A escultura gótica

Preview:

DESCRIPTION

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da escultura gótica

Citation preview

AS ARTES PLÁSTICAS DO GÓTICO: A ESCULTURA

Que cambiou?

COMPAREMOS DOUS TÍMPANOS

Primeiras conclusións

• Produciuse un cambio na concepción das formas escultóricas. O hieratismo xeométrico da figura románica, que induce unha percepción atemporal e simbólica, deixa paso a un progresivo naturalismo, vinculada a unha nova espiritualidade máis humanizada

Imaxeatemporal

Imaxehumanizada

LEAMOS O QUE DI UN EXPERTO (E. GOMBRICH):

“Existe un sentimento análogo de luminosidade e ingravidez nas esculturas que como tropas celestiais flanquean os pórticos. Mentres que o mestre románico (...) fixo figuras de santos que parecen sólidos piares firmemente encaixados no armazón arquitectónico, o mestre que traballou para o pórtico norte da catedral gótica de Chartres deu vida a cada unha das súas.

segue

Parecen moverse, ollarse entre si, solemnes; a disposición das súas vestiduras indica que de novo hai un corpo debaixo delas. Cada figura está marcada claramente cun símbolo que debía ser recoñecible para todo quen conocese o Antigo Testamento. Non resulta difícil recoñecer a Abraham no vello que sostén a seu fillo diante de si, disposto ao sacrificio (...). Deste xeito, case cada unha das figuras que enchen os pórticos das grandes catedrais góticas está claramente indicada cun emblema para que o seu sentido e mensaxe fose comprendido e meditado polo crente. En conxunto forman unha corporeización das ensinanzas da Igrexa (...) e, porén, advertimos que o escultor emprendeu a súa tarefa cun novo espírito. Para el, estas estatuas non son tan só símbolos sagrados, solemnes evocacións dunha verdade moral, senón que cada unha delas debeu de ser unha figura válida en si mesma, distinta da súa compañeira na súa actitude e tipo de beleza e imbuída dunha dignidade individual.”

Detalle do pórtico do cruceiro norte da CATEDRAL DE

CHARTRES ou DA ALIANZA

PLANTEXAMENTO XERAL

INSPIRACIÓN NAS FORMAS

SENSIBLES DA NATUREZA, QUE

SON COMPRENSIBLES

PARA TODOS

APROXIMACIÓN Á BELEZA FÍSICA

DENDE A DIMENSIÓN

ESPIRITUAL DA SÚA

ICONOGRAFÍA

PLANTEXAMENTO DE NOVOS PROBLEMAS: A REPRESENTACIÓN DO

ESPAZO, A VOLUMETRÍA DAS FIGURAS (A SÚA

ANATOMÍA) E A RELACIÓN ENTRE A

COR E A LUZ

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS XERAIS

Por medio do concepto naturalista da escultura gótica preténdese representar o mundo visible tal e como é. Represéntase a natureza, e polo tanto desaparece o anhelo simbólico, que só pola arquitectura permanece na arte gótica

Prodúcese unha humanización nos xestos e actitudes dos personaxes. A atemporalidade e a universalidade do personaxe románico redúcese no gótico á coxuntura temporal dun momento concreto do tempo e do espazo. De aí que na escultura gótica o personaxe esculpido reflicta as emocións e as vicisitudes de calquera mortal

Este fenómeno de humanización e

localización no tempo e no espazo percíbese

nas dúas figuras máis representadas da

escultura gótica. No caso da Virxe co Neno, María

adopta a forma de nai alegre e cariñosa que

atende ao fillo con amor maternal. É doado atopar

leves e mesmo abertos sorrisos no seu rostro

Pola contra, Cristo aparece

doente, coma un home normal

enfrontado á súa morte

Do Cristo en Maxestade (Maiestas Domini) ao Cristo humanizado e sufrinte

Os personaxes da escultura gótica, na busca dun crecente humanismo, abandonan as posturas verticais, simétrica e hieráticas para adoptar posturas cada vez máis amaneradas e cun gran sentido do movemento realista

Calvario gótico da igrexa de San Xoán do Hospital, en Valencia

Tamén se tenta amosar as emocións de alegría ou tristeza dos personaxes.

