A paisaxe

Preview:

Citation preview

A paisaxe é a forma en que se nos presenta a natureza.Hai dous tipos de paisaxe: a paisaxe natural e a paisaxeartificial ou humanizada.

A paisaxe natural é a que non foi modificada polohome, senón realizada polos elementos naturais (a auga, ovento, a temperatura e as precipitacións).

A auga e o vento desgastan as rochas (erosión) etransportan os materiais arrancados dos lugares altos aosbaixos (transporte) e alí deposítannos (sedimentación).

A temperatura e as precipitacións tamén inflúen nodesgaste das rochas e na presenza ou non de vexetación.

Os elementos da paisaxe natural son: o relevo (formada superficie da Terra), a auga, a vexetación e a fauna.

ELEMENTOS DA PAISAXE

- Relevo: montaña, val, acantilado, praia…- Auga: glaciar, río, lago, mar…- Fauna: falcón, cervo, xabaril, raposo, lagarto, lebre…- Flora: carballo, aciñeiral, piñeiral, salgueiro, silveira…

A paisaxe humanizada é a paisaxe que foi modificada polo home.As paisaxes humanizadas podemos clasificalas en: paisaxes agrarias,paisaxes industriais e paisaxes urbanas.

Paisaxes agrarias: son paisaxes naturais modificadas polo homepara cultivar a terra e coidar o gando. Os seus principais elementosson: os campos, as vilas, as granxas, as casas de campo, os camiños eas estradas. Paisaxes industriais: son as paisaxes naturais modificadas polohome pola construción de fábricas. Os seus principais elementosson: as fábricas e talleres, as canilizacións (de petróleo, gas, auga ouelectricidade) e as vías de comunicación (estradas, autoestradas,vías de ferrocarril…) As industrias soen colocarse nos polígonosindustriais nas aforas das poboacións. Paisaxes urbanas: Son as modificadas polo home para vivir: asvilas e as cidades. Os seus elementos principais son os edificios, asrúas, as prazas, os parques…

AS ZONAS DUNHA CIDADE: O casco antigo ou centro. O ensanche A periferia.

Recommended