Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Preview:

Citation preview

ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN INFANTIL

Modelos Psicoanalíticos Modelos Condutistas Modelos Cognitivos Teoría Sociohistórica Teoría Ecolóxica Teorías Humanistas Enfoque constructivista

Modelos psicoanalíticos

Sigmund Freud (1856-1939). Creador da Tª Psicoanalítica.

Non se ocupou de levar a súa teoría ao campo infantil. Disto encargouse Anna Freud ( a súa filla)

No en tanto parte dos seus principios fundamentais recoñecen que: As experiencias nos primeiros anos de vida son fundamentais para o

desenvolvemento da personalidade. Importancia da educación afectiva e sexual.

Para Freud a educación terá que ter dúas misións: Evitar a represión dos instintos para non contribuir á formación de

personalidades neuróticas. Favorecer o paso do principio de pracer ao de realidade: “controlar os

instintos.

Modelos psicoanalíticosFormación aparato psíquico: os 3 elementos da personalidade

(Freud)

ELLO (o neno/a) Funciona a nivel inconsciente, fai referencia aos

instintos, ríxese polo principio de pracer.

EU (o adulto) Encárgase de controlar o elo. Ten en conta a

realidade. Polo tanto pretende o equilibrio entre os impulsos do

inconsciente e as condicións ambientais

SUPER-EU (o pai) Nela residen os principios morais e éticos das

persoas, o ideal ao que cada un/ha debe esperar.

Modelos psicoanalíticosDesenvolvemento da personalidade para Freud

* O paso dun estadio a outro require a súa satisfacción, senón pode producirse unha interrupción no desenvolvemento e deste xeito quedar fixado nunha determinada etapa tendo repercusións na sexualidade adulta.

Estadio do desenvolvemento

psicosexualCaracterísticas Idade

aproximada

ORAL

A boca é o centro do pracer. O neno/a non só succiona pola necesidade de alimentarse, senón que tamén chupa os obxectos para conseguir un sentimento pracenteiro

0 – 2 anos

ANAL

O interese trasládase ao control de esfínteres. Os nenos teñen curiosidade polas súas heces como algo propio. Góstalle retelas pola sensación pracenteira da contracción e a relaxación dos músculos.

2 – 3 anos

FÁLICO

A zona eróxena predominante son os xenitais, o pene nos nenos e o clítoris e a vulva nas nenas. Mostran interese polas funcions dos xenitais e polas diferenzas anatómicas do sexo oposto. Coincide polo denominado complexo de Edipo.

3 /4 – 6 anos

DE LATENCIA

Funcionan xa as tres estruturas psíquicas: ello, eu e supereu. Durante o periodo de latencia os desexos sexuais quedan durmidos. Os seus intereses céntranse na actividade escolar e as relacións con outros nenos/as, preferentemente do seu mesmo sexo.

6 -pubertade

XENITAL

Culminación da evolución sexual. A gratificación erótica pode incluir orgasmo sexual. Pubertade

Modelos psicoanalíticosMomentos críticos na etapa infantil

Destete John Bowlby: formación dos vínculos afectivos entre bebé e nai

maniféstanse nunhas condutas que denominamos de apego. Donald W. Winnicott: fala da impotancia dos obxectos

transicionias

Adaptación á Escola Infantil Control de esfínteres As relacións cos irmáns e irmás A constatación das diferenzas sexuais A aparición do instinto de saber ou investigación

Modelos psicoanalíticosEducación Infantil

Vera Schmidt Moscova (concepción reichiana e marxista). Establece tres obxectivos básicos na E.I. : a) Progresiva adaptación á exixencias da realidade:

aprender a esperar, respectar os obxectos dos compañeiros, compartir a atención da educadora, etc.

b) O control dos procesos de excreción c) A preparación e sublimación das tendencias

instintivas infantís (do pracer á realidade): Educación autoritaria = consecuencias na personalidade. Satisfacción dos desexos sustituíndoos por formas socialmente

aceptables

Modelos psicoanalíticosA experiencia de Summerhill ( 1921)

Fundador A.S. Neill (1883 – 1973)

O SEU LEMA:

“Educación en liberdade e para a liberdade”: a infancia debe poder expresarse libremente e regular de xeito autónomo as súas necesidades

A experiencia de Summerhill ( 1921)

PUNTO DE PARTIDA: crítica á escola tradicional e á sociedade capitalista.

Defínese como: Unha estrutura comunitaria que está contra a xerarquía, a

relixión e o exército,..e a favor da igualdade, liberdade, o amor e a vida.

Experiencia de educación antiautoritaria, reformismo extremo e non directividade.

A experiencia de Summerhill ( 1921)

Para Neill: o autoritarismo e a represión son os encargados de adaptar ao neno/a a unha sociedade demente e enferma:

Na familia: téndese a facer cidadáns sumisos.

Na escola: prolongación da casa, transmite valores e cultura baseados na sumisión e na mentira e nenos/a pouco creativos.

A Escola Nova: fai o mesmo pero dun xeito máis sutil, impoñendo un autoritarismo de tipo paternalista.

A experiencia de Summerhill ( 1921)Funcionamento mínimo.

Internado-casa (50-60 nenos/as de 4 a 17 anos)

Imposicions mínimas: horarios de sono e comida.

Aplícase o principio “vive e deixa vivir”

Autogobernada pola asamblea de alumnos/as na que tamén participan os profesores/as

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

LIBERDADE

Os nenos/as poden facer o que queiran mentres non invadan a liberdade dos demáis.

A liberdade regúlase na asamblea.O neno/a ten dereito a vivir a súa propia vida

pero non a perturbar a dos seus compañeiros/as e a dos seus pais

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

AUTORREGULACIÓN (síntese entre liberdade individual e autocontrol)

Un neno/a autónomo aprenderá por si mesmo o que é bo e o que é malo, o que lle convén e o que non.

Todos/as os nenos e as nenas teñen capacidade para autorregularse sempre que as condicións externas sexan axeitadas

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

AUTOGOBERNO: trátase de que o grupo escolar aprenda a autorregularse.

Son os propios nenos/as os que crean as normas e os que se encargan de que se cumpran.

Baseado na asamblea en un tribunal elixido pola asamblea, que cambia cada semana, encargado de estudar as infraccións que se produzan e sancionar no seu caso.

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

Educación emocional:“corazóns, non só cabezas na escola”

Eliminar o medo ao pracer e á vida impedindo os sentimentos de culpabilidade.

Supresión dos castigos: “o castigo é sempre un acto de odio, e u odio non pode xerar senón odio”.

Liberdade e amor son a clave: producen un ambiente terapéutico, de seguridade, confianza e simpatía sen reproches.

A experiencia de Summerhill ( 1921)Ensino.

Lugar secundario Todas as clases eran optativas, non existían graos

académicos nen cualificacións. Os alumnos/as que decidían ir a clase recibían unha

ensinanza tradicional (para Neill os métodos modernos coartaban a liberdade).

Non lle interesaba a aprendizaxe de materias convencionais, hai que pretar máis atención á psicoloxía do neno/a.

Cuestiónase a primacía do traballo por riba do xogo.

A experiencia de Summerhill ( 1921)Actividades

Fundamental “O XOGO”: a ausencia de xogo ou as poucas gañas de xogar son signos de inhibicións neuróticas (represións, sentimentos de culpa,..):

O xogo libre: proporciona pistas sobre o desenvolvemento da personalidade do neno/a.

Actividades expresivas: debuxo, modelado, construccións, dramatizacións,..

Actividades libres e espontáneas: o xogo de roles

Modelos condutistasPunto de partida

Baséanse na análise da conduta como feito observable e a influenza do ambiente sobre os factores herdados.

A aprendizaxe é un proceso de modificación de conduta que se vai rexir polos seguintes mecanismos:

Condicionamento clásico (J.B. Watson, 1878-1958). Condicionamento operante ou instrumental (B. F. Skiner,

1904-1990) Aprendizaxe por observación (A. Bandura, 1925)

Modelos condutistasCondicionamento clásico

É un proceso básico de aprendizaxe que serve para analizar os estímulos que soen acompañar determinados sucesos como porqué os animais aprenden a achegarse aos sinais de comida ou fuxir do perigo.

Ivan P. Pavlov (1849 -1936) e o experimento dos cans.

Modelos condutistasJ. B. Watson (1878-1958): Condicionamento clásico

A psicoloxía ten que limitarse a estudar aspectos que poden ser observados polas condutas, é dicir, estímulos e respostas.

Interveñen os seguintes elementos:

Estímulo incondicionado (EI): calquera estímulo que suscite de forma automática unha resposta non aprendida. É dicir, unha resposta incondicionada.

Resposta incondicionada (RI): non aprendida por un EI. Exemplo: EI RI

(comida) (salivación)

Estímulo condicionado (EC): estímulo orixinariamente neutro pero que ao asociarse cun EI, chega a producir unha resposta condicionada (RC).

Exemplo: EN (campana) EI (comida) EC RC (salivación)

PRINCIPIO EDUCATIVO: dous feitos que se producen simultáneamenteen repetidas ocasións, quedan asociados. Este feito aparece en moitas dasnosas aprendizaxes sobre todo de tipo emocional.

Modelos condutistasCondicionamento operante ou instrumental

Baséanse tamén na asociación pero afirman en que dita asociación vai depender das consecuencias para o individuo.

Edgar Thorndike e o experimento dos gatos.

B.F. Skinner: denomina como condicionamento operante xa que require que os suxeitos sexan activos sobre o medio en lugar de permanecer pasivos como no clásico:

Refírese aos estímulos como reforzos que fan máis probable a aparición dunha resposta.

Os reforzos poden ser: materiais, sociais ou actividades.

Modelos condutistasCondicionamento operante ou instrumental

Reforzador: calquera suceso que segue a unha conduta e aumenta as oportunidades de que esta volva a presentarse:

Reforzo positivo: fortalecemento da conduta pola presentación dun estímulo desexado posterior a esta conduta.

Reforzo negativo: cando o que fortalece á conduta é a sustración dun estímulo.

Castigo:conduta seguida dun estímulo aversivo, no futuro é menos probable que se repita unha situación similar.

Condutas de evitación e escape, resposta dun suxeito para impedir a aparición dun estímulo desagradable.

Extinción, cando unha conduta non consegue ningunha consecuencia positiva se extingue e desaparece.

Modelos condutuais-cognitivosAprendizaxe por observación (Bandura)

Tamén chamada Tªda aprendizaxe social. “os nenos/as aprenden observando o que fan os

adultos ou os outros nenos/as, sen sofrir as consecuencias das súas actuacións, senón percibindo as consecuencias nos demáis”.

Isto é aprendizaxe por observación, aprendizaxe vicario ou modelado.

“Sensación de autoeficacia”: xulgarse como capaz de executar unha conduta incrementa o éxito na mesma.

http://www.youtube.com/watch?v=3M5MeTiMNzw

Modelos condutuais-cognitivosAprendizaxe por observación (Bandura)

Na aprendizaxe por observación podemos distinguir dúas fases:

É preciso que o que aprende preste atención e percibe as características da conduta do modelo.

A segunda fase sería a execución da conduta por parte do observador/a.

Cara os anos 80 foi superando o condutismo puro

dando máis importancia aos procesos mentais internos.

Modelos baseados na Tª cognitivaIntrodución

A Tª cognitiva pretende estudar os procesos internos do suxeito que interveñen na aprendizaxe a diferenza do condutismo baseado en variables externas.

A principais aportacións da Tª cognitiva á educación son: Céntranse en intentar entender os procesos e estruturas mentais

implicados no coñecemento. Hai que establecer conexións entre as aprendizaxes escolares e as

que proveñen da vida cotián. Necesidade de coñecer o desenvolvemento cognitivo dos nenos/as. Procurar que o alumnado atope sentido ás aprendizaxes escolares.

Modelos baseados na Tª cognitiva Jean Piaget

Fundou a Escola de Xenebra.

Intentaba explicar teóricamente a xénese e o desenvolvemento da intelixencia humana.

É un dos pensadores que máis ten enriquecido a educación infantil

Modelos baseados na Tª cognitiva Psicoloxía Xenética

Tamén denominado “constructivimo xenético”, afirma que ningún coñecemento está preformado:

O coñecemento é unha construcción que se produce pola interacción entre suxeito e obxecto.

O coñecemento é resultado dun proceso activo no que participa o organismo.

En definitiva: a aprendizaxe é a resultante de: ORGANISMO (maduración fisiolóxica e psicolóxica )

+ estimulacións do medio social

Modelos baseados na Tª cognitiva Factores que interveñen no desenvolvemento psicolóxico

A maduración biolóxica: ten que ver co grao de maduración do sistema nervioso e os factores que recibimos por herdanza xenética.

As experiencias cos obxectos: o neno/a logra o coñecemento físico actuando directamente sobre os obxectos e descubrindo como reaccionan.

A transmisión sociocultural: transferencia da nosa cultura (cando lles falamos,aprenden a lingua, cantamos, respostan a preguntas sobre a realidade, as normas de convivencia, a través da súa propia observación)

Equilibración ou factores de equilibrio: tendencia das persoas a adaptar a súa organización cognitiva ante o medio. O que lle fai crecer intelectualmente con novos coñecementos.

Modelos baseados na Tª cognitiva Conflictos cognitivos

Coñece

pero non coñece..

Equilibrio

?

Conflito

?

Reorganización

Novo coñecemento

Equilibrio

Modelos baseados na Tª cognitiva Estadios de desenvolvemento da intelixencia

Estadio Sensoriomotor

-Comeza a facer uso da imitación, memoria e o pensamento.-Comeza a recoñecer que os obxectos non deixan de existir cando son ocultados.-Pasa das accións reflexas ás accións dirixidas a metas

0 a 2 anos

Estadio preoperacional

-Desenvolvemento da linguaxe.-Desenvolvemento do pensamento simbólico.-É capaz de pensar lóxicamente en operacións sinxelas (reversibilidade,conservación da materia,..).-Resúltalle difícil considerar o punto de vista de outra persoa.

2 a 7 anos

Estadio das operacións concretas

-É capaz de resolver problemas concretos de forma lóxica.-Entende as leis da conservación e é capaz de establecer series e clasificar.-Entende a reversibilidade.

7-11 anos

Estadio das operacións

formais

-É capaz de resolver problemas abstratos de xeito lóxico.-O seu pensamento faise más científica (hipotetiza)-Desenvolve interese polos temas sociais, identidade.

11- adultez

Modelos baseados na Tª cognitiva Escola de Xenebra: Actividades para a Educación Infantil

Parécenlle interesante as actividades da vida cotián e as clásicas como o xogo libre, coidado de xardíns, debuxo libre, contos, cancións e xogos con contruccións,etc.

Derivadas da Teoría de Piaget: Actividades para desenvolver o coñecemento físico: materiais para manipular

e experimentar as características dos obxectos: cor, peso, tamaño, texturas. As súas posibildades de facer movementos físicos: caer, rodar, botar, tirar, etc.

Actividades para o desenvolvemento moral e a cooperación interpersoal: xogos en grupo non competitivos e de imitación e algúns competitivos como escondite, carreiras, adivinanzas, etc.

Actividades para facilitar os procesos de razonamento lóxico: copiar, facer formas con pauciños, ordenar, clasificar, etc.

Actividades que se poidan realizar por ensaio-erro, xa que o importante non son as respostas correctas, senón a capacidade de razonamento dos nenos/as

Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo. David Ausubel (1918-2008)

Aprendizaxe significativo = Aprendizaxe memorístico

PRINCIPIOS: O neno/a aprende cando é capaz de darlle sentido e significado á

súa aprendizaxe. O neno/a da significado á súa aprendizaxe cando establece

relacións entre o que xa sabe (coñecementos previos) e o que está aprendendo (novo coñecemento).

Os contidos deben ser funcionais é dicir que o neno/a dtecte que ten unha utilidade práctica.

En todo este proceso o neno/a é un axente activo.

Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo: o papel da educadora

Partir das características dos nenos/as, das súas necesidades e intereses.

Presentar contidos e actividades de xeito ordenado e acorde co nivel dos nenos/as e dos seus coñecementos previos.

Provocar conflitos cognitivos.

Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo na Educación Infantil

Crear situacións significativas: a vida diaria, o xogo ou a exploración do medio.

Introducir novedades que interesen aos nenos/as e que lles provoque preguntas a partires da cales xurdan actividades.

Axudarlle a observar e verbalizar o que fan.

Jerome Bruner 1915 A andamiaxe

J.Bruner: acuñou o termo de “andamiaxe” para referirse á AXUDA AXUSTADA proporcionada polo adulto mentres intentan comprender. Pode consistir en proporcionar claves, recordatorios, dar ánimo, dividir o problema en pasos, ofrecer exemplos ou calquera outra cousa que favoreza a autonomía.

Lev S. Vigotsky

O desenvolvemento cognoscitivo depende da:

INTERACCIÓN: as relacións coa xente que está presente no mundo do neno/a.

CULTURA: as ferramentas que a cultura da para apoiar o seu pensamento (sobre todo a linguaxe)

“Os nenos/as non aprenden da exploración solitaria do mundo, senón ao apropiarse, ao facer para si os xeitos de actuar e pensar que a cultura lles ofrece”

Modelos a partir da TªSociohistórica Lev S. Vigotsky

A educación é decisiva e promotora do desenvolvemento. Describe dous niveis no desenvolvemento do neno/a:

Zona de Desenvolvemento Real (ZDR): o que o neno/a é capaz de facer por si só.

Zona de Desenvolvemento Próximo ou potencial (ZDP): o que o neno/a é capaz de facer se recibe axuda.

ZDR

ZDP

Axuda

Modelos a partir da TªSociohistórica Lev S. Vigotsky. Implicacións para a educación

Creación de ambientes de aprendizaxe: Organización de espazos, materiais e actividades que

supoñan pequenos retos para os nenos/as.

Aprendizaxe imitativo: polo que unha persoa trata de imitar a outra.

Aprendizaxe instruído: quen aprende internaliza as instruccións da educadora.

Aprendizaxe colaborativo: polo que o grupo esfórzase por comprender e resulta tan beneficioso o proceso como os resultados para todos/as os membros.

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Considera determinante o contexto que rodea ás persoas e a infuenza do ambiente na aprendizaxe.

Bronfenbrenner desenvolve a “Teoría Ecolóxica de Sistemas” segundo a que a conduta da persoa pode explicarse polas relacións que establece co seu contorno.

As persoas estamos imbuídas en sistemas de relacións que se superpoñen e que poderíamos clasificar do seguinte xeito:

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Crenzas culturais, leis, mitos, valores dunha sociedade

Contornos máis próximos nos que se establecen relacións: barrio, localidade, cidade,..

Relación entre dous ou máis microsistemas que inflúen nos nenos/as: familia-escola

Inclúe as relacións máis cercanas e íntimas do neno/a co seu contorno: familia, grupos de iguais, aula,..

Macrosistema

Exosistema

Mesosistema

Microsistema

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Un exemplo

Sociedade galega: relixión, lingua, costumes….

Familia

Escola

Familia

Redondela

Laboral

Escola

Familia

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Aportacións á educación: Considerar o contexto físico e sociocultural na

intervencion educativa. Necesidade de intervir educativamente en

contextos non formais. Buscar xeitos de establecer canles de

comunicación coas familias. Aproveitar os recursos que nos ofrece o contorno

para a actividade educativa.

Modelos HumanistasIntrodución

Os modelos baseados ha teoría humanista entenden que a persoa hai que considerala globalmente tanto no seu aspecto cognitivo como afectivo.

Concede moita importancia a aspectos como a liberdade e a realización persoal.

Modelos Humanistas

Carl Rogers (1902-1987): o individuo é o único que ten a chave do seu propio desenvolvemento, o educador/a ten que acompañar e apoiar afectivamente para que o neno/a atope o seu camiño adoptando unha actitude non directiva.

Abraham Maslow (1908-1970): o obxectivo da educación sería que a persoa chegase a autorrealizarse, pero isto non é posible se previamente non se cubriron outras necesidades.

http://www.youtube.com/watch?v=WBAd99v9mn4

Enfoques constructivistas

Son distintos modelos e perspectivas que defenden a idea de que o suxeito conta cunha organización cognitiva que se reorganiza na medida en que o suxeito interacciona co medio.

Neste sentido o suxeito é activo na elaboración do seu coñecemento.

As aportacións máis relevantes a este enfoque proveñen de: Psicoloxía xenética (Jean Piaget, 1896-1980) Enfoque sociocultural ou sociohistórico(Lev S.

Vygotsky,1896-1934) Teoría da aprendizaxe significativa ( David Ausubel,

1918-2008)

Enfoques constructivistasImplicacións educativas

Realización de tarefas auténticas da vida real que sexan significativas.

Aprendizaxe cooperativa.

Aprendizaxe por indagación: baseado en problemas. En infantil: metodoloxía de proxectos.

FIN

….que bonito isto, non?

ala, saudiños……

Recommended