Nesta liña son elocuentes os xestos de pesar na Virxe e San Xoán nos numerosos Calvarios

góticos que se conservan ou nas escenas da

Piedade

EVOLUCIÓN DA ESCULTURA GÓTICA

Clasicismo do s. XIII Búscase a serena

beleza do naturalismo idealizado

S. XIII

S. XV

Amaneramento que se advirte na estilización e alongamento das figuras, nas súas posturas

en curvaS. XIV

Predominan as esculturas de reis, burgueses e aristócratas

Disposición escultórica na fachada:

• No tímpano das portadas aparece en tema central. Herdeiro do mundo románico, é moi frecuente o Pantocrátor (Maiestas Domini ou Cristo en Maxestade) e o Tetramorfos

• Tamén se esculpe a Cristo coma Xuíz ensinando as chagas ou a Morte da Virxe

• Como no Románico, a escena principal adoita completarse nas arquivoltas cos vintecatro anciáns do Apocalipse e o grupo apostólico

• O habitual parteluz das portas góticas adoita ser ocupado por unha "figura amable" que da a benvida ao fregués, coma Cristo Mestre ou A Virxe en Maxestade. Simbolízase a entrada ao paraíso e, por isto, é unha entrada amable

• Como en el románico, estas fachadas pueden incorporar elementos profanos pero ocupando lugares secundarios.

OS SEPULCROS ESCULPIDOS

• Outra manifestación escultórica importante é a dos sepulcros esculpidos. Poden ser de dous tipos:

- Encostados: de arcos solio.

- Exentos: a cama funeraria está separada do muro

• Decóranse os lados da cama funeraria e esta se apoia en figuras animais. Sobre a cama funeraria adóitase representar ao falecido en posición xacente e orante. Realízanse por encargo de burgueses, reis e nobres. Atopámolos nas capelas

• Tamén se decoran as cadeiras de coro (madeira de nogueira) con relevos. Tamén os púlpitos (planta poligonal) e os retablos que se sitúan detrás do altar e que, divididos en rúas e nichos, representan diversas pasaxes da vida de Xesús ou da Virxe

Retablo maior da catedral de Toledo

púlpito

TEMÁTICA E ICONOGRAFÍADA ESCULTURA GÓTICA

Un novo concepto do cristianismo, máis humano e sensible pola influencia de

San Francisco de Asís, “abrandará” o tratamento dos temas tradicionais da

relixión cristiá

O XUÍZO FINAL

CRISTO TRIUNFANTE

A VIRXE MARÍA

VIDAS DE SANTOS

Temática preferentemente relixiosa

Iconografía gótica

• Temas da vida de Cristo. Prefírense escenas da Paixón, especialmente Cristo crucificado. É representado coa coroa de espiñas, o pano de pureza (con pliegues), un único cravo en ambos os pés que xa están xuntos, abundantes feridas (destaca a do costado). Destácase o peso do corpo de Cristo que vai espido. Ofrece unha imaxe de dor. Adóitase dispor, preferentemente, no tímpano e no parteluz

• Temas marianos ou escenas da Virxe. Aínda que no Románico tardío a Virxe María comeza a ser moi representada, é no Gótico cando adquire un pleno protagonismo. A Virxe escúlpese sobre todo co Neno. É respresentada como nai, bela, idealizada. Mostra unha gran humanización

• Haxiografías ou escenas da vida de Santos. Tomadas case todas do famoso libro "A Lenda Dourada" do dominico Vorágine. Case todas son de martirios

• Animais fantásticos. A novidade da escultura gótica é a aparición de monstros nas gárgolas

AS MÁIS CÉLEBRES MOSTRAS DA ESCULTURA GÓTICA

FRANCIA: CHARTRES, REIMS e AMIENS

ESPAÑA:TOLEDO, LEÓN e BURGOS

CATEDRAL DE CHARTRES. FACHADA OCCIDENTAL: O PÓRTICO REAL

  Vista xeral da portada tripla, os seus tímpanos e as estatuas-columnas

Tímpano central

Tímpano da dereita

Estatuas-columnas: detalles

Portada norte do transepto

Portada norte do cruceiro:tímpano do pórtico central

Pórtico central e xambas da esquerda

FIGURAS DO PÓRTICO DE CHARTRES: xamba da dereita

PORTADA SUR DO TRANSEPTO: PORTADA DO XUÍZO FINAL

Tímpano do Xuízo Final

Porta Dourada da Catedral de AmiensA fachada principal da Catedral de Amiens é de extraordinaria

beleza grazas ás súas tres grandes portadas de arquivoltas abucinadas. A Porta Dourada é, sen dúbida, unha das máis típicas portadas góticas francesas. No parteluz aparece a estilizada e naturalista estatua da Virxe co Neno. Ambos ous dous óllanse directamente o un a outra

Pórtico central de Amiense Cristo no parteluz

Tímpano do Xuízo Final e xambas do

Pórtico central

Cristo Xuíz, salvados e

condenadosTímpano central

Resurrección dos mortos e pesaxe

das almas

Catedral de Reims

Xambas da dereita da Portada central

Figuras da xamba dereita:Grupo da Visitación e da Anunciación

Portada do Xuízo Final Beau Dieu do parteluz da

Portada do Xuízo Final

Detalle superior do tímpano Beau Dieu, detalle do rostro

(restaurado )

