o que e o núcleo familiar ,aínda segue sendo a unidade social máis común nun sistema social.

 

Dentro da historia da familia, tanto na era preindustrial coma na postindustrial, a familia continúa sendo a unidade ou núcleo social básico dunha sociedade.

O principal cambio que se constatou a familia  baséase na emigración que houbo dende as zonas rurais cara ás grandes cidades ou centros urbanos da época industrial.

Ademais constátanse outros cambios importantes na familia moderna:

As funcións da familia cambiaron.

A composición familiar variou.

Os ciclos de vida e o rol de pais tivo variacións.

Adentrémonos un pouco máis nestes aspectos:

Hoxe en día as funcións de educación por exemplo, que cumpría a familia  rural agóra cúmprena as institucións especializadas.

O mesmo sucede co emprego xa que agora, na familia moderna, o traballo se realiza fóra do núcleo familiar.

Na actualidade, tamén houberon cambios importantes en torno ao rol da muller na sociedade e o seu ingreso ao mundo do traballo, supuxo cambios na organización familiar.

Os roles na familia cambiaron.

Mesmo a diversidade sexual se vén incorporando no concepto de familia moderna véndose de forma máis frecuente e aceptada nas sociedades modernas, a matrimonios de homosexuais por exemplo, conformando familias.

Outro feito significativo da familia moderna ten que ver con matrimonios conformados por segunda vez.

É dicir, matrimonios de persoas que se separan das súas antigas parellas e se volven casar e a formar unha nova familia, conservando relacións coa súa familia anterior ou integrándoa na nova familia.

Destácase tamén na familia moderna que moitas parellas non se casan pero conviven por moito tempo e teñen fillos.

Unha familia moderna pode estar formada por unha parella e os seus fillos, é dicir como unha familia tradicional.

Os pais solteiros tamén senten a necesidade de volver encontrar o amor, por iso existen estes diferentes tipos de familia na sociedade actual.

Pero tamén pode estar formada por pais solteiros, xa que hoxe en día o número de divorcios e separacións aumentou en diferenza aos anos anteriores.

Os fillos na familia:

 

 

 

Non é doado ao principio aceptar unha nova persoa na familia, teñan en conta que cada membro da familia necesita o seu espazo.

Quizais esta situación de familia moderna sexa máis complicada cando hai fillos de por medio. Se estás a pasar por unha etapa delicada.

Nunha familia moderna, se tes fillos, trata de ter en conta que poden rexeitar ao principio unha nova figura paterna.

Faino ver os teus fillos que esta nova persoa nunca ocupará o lugar que eles ocupan, xa que principalmente ese adoita ser o primeiro motivo polo que senten temor.

 

 

Co tempo seguramente irano aceptando e iranse acostumando a ter esa persoa ao seu lado.

4.TIPOS DE FAMILIA:

a)A familia nuclear ou elemental: é a unidade familiar básica que se compón de esposo (pai), esposa (nai) e fillos.

b) A familia extensa ou consanguínea: componse de máis dunha unidade nuclear, os pais, nenos, avós, tíos, tías, sobriños, primos e demais;

c)A familia monoparental: é aquela familia que se constitúe por un dos pais e os seus fillos.

e)A familia de pais separados: Familia na que os pais se encontran separados.

d)A familia de nai solteira: Familia na que a nai dende un inicio asume soa a crianza dos seus fillos/ás.

5.OS TEUS FILLOS NON SON OS TEUS FILLOS (KAHLIL GIBRAN)

Os teus fillos non son os teus fillos son fillos e fillas da vida desexosa de se mesma. Non veñen de ti, senón a través de ti e aínda que estean contigo non che pertencen. Podes darlles o teu amor, pero non os teus pensamentos, pois, eles teñen os seus propios pensamentos. Podes abrigar os seus corpos, pero non as súas almas, porque elas, viven na casa do mañá, que non podes visitar nin sequera en sonos. Podes esforzarte en ser como eles, pero non procures facelos semellantes a ti porque a vida non retrocede, nin se detén no onte. Ti es o arco do cal, os teus fillos como frechas vivas son lanzados. Deixa que a inclinación na túa man de arqueiro sexa para a felicidade.

FINREALIZADO POR:

TANIA FILGUEIRA E VANESSA BÚA

Recommended