Acivro (Ilex aquifolium)

Preview:

Citation preview

acivro (Ilex aquifolium)

acebohollyhoux

azevinho

CLASEAnxiospermasORDECelastralesFAMILIAAquifoliáceas

Árbore propia de zonas de montaña, de copa cónica, ramificada desde a base, e coa follaxe moi densa cando medra illado. Pode acadar os 5 m de altura.

TALOtoro recto coa tona lisa de cor verde-gris e coas ponlas máis verdes.

FOLLASSimples e alternas, coirentas e brillantes, co limbo de forma elíptica coa beira dentada e espiñenta e cor verde escura. Nas ponlas altas dos exemplares adultos aparecen follas sen espiñas.

FLORESSon xeralmente unisexuias e nacen en pés separados. Son de cor branca-rosada, con catro sépalos e catro pétalos e aparecen nas axilas das follas, illadas ou en acios. Nos exemplares masculinos teñen catro estames, no femininos un pistilo globoso e nos hermafroditas todo xunto

FROITOSSon drupas especiais (formadas a partir dun ovario con varios carpelos) de forma esférica e cor encarnada de menos de 1 cm de diámetro. Maduran a mediados de outono e permanecen moito tempo na árbore.

CICLO ANUAL-ACIVRO

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Os acevedos, acibeirais ou xardoais son bosques onde domina o acivro. Son pequenos bosques moi pechados e escuros que se sitúan por riba dos 1.000 m de altitude preferentemente en zonas sombrizas. Pódense atopar no Xistral, Os Ancares, O Invernadeiro e Pena Trevinca.Os acivros cumplen un importante papel ecolóxico como refuxio e alimento de animais. En estado silvestre están protexidos.

Fraga de Cabana Vella (Os Ancares) onde se atopan exemplares de acivros moi vellos.

Avesedo de Donís (Cervantes, Os Ancares)

Avesedo de Donís (Cervantes, Os Ancares)-3,20 m de perímetro.

Avesedo de Donís (Cervantes, Os Ancares)

Avesedo de Donís (Cervantes, Os Ancares)

Avesedo de Donís (Cervantes, Os Ancares)

Pazo de Casanova. (Bermás de Arriba, O Pino) -17,60 m de altura; 2,47 m de perímetro.(P)

Rioaveso(Vilalba-Lugo)-2,10 de perímetro.

Casa da Quinta (Folgoso, Lousada, Xermade)-3,25 m de perímetro.

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla(Vedra; A Coruña)

Mourín(Camariñas)-1,52 m de perímetro

USOSEmpregada como árbore de sebes e de xardín. A madeira foi moi apreciada para tornear. Coa parte interna da tona facíase o visgo ou liga para cazar paxaros.En mediciña tradicional usábanse as follas como laxantes e diuréticas e os froitos como purgantes.CURIOSIDADESAs follas e os froitos son tóxicos para as persoas.

As folerpas auleando polos cómaros,aristas do silencio como espías,mandan a súa mensaxe ao corazón do solitario:vermello do grial en río quenteconmovendo as raices dos acibos.

Manuel Lourenzo en “Santuario”MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta

MONTAXE e FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

Maio 2015

Recommended