• Slutter foi un gran artista flamenco que traballou principalmente en Borgoña a fins do s. XIV. Esculpiu para un gran mecenas, o Duque de Borgoña Filipe "O Ousado". Claus Sluter é o mellor representante da angustia final dunha etapa, a do mundo gótico ao final da Baixa Idade Media. Sluter foi cualificado como o gran patético do cristianismo

CLAUS SLUTER e o patetismo gótico final

Sepulcro exento de Filipe "O Ousado". O duque está en posición xacente. Represéntase acompañado de

plañideras aos lados da cama sepulcral

Detalle do Sepulcro exento de Filipe "O Ousado”

O Pozo de Moisés. Grupo escultórico realizado por Claus Sluter entre

1396 e 1405 para a Cartuja de Champmol en Dijon

A súa mellor obra é a Cartuxa de Champmol. Para esta cartuxa realiza retratos do duque e da súa dona na porta. No cemiterio esculpiu o "Pozo de Moisés", sobre o que se situou un Cristo crucificado. Este pozo ten forma cadrada. A ambos os dous lados, dispóñense os profetas, onde o máis famoso é Moisés

Tumba de Philippe Pot (fins do s. XV), procedente da abadía de Citeaux. París, Museo do Louvre

Escultura Gótica en España

O século XIII

O gótico francés nace en datas tempranas do s. XII. Na Península vivirase durante máis dun século no tardorrománico e na arquitectura cisterciense. Anque a escultura románica da segunda metade do s. XII e comezos do XIII mostra un crecente naturalismo, como se pode observar nas escenas da Anunciación de San Vicente de Ávila e Silos, no se pode falar aínda de escultura gótica propiamente dita. Só o Mestre Mateo, no Pórtico da Gloria, mostra apuntamentos dun maior goticismo nos seus apóstolos levemente sorrintes e "conversadores"

• Por tanto, a introdución do gótico puro francés na Península é un feito puntual e abrupto, exclusivamente ligado á chegada de mestres franceses contratados pola monarquía para acometer tres grandes catedrais (Burgos, León e Toledo). Por isto, a mellor escultura gótica no s. XIII na Península hai que buscala especialmente nos programas iconográficos de fachadas e portadas destas tres fábricas catedralicias

Burgos

Toledo

León

CATEDRAL DE BURGOS: PORTADA SUR DO TRANSEPTO OU DO SARMENTAL

Cristo Xuíz,flanqueado pola Virxe, San

Xoán e os anxos

• Decoración das portas do transepto da Catedral de Burgos Porta do Sarmental. É unha portada típica gótica, aínda que non remata de se desprender completamente do hieratismo románico

No tímpano escúlpese un Cristo en Maxestade (Pantocrátor) arrodeado por un Tetramorfos máis naturalista. Neste caso Cristo non está arrodeado da Mandarla Mística. No lintel aparece o apostolado e nas arquivoltas: anxos e reis músicos. No parteluz aparece o bispo Don Mauricio

• No Mosteiro das Huelgas de Burgos tamén é moi interesante o Sepulcro de Afonso VIII e da súa dona inglesa Leonor Plantagenet. Están adosados mutuamente e se apoian sobre animais. Todas as súas forntes están decoradas con relevos

Catedral de LeónO parteluz da porta principal da Catedral está

ocupado pola denominada Virxe Branca. É unha típica virxe gótica plena de beleza, ledicia, harmonía, humanización e naturalismo

Tímpano co Xuízo Final

Os elixidos

Os condenados

Portada  norte do transepto

Portada lateral dereita da fachada occidental

Catedral de Toledo

Na Porta do Xuízo Final, a primeira das tres en realizarse (1300), represéntase o que indica o nome. Na do Inferno existe decoración vexetal

A Porta do Reloxio, ao norte, no cruceiro, é de comezos do s. XIV.

Aquí destaca un excelente tímpano dividido en catro faixas cheas de figuriñas, cun ciclo iconográfico que comprende a Anunciación, a Natividade, a Adoración dos Reis, a Degolación dos Inocentes, a Fuxida a Exipto, a Circuncisión, Xesús entre os doutores, a Presentación, o Bautismo e as Vodas de Caná

No vértice represéntase o Tránsito da Virxe

s. XIVCoroa de Castela

A Porta do Perdón (portta central da

fachada principal da Catedral de Toledo)

Típica porta gótica con arquivoltas apuntadas e gablete.

No tímpano, a única escena esculpida é a imposición da casula a Santo Ildefonso. Nela, o santo recíbeas das mans da Virxe

No parteluz represéntase a Cristo

Cómpre citar os sepulcros da capela de Reis Vellos, na catedral de Toledo

Sepulcro do doncel de Sigüenza

Contén os restos de don Martín Vázquez, o Doncel. Baixo un alto arco de medio punto, atopamos o sepulcro, aparentemente pousado sobre tres leóns e ornamentado na súa fronte con motivos vexetais e escudo na zona central, sostido por dous paxes

Capela dos Arce(catedral de Sigüenza)

DONCEL DE SIGÜENZA

SEPULCRO DO DONCEL DE SIGÜENZA

• Contén os restos de don Martín Vázquez, o Doncel. Baixo un alto arco de medio punto atopamos o sepulcro, aparentemente pousado sobre tres leóns e ornamentado na fronte con motivos vexetais e escudo na zona central, sostido por dous paxes. Enrbia descansa a estatua de don Martín Vázquez de Arce, recostado sobre un feixe de loureiros, sobre os que apoia o brazo dereito. Ten as pernas indolentemente cruzadas e un libro aberto entre as mans; brazos e pernas están protexidos por unha armadura de pezas ríxidas e unha dobre cota de mallas a inferior, sendo de tiras de coiro a superior, que defenden o seu corpo. Os ombreiros e o peito están cubertos por unha capa sinxela e, sobre ela, no medio do peito, destácase a cruz de Santiago pintada en vermello. A cabeza está cuberta por un casquete e o cabelo, prolongado até os ombreiros polos lados, ten recortado o fleco por diante, segundo a moda da época. Aos seus pés, un paxe, sentado á morisca, que ten a man sobre o rostro, con xesto de pena, e onda el, algo encostado na xamba do arco, un león, de factura semellante aos de abaixo, que quere ser o símbolo da resurrección na outra vida.

• O fondo da furna divídese en dúas partes: a inferior contén unha inscrición alusiva que di así: Aquí yaze Martín Vasques de Arze / cauallero de la Orden de Sanctiago / que mataron los moros socor / riendo el muy ilustre señor duque del Infantadgo su señor a / cierta gente de Jahén a la Acequia / Gorda en la vega de Granada / cobró en la hora su cuerpo Fernando de Arce su padre /y sepultólo en esta su capilla / ano MCCCCLXXXVI. Este ano se tomaron la ciudad de Lora, las / villas de Illora, Moclín y Monte / frio por cercos en que padre y / hijo se hallaron.

• A parte superior deste fondo está decorada con pinturas que representan escenas da Paixón, de fins do s. XV, e boa mostra da arte pictórica castelá desta época.

• O eixe visual e anímico desta capela constitúeo a estatua de alabastro de Martín Vázquez de Arce, semixacente. Morto polos musulmáns nun cerco da vega de Granada, aos 25 anos de idade, no verán de 1486

CLAUSTROS

CLAUSTRO DE SAN XOÁN DOS REIS (TOLEDO)

UNHA EXPLORACIÓN DA ESCULTURA GÓTICA A TRAVÉS DA CATEDRAL DE NOTRE DAME DE PARÍS

Unha sensibilidade máis naturalista e

apegada á realidade irá humanizando as escenas religiosas

PÓRTICO CENTRAL DA CATEDRAL DE NOTRE DAME DE PARÍS

Acentúase o sentido volumétrico das figuras,

as roupas teñen textura

Avánzase na representación de xestos e actitudes, aínda

que os rostros seguen a ser pouco expresivos

as figuras comezan a relacionarse entre si, por medio dun diálogo de xestos e actitudes, que converten as escenas nalgo próximo ao espectador, moito máis naturalista

As figuras vanse desprendendo do marco arquitectónico, buscan a súa emancipación

mobilidade, naturalismo nos xestos e actitudes, volumetría e representación anatómica

CARA A UN NOVO HUMANISMO?

NOTRE DAME DE PARÍS

Escena do Xénese. Eva comendo o froito prohibido,

VOLVE A NUDEZ?

NOTRE DAME DE PARÍS

…e son expulsados do paraíso…o carácter narrativo e didáctico é común a toda a plástica medieval, mais comeza a abrirse paso unha certa idea ou gusto pola beleza física

Mantense o horror ao vacío e a representación de

animais con significado simbólico

Séguese a dispor as figuras no pórtico ocupando todo o

espazo arquitectónico, desprendéndose del, mais protexidas por un pequeno

dosel…

Tamén ocupan as arquivoltas do pórtico…

PÓRTICO DA FACHADA ESQUERDA DE NOTRE DAME