Arbores da Pastora-Cambados

Preview:

Citation preview

ÁRBORES e outras especies perennes

DA PASTORA

Como teño pouco tempo “O inverno xa está á porta” non vos vou ir máis alá que ao monte da Pastora.

E na Pastora, veremos as árbores e outras plantiñas igual de interesantes.

Chopo branco, lamagueiro, álamo (Populus alba). Orixinario de Centroeuropa e Asia Menor. Plántase como ornamental. Na metade sur de Galicia aparecen algúns exemplares naturalizados. Hai un grupo de 6 na entrada, á dereita do camiño principal, outro só na área de xogos e outros dous no campo da capela.

Amentos masculinos

Plátano de sombra (Platanus hispanica). Híbrido orixinado polo cruce de P. occidentalis e P. orientalis. Plántase como ornamental. Hai exemplares podados, formando unha carreira aos lados do camiño de subida, un sen podar ao remate do camiño á esquerda e outro na zona de xogos.

Follas e froitos

Piñeiro manso (Pinus pinea) Orixinario do Mediterráneo. Atópase naturalizado, pés illados ou en pequenos grupos, na metade oeste de Galicia. As sementes, os piñóns, cómense. Hai 3 grandes e un pequeño á esquerda do camiño principal, por enriba da zona de xogos, 4 máis, en dous grupos, na croa e outro ao remate dunha terraza.

piñóns

Piñeiro bravo, piñeiro do país (Pinus pinaster). Orixinario do oeste do Mediterráneo. Atópase plantado e naturalizado por toda Galicia. Hainos por todo o monte, principalmente na metade sur.

Conos femininos

Conosmasculinos

piñas

Piñeiro de Monterrei, piñeiro de repoboación (Pinus radiata). Orixinario de California. plantouse para repoboar por todas as zonas de invernos suaves. Na Pastora hai un pequeno grupo e dous exemplares illados, o máis grande está na segunda terraza.

Follas, piñóns e piña

Cedro do Himalaia (Cedrus deodara). Orixinario do Tibet. Ornamental. O único exemplar atópase á dereita do punto onde se xuntan o camiño de subida e o que ven do aparcamento.

piña

Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Orixinario do norte de África. Ornamental. Hai dous entre o camiño de subida e a área de xogos.

Conos femininos

piñas

Conos masculinos

Abeto vermello, picea (Picea abies). Orixinaria do norte e leste de Europa. Plántase como forestal e ornamental. Os exemplares da Pastora son árbores de Nadal replantados, atópanse varios á esquerda do camiño de subida e outros no espazo que hai entre a capela e o cume.

Cono feminino

piñas

Sabina (Juniperus phoenicea). Orixinaria do Mediterráneo. Plántase como ornamental. Hai catro á dereita do camiño de subida. Os xenebreiros son coníferas que producen gálbulos carnosos que se utilizan para aromatizar bebidas alcohólicas (xinebras). Nas montañas máis altas de Galicia medran pés rastreiros de xenebreiro común.

Inflorescenciamasculina

Gálbulos maduros

Tuia (Thuja occidentalis). Orixinaria dos EE. UU. E de Canadá. Plántase como ornamental e para facer sebes. Hai uns exemplares tapando o noiro entre o aparcamento e o camiño de subida e unha carreira aos lados do camiño ao mirador

Tuia xigante (Thuja plicata). Orixinaria do oeste dos Estados Unidos. Pode acadar gran altura. Plántase como ornamental. Hai unha pequena, con follas variegadas, a da dereita, no grupo das que cobren o noiro ao pé do aparcamento e outra, tamén á dereita, na carreira do camiño que sobe ao miradoiro.

Falsa acacia, acacia americana (Robinia pseudoacacia). Orixinaria de Norteamérica. Atópase naturalizada sobre todo polo litoral. Hai un bo grupo arredor da capela e outros exemplares illados.

flores

froitos

Eucalipto (Eucaliptus globulus). Orixinario de Australia. Plantado e naturalizado por todas as partes baixas próximas á costa. Varios exemplares de bo porte atópanse nunha parcela lindante coa zona pública, dous no mallón que da ao desmonte e un, moi desmedrado, enriba do noiro ao pé do aparcamento.

flores

froitos

Acivro (Ilex aquifolium). Forma pequenos bosques nas serras orientais e atópanse exemplares nos bosques por toda Galicia. Tamén se planta como ornamental. Na pastora hai dous: un atópase ao pé do valo na zona de xogos e outro entre os edificios ea segunda terraza.

Loureiro (Laurus nobilis). Atópase sobre todo en lugares sombrizos, con humidade, por toda a zona litoral e vales dos ríos. Hai exemplares plantados e naturais en distintas partes do monte.

froitos

flores

Ulmeiro, negrillo (Ulmus minor). Plantado como ornamental e naturalizado, sobre todo na provincia de Ourense. Hai un único exemplar na zona de xogos.

flores

froitos

Sobreira, corticeira (Quercus suber). Atópase polo sur de Galicia e o val do Sil, polas rías baixas e polos vales dos ríos que as forman. Na Pastora hai un exemplar moi antigo no cume, tres máis ás beiras do camiño que sube ao miradoiro e outros de recente plantación na croa. A tona da sobreira é a cortiza.

flores

Follas e froito

Carballo (Quercus robur). É a árbore máis típica de Galicia. Hai carballos por todo o monte, pero o grupo máis representativo atópase na aba do leste.

flores

landras

Carballo americano dos pantanos (Quercus palustris). Orixinario de Norteamérica. Plántase como forestal e ornamental. Hai dous exemplares á esquerda do camiño ao empezar a subida.

Carballo americano (Quercus rubra). Orixinario de Norteamérica. Plántase como forestal e ornamental. Hai bastantes exemplares repartidos por todo o espazo os máis grandes atópanse entre a capela e as terrazas.

Castiñeiro, castañeiro (Castanea …). Orixinario do sur de Europa e do leste de Asia, cultívase polas castañas e pola madeira. Na Pastora hai un pequeno grupo de híbridos, á dereita do camiño de subida, e algún exemplar de C. sativa na parte de atrás da capela.

Flor feminina

Bidueiro (Betula alba). Atópase por toda Galicia, pero é máis abundante na metade leste e nas zonas de media altura, e máis escaso na costa oeste. Na Pastora hai un na esquina do aparcamento, varios exemplares á dereita do camiño de subida aos lados do que sube ao miradoiro e outros entre a capela e o cume.

Flores: as inflorescencias masculinas son as que colgan e as femininas as que se manteñen ergueitas

froitos

A cor branca da tona distingue aos bidueiros.

Freixo de flor (Fraxinus ornus). Orixinario do sur de Europa e o oeste de Asia. Ornamental. Na Pastora hai dous exemplares na zona entre a capela e o cume, un á dereita e outro á esquerda do camiño.

Inflorescencia

froitos

Freixo (Fraxinus excelsior). Orixinario de Europa e u oeste de Asia. Vive en ribeiras e sitios frescos e húmidos. En Galicia é máis común na metade norte. Hai tres na zona de xogos.

Folla composta

flores

froitos

Érbedo (Arbutus unedo). Atópase nas zonas máis secas de Galicia. Os froitos son comestibles. Hai varios exemplares repartidos pola metade sur.

flores

froitos

Estripo (Crataegus monogyna). Atópase por toda Galicia en bosques e sebes. Hai un ao pé do con da cruz, no cume, e outro no mallón dunha das terrazas, ao leste.

Ameixeira brava (Prunus domestica) Atópase en sebes e matogueiras. Hai 3 exemplares no beiral, ao final da primeira terraza.

Pereira brava (Pyrus cordata). Atópase en sebes, matogueiras e fragas. Hai varios exemplares localizados na mesma zona ao remate das terrazas.

Cerdeira, cereixeira (Prunus avium). Habita en bosques e sebes das serras orientais. Hai un exemplar á esquerda da capela, outro entre a capela e o cume, e un máis na croa.

Ameixeira de folla vermella (Prunus cerasifera var. pissardii). nativa de Europa central e do leste, e de Asia do surleste e central. Plántase como ornamental pola cor das follas e porque florece moito e moi cedo, pero tamén produce froitos comestibles. Na Pastora hai dúas á beira do camiño que pasa por debaixo da segunda terraza.

PIRACANTA (Pyracantha coccinea). Orixinaria do sudeste de Europa e do sur de China. Plántase como ornamental e para formar sebes. É un arbusto con pequenas ponlas transformadas en espiñas que se cubre de flores na primavera e de froitos alaranxados e brillantes no outono que serven de alimento aos paxaros no inverno.

Buxo (Buxus sempervirens). Hai uns exemplares moi recortados na sebe entre a segunda e a terceira terraza.

Sabugueiro (Sambucus nigra). Forma parte das sebes de lugares frescos e húmidos. Atopamos un á esquerda da porta que hai no valo ao pé do edificio e outros dous por debaixo do valado metálico, un deles atofegado pola ipomea.

Pradairo (Acer pseudoplatanus). Atópase en fragas da metade leste de Galicia e plántase como ornