View
1.763
Download
3
Category
Preview:
DESCRIPTION
Tradución ao galego e adaptación dunha presentación do prof. Isaac Buzo sobre a acción humana e os procesos de degradación ambiental
Citation preview
ME
DIO
N
AT
UR
AL
Isaac Buzo Sánchez(adaptado)
A ACCIÓN HUMANA E OS PROCESOS DE DEGRADACIÓN
AMBIENTAL
Fonte: Wikimedia
INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO NATURAL
ACCIÓN HUMANA SOBRE O
MEDIO NATURAL
DEGRADACIÓN MEDIOAMBIENTAL
SOBREEXPLOTACIÓN
CONTAMINACIÓN
CONSTRUCIÓN
MANTO VEXETALSOLOAUGAFAUNA
ATMOSFÉRICALIXOAUGASSOLOSACÚSTICANUCLEAR
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
DEGRADACIÓN AMBIENTAL
DESAPARICIÓN TOTAL OU PARCIAL DE ELEMENTOS DO MEDIO FÍSICO
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Expansión urbana
A expansión das cidades consome espazos de valor ecolóxico e agrarioÉ un proceso agravado pola aparición de grandes conurbacións en áreas metropolitanas
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Banco de Imaxes do CNICE
DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Proliferación de segundas residencias
Tanto no espazo rural como na costa, a construción de segundas residencias altera a paisaxe provocando impactos na fauna, alterando os ecosistemas litorais e prelitorais (dunas, albufeiras e praias) e aumentando o perigo de incendios forestaisEn moitos casos aténtase directamente contra o recurso turístico que xenerou a proliferación de construcións
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Banco de Imaxes do CNICE
DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Proliferación de obras de enxeñería civil
Impactan nos ecosistemas cortando o tránsito dos animais ou transformando os seus hábitat Destrúen solos fertis e afectan á paisaxeA súa construción tamén provoca a aparición de escombreiras, canteiras, etc.
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Banco de Imaxes do CNICE
DEGRADACIÓN AMBIENTAL: Outras actuacións humanas
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Banco de Imaxes do CNICE e Wikimedia
SOBREEXPLOTACIÓN
EXPLOTACIÓN DO MEDIO POR RIBA DA SÚA CAPACIDADE DE PRODUCIÓN E DE REXENERACIÓN
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
SOBREEXPLOTACIÓN:Degradación do manto vexetal
Redución e degradación da cuberta vexetal (deforestación) debido a:
Roturacións para obter novas terras para a agricultura e pastos Incendios forestais Tala para obter madeira
Resultado:
Diminución da superficie forestal Aumento da erosión
Solución:
Conservación e potenciación das especies autóctonas Reforestación
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Wikimedia
SOBREEXPLOTACIÓN:Erosión do solo
Consecuencia de:
Procesos naturais acentuados polas pendentes e as precipitacións torrenciais Prácticas agrícolas e gandeiras inadecuadas Deforestación
Resultado:
Solo desestruturado e descohesionado que resulta menos resistente á erosión mecánica da auga e do vento, puidendo provocar a desertificación
Mapa de risco de desertificación, observade que as zonas con maior risco se localizan no litoral mediterráneo, en especial no SL, coincidindo cos climas máis secosO 31,49 % do solo español ten un risco alto ou moi alto de se desertificar
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
SOBREEXPLOTACIÓN: Esgotamento de acuíferos e desecación de
humedaisConsecuencia de:
Mentalidade hixienista do s. XIX e princip. do XX (acabar coas febres palúdicas) Obter novas terras de cultivos Sobreexplotación dos acuíferos paa regadío (desecan humedais e na costa producen a intrusión de auga salina) Obras públcias para a regularización dos cauces fluviais
Resultado:
Destrución dos hábitat de numerosas especies animais e comunidades vexetais Perda de produtividade do solo Contribúe a descohesinar o solo
Relación entre o bombeo de auga de acuíferos de Castela A Mancha co aumento do caudal do río XúcarComo se observa hai unha relación inversa: canto máis aumentan os bombeos dende os acuíferos, menos aumenta o caudal do río Xúcar
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
SOBREEXPLOTACIÓN: Esgotamento de acuíferos e desecación de
humedais
Masas de auga subterráneas costeiras salinizadas
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente
SOBREEXPLOTACIÓN:Degradación da fauna
Características de España Riqueza faunística Ponte entre África e Europa para as aves migratorias
Consecuencia de: Desecación de humedais Caza e pesca descontrolada Loita contra especies dañinas para a agricultura e a gandería
Resultado: Destrución de hábitat Esgotamento de caladoiros de pesca Aumento de especies en perigo de extinción
Exemplo de áreas de distribución de dúas especies en perigo de extinción: lince Ibérico (1) e oso Pardo (2).
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
CONTAMINACIÓN
ADICIÓN DE MATERIAS NOCIVAS EN PROPORCIÓN NON ASIMILABLES POLO MEDIO
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CONTAMINACIÓN:Atmosférica
A contaminación atmosférica é a presenza de substancias que habitualmente non se atopan na atmosfera ou que o están en concentracións menores ás existentes. Estas substancias poden causar danos directos ou indirectos á poboación
Os principais focos de emisión son: as centrais térmicas e industrias; automóbiles, calefaccións domésticas, incendios forestais, aviación, refrixerantes e aerosoles
Os principais contaminantes son: monóxido de carbono (CO), dióxido de carbono (CO2), dióxido de xofre (SO2), óxido de nitróxeno (NO), partículas de polvo e fume e cloro (Cl2)
PRINCIPAISCONSECUENCIAS
CHUVIAÁCIDA
BURACO CAPA OZONO
EFECTOINVERNADOIRO
ILLA DE CALOR
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Chuvia ácida
As emisións de xofre e de nitróxeno mestúranse con vapor de auga no aire. Ao se condensaren, formar nubes e precipitar, as solucións de ácido sulfúrico e nítrico caen á superficie, alterando a vexetación, os solos, as augas e os edificios
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Isaac Buzo
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Chuvia ácida
Efectos da chuvia ácida sobre un bosque da República Checa e sobre unha gárgola dun edificio histórico
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Wikimedia
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Buraco da capa de ozono
O ozono é un gas (O3) que se atopa entre os 15 e os 55 km de altura
Serve para filtrar as radiacións ultravioletas do Sol
A capa de ozono diminuiu o seu espesor a causa da reacción do ozono co cloro presente nos CFC (clorofluorocarburos)
O cloro separa as moléculas de O3 en oxíxeno normal (O2), uníndose á restante (CLO, monóxido de cloro)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Banco de Imaxes do CNICE
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Buraco da capa de ozono
O grosor da capa de ozono reduciuse ao máximo nos polos, polo que a penetración da radición ultravioleta aumentou nestas zonas. En España a capa de ozono reduciuse un 8 %
Como resultado existe un aumento do cancro de pel, cataratas nos ollos, ademais de perturbacións na vida vexetal e animal
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro
Denomínase así pola semellanza cun invernadoiro, onde os cristais permiten a entrada de enerxía solar mais non permiten a súa saída, co que a calor aumenta no interiorNa atmosfera o papel dos cristais xógano os denominados gases de efecto invernadoiro, como o CO2. En circunstancias normais permiten manter unha temperatura axeitada para a vida; mais o exceso de gases fai que a capa aumente e, polo tanto, tamén a temperatura, provocando un quecemento globlal
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Isaac Buzo
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro
Para reducir os gases que producen efecto invernadoioro e así evitar o quecemento gobal, chegouse a un acordo internacional polo que se estableceu un límite nos diferentes países á emisión de ditos gases: dióxido de carbono (CO2), gas metano (CH4) e óxido nitroso (N2O), ademais de tres gases industriais
fluorados: hidrofluorocarbonos (HFC), perfluorocarbonos (PFC) e hexafluoruro de azufre (SF6).
O obxectivo era reducir a emisión destes gases no período de 2008 ao 2012 un 5 % a respecto da emitida en 1990. Este acuerdo impulsado por Nacións Unidas é o denominado Protocolo de Kioto (asinado en 1997)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Países asinantes do Protocolo de Kioto en 2005. No todos os países ratificaron estes acordos. Nótese como o principal país emisor, EE.UU. (cun terzo do total) desbotou ratificar o asinado
Fonte: Wikimedia
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro
Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España (1990-2005)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Efecto invernadoiro
Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España segundo a actividade emisora (1990-2005)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente
CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Illa de calor
É unha situación que se produce nas cidades debido á acumulación de calor polo formigón e outros materiais construtivos, ao que se une a ausencia de zonas verdes e de superficies acuáticas que refresquen o ambiente, a xeración da propia calor nas cidades (aires acondicionados, calefaccións, etc.) e a presenza de partículas contaminantes
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: wikimedia
CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)
Xeneran problemas de contaminación en aire, augas superficiais e subterráneas, e solosO aumento dos RSU é constante. A súa eliminación lévase a cabo por medio de verquidos controlados (45 %), incontrolados (33%), compostaxe (16 %) e incineración (6%)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Ministerio de Medio Ambiente
CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)
A análise da composición dos RSU permite plantexar varias solucións para controlar o seu crecemento: Reutilizar, Reciclar e Reducir
Composición dos RSU en Galicia
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: SOGAMA
CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)
Tratamento dos RSU en Galicia. Rede de instalacións
CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)
Mapa de vertedoiros de Galicia.
CONTAMINACIÓN:Aguas continentais
Consecuencia da evacuación dos refugallos xenerados pola actividade humana: Contaminación rural: procedente dos excrementos e ouriñes do gando estabulado, do uso inadecuado de fertilizantes e insecticidas químicos e da construción de pozos negros para evacuar as augas fecais
Contaminación industrial: causada pola expulsión de verquidos sen depurar a ríos e mares
Contaminación urbana: debido ao verquido de augas fecais sen depurar e ao verquido de fosfatos e nitratos dos deterxentes. O lixo dos vertedoiros descontrolados unido á auga da chuvia pode provocar lixiviación e contaminación das augas subterráneas
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CONTAMINACIÓN:Augas continentais
A contaminación das augas continentais pode xerar eutrofización, proceso causado pola chegada dun exceso de compoñentes alimenticios ás augas, o que favorece o desenvolvemento masivo de algas (grandes consumidoras de oxíxeno), o que produce a morte por asfixia do resto dos seres vivos do ecosistema acuático e de continuar o proceso o das propias augas por acumulación e putrefacción
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: wikimedia
CONTAMINACIÓN:Augas continentais
Imágenes de dous ríos en proceso de eutrofización
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: wikimedia
CONTAMINACIÓN:Augas continentais
A lixiviación é o proceso de lavado e filtrado da superficie da terra pola auga da chuvia que se infiltra nos estratos inferiores do solo arrastrando consigo disoltas as partículas contaminantes que atopa no seu camiño, as cales proveñen do uso de fertilizantes, praguicidas, acumulación de lixo, etc.A súa acumulación pode contaminar os acuíferos e as correntes superficiais
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Isaac Buzo
CONTAMINACIÓN:Augas continentais
Mapa de contaminación das augas superficiais por nitratos (estacións con máis de 50mg/l)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Ministerio de Medio Ambiente
CONTAMINACIÓN:Augas continentais
Para solucionar os problemas de contaminación das augas continentais, a lei propón o tratamento das augas residuais previo á súa incorporación á rede hidrográfica
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fuente: wikimedia
CONTAMINACIÓN:Augas mariñas
España ten un problema global no Mediterráneo, un mar case pechado no que desaugan os ríos contaminados da Europa industrializada, e que só se limpa a través do intercambio de augas co Atlántico no Estreito de Xibraltar
Outros problemas máis localizados son:
- Verquidos atómicos na “fosa atlántica”, fronte as costas galegas- Accidente de petroleiros e cargueros con produtos tóxico- Crecemento do tráfico marítimo- Verquidos directos en puntos concretos: Huelva, Ría de Nervión, Llobregat,etc.
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CONTAMINACIÓN:Augas mariñas
Verquidos nucleares
CONTAMINACIÓN:Augas mariñas
Unha marea negra é o resultado de derrames de petróleo que se producen cando un buque petroleiro sofre un accidente e o seu cargamento é verquido ao mar. Isto xenera unha forte contaminación que incide na fauna mariña e no litoral, ademais de provocar graves perdas a outros sectores económicos (a pesca o o turismo)O chapapote é a substancia viscosa, pastosa en que se converte o petróleo (equivalente ao alcatrán), e que ten unha grande repersusión sobre o meido mariño. O último grande accidente que afectou ás costas peninsulares foi o do Prestige (2002)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Flickr
CONTAMINACIÓN:Solos
Danos causados pola actividade agraria (xa comentados anteriormente), polas granxas, pola contaminación procedente da industria, polos vertedoiros e escombreiras, ou polas urbanizaciónsAdemais, a contaminación atmosférica acaba por se depositar por decantación
Tractor en tarefas de fertilización do solo
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CONTAMINACIÓN:Acústica
O ruído non engade partículas contaminantes á atmosfera, ás augas ou ao solo, mais produce unha diminución da calidade ambiental
A cifra máxima de tolerancia ao ruído é de 65 decibelios, e tres cuartas partes da poboación está sometida a niveis superiores
Causas: Aumento do tráfico, as actividades industriais, e servizos urbanos (bares, discotecas, comercios)
Consecuencias: problemas de saúde física (dores de cabeza, xordeira, hipertensión) e psicolóxica (ansiedade, agresividade, insomnio)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
CONTAMINACIÓN:Nuclear
Prodúcese en casos de accidente ou mal uso, en instalación onde se xenera, utilizan ou almacenan compoñentes radiactivos, como as centrais nucleares, ou os depósitos de residuos nucleares
En España existen oito centrais nucleares en funcionamiento: José Cabrera, Santa María de Garoña, Vandellós II Almaraz I e II, Ascó I e II e Cofrentes. En 1983 dúas centrais en construción víronse afectadas pola moratoria na enerxía nuclear (pausa no desenvolvemento deste tipo de enerxías): Valdecaballeros e LemonizO accidente de Chernobil (1986) paralizou o desenvolvemento nuclear en Europa desta actividade, aínda que na actualidade reactivouse o debate sobre o uso desta enerxía
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Consejo de Seguridad Nuclear
Recommended