View
17.902
Download
1
Category
Preview:
Citation preview
A DESCRICIÓN
Retrato de Dora Maar
Pablo Picasso
Cazo esmaltado
Pablo Picasso
O cuarto
Van Gogh
A DESCRICIÓN DE LUGARESAo describir unha paisaxe ou un lugar calquera, os
escritores adoitan presentar primeiro unha visión xeral do lugar. Despois van localizando nese lugar os distintos elementos
utilizando palabras que indican situación no espazo.
Antes de escribir, debes ordenar as túasideas, é dicir, saber por onde vas empezar, por onde vas seguir e como vas rematar.
Debes situar os obxectos no espazo con precisión. Utiliza palabras como:
á dereita, diante de, xunto a, ao lado de, ao fondo, detrás de, no centro, no medio
de, arredor de...
Procura transmitir a impresión que produce o lugar: alegría, tristura, misterio, terror...
O cuarto
Van Gogh
A DESCRICIÓN DE OBXECTOS
Estas son algunhas preguntas que poden orientarte á hora de realizar a descrición dun obxecto:
De que obxecto se trata?
Para que serve?
Como é? ( Que forma ten, que cor, que tamaño, como é a súatextura, o seu sabor, o seu olor...)
Que elementos o compoñen ou que partes ten?
Onde está situado?
Cazo esmaltado
Pablo Picasso
Cando describimos a unha persoa, non só nos referimos ao seu físico, senón que intentamos reflectir a súa forma de ser e
de actuar, e tamén o que nós pensamos dela.
Observar e seleccionar os trazos máis destacados tanto físicos coma de carácter (non acumular demasiados
trazos, só os máis característicos).
Describir os trazos en orde. Primeiro os físicos e despoisas calidades, a forma de actuar, etc.
Presentar ao personaxe nun ambiente, para que cobre vida e sexa máis crible.
Elixir ben as palabras e utilizar recursos expresivos para dar viveza e forza á descrición.
A DESCRICIÓN DE PERSOAS:O RETRATO
PARA
FACER
UN BO
RETRATO
PASOS QUE DEBES SEGUIR PARA DESCRIBIR UNHA PERSOA
4. Gustos e afeccións: encántalle camiñar polo bosque no
outono...
1. Presentación xeral da persoa: novo, atractivo...
2. Caracterización do aspecto físico:Cabeza / Corpo /
Características xerais /Indumentaria
3. Trazos psicolóxicos: alegre, simpático ,apaixonado...
Retrato de Dora Maar
Pablo Picasso
RECURSOS EXPRESIVOS PARA DESCRIBIR
baixo, corpulento, fraco, alegre, cariñoso, túzaro, tímido, inquedo, doce...
Movíase coma un parrulo. Os seus ollos eran negros coma o acibeche
Celia é un verdadeiro ciclón.
Entre os seus beizos lucía unha fileira de perlas.
ADXECTIVOS
COMPARACIÓNS
IMAXES
METÁFORAS
OLLOSDoces, vivos, saltóns, amendoados, achinesados, espertos, expresivos, inexpresivos, resgados, chorosos,
grandes, pequenos, claros, escuros, tristes, verdes, negros, marróns, azuis,
vivos, brillantes, apagados...
Ollos coma pratosNegros coma o acibecheNegros coma o carbón
Cor azul ceo
CARAAncha, redonda, delgada, cadrada, alongada, colorada, alegre, risoña, infantil, pálida... Doce, desconfiada, simpática, amable, xovial, risoña,
pálida, triste, expresiva, dura, intelixente, inexpresiva...
Cara de circunstancias / Cara de poucos amigos / Cara de pau
ADXECTIVOS PARA A DESCRICIÓN FÍSICA E PSICOLÓXICA DOS PERSONAXES
BEIZOS / BOCAFinos, grosos, estreitos,
carnosos, rosados, vermellos, brillantes,
delgados…risoña, expresiva, sorrinte,
triste, recta, ancha, pequena, grande,
vermella…
PELOcor..., cano, longo, curto, brillante, limpo, sucio,
coidado, descoidado, rizado, ondulado, solto, recollido,
alborotado, mollado, húmido...
CELLASFinas, grosas, arqueadas,
rectas, espesas, separadas, xuntas,
delgadas, poboadas, despoboadas...
MEIXELASRepoludas, redondas, suaves,
afundidas, vermellas...
FRONTEestreita, ampla,
engurrada...
NARIZAncho, fino,
alongado, chato, redondo,
puntiagudo,aquilino, torcido, recto, curto, grande, pequeno...
DENTESgrandes, pequenos, brancos, picados,
rotos, postizos, saíntes ...
dócil, intelixente, orgulloso, aberto, rebelde, risoño, chorón, triste,
tímido, extravertido...
malhumorado, malicioso, mentireiro, rosmón, valente,
burlón, esperto, fanático, chulo, presumido, desvergoñado…
educado, enxeñoso, esixente, entusiasta,
xeneroso, túzaro, intratable, estúpido, extravagante,
inexpresivo, listo…
Amable, alegre, simpático, antipático, apaixonado, atento,
atrevido, traballador, atordado…
ADXECTIVOS PARA A DESCRICIÓN DO CARÁCTER
E MOITOS MÁIS…
medroso, prudente, parvo, zopenco, bruto, calmoso, confiado, contestatario,
covarde, serio, culto, sincero, sensato, solitario, soñador,
decidido, desordenado, divertido …
Recommended