A Rata Luísa en Cambados

Preview:

Citation preview

COUSIÑAS FEITAS NA CASA

presenta a:

Luisa Roxelio

e máis

os ratiños

en:

AS VIAXES DA RATA LUISAUn fin de semana en Cambados

A familia de Luisa como é moi viaxeira aproveita para saír unha excusa calquera

Si vai sol… á praia

Si vai sol… á praia, ao monte se hai neve

Se vai sol… á praia, ao monte si hai neve,

e si está nubrado… a onde a idea os leve

Este fin de semana, como vai facer bo tempovan ir dar unha volta para ensinarlle algo aos nenos

Pensan, e falan… (hai que decidir)… e miran no mapa. Hai tanto a onde ir!

CAMBADOS

E, despois dunhas voltas, tocoulle esta vez achegarse a Cambados… disque hai tanto que ver!

Reservan hotel, preparan a equipaxe, e xa están listos para facer a viaxe.

E no seu coche encarnado, o sábado á mañán, entraron na vila… por Fefiñans

Entraron na praza e… vaia sorpresa!

O pazo coa torre

…o arco

…e a igrexa

Despois de mirala botaron a andar, cara ao centro do pobo, pola rúa Real

Na praza de Asorey pararon de novo. A Naiciña, de pedra, chiscoulles o ollo.

Baixaron á Calzada,

Foron ata o concello,

E, os nenos, no parque… pasárono de medo!

Deixándose ir,

por prazas

e rúas,

fóiselles o tempo… Xa pasaban das dúas

Como xa era hora, acordaron comer,

e pola tarde, no coche, foron a San Tomé.

Viron os barcos, deitados na praia,

o pazo do asilo e a escalinata

Achegáronse á Torre

e no areal do Serrido

Viron as ameixas… e os berberichos

Polos Olmos subiron a Santa Mariña

Como lle gustaron

as vellas ruínas!

E desde a Pastora,

mirando ao mar, viron todo o pobo desde aTorre ao Pombal

e A Toxa, e O Grove, as bateas, A Arousa, e na banda do mar, Ribeira e a Curota, e, ao lonxe, Sálvora e o Con de Nor, e aínda máis lonxe, onde se deita o Sol.

A ToxaO Grove

Ribeira A CurotaA ArousaSálvora Con de Nor

SAN TOMÉ CAMBADOS FEFIÑÁNS

Á noite no hotel, na cea, falaron das cousas que viron e do ben que o pasaron

Ao día seguinte erguéronse cedo para ir ver as telleiras que hai en Castrelo

CASTRELO

Non viron gran cousa, a decir verdade

pero gozaron do sitio e máis da paisaxe

Botaron a mañán, que se lles foi en nada, mirando as aves que hai na enseada.

Viron ao bilurico,

á garza real

ao corvo mariño,

ao alavanco,…

ao carrán…

VILARIÑO

Fóronse, á tarde, ata Vilariño a ver unha adega de viño albariño

Fixeron a merenda no con de Sete Pías

E logo foron ver os sartegos de Oubiña

OUBIÑA

Volveron pola Modia para ver, en Corvillón, o muiño da Seca e a posta do Sol

CORVILLÓN

No peirao de Tragove remataron o día vendo perderse ao Sol pola boca da ría.

E con noite pecha, camiño da casa, contan e non paran do fin de semana.

fin

Luisa, Roxelio e os seus rapaces agardan que vos gustara esta súa viaxe

ABUR!

Mon Daporta

Edición patrocinada por

Nadal 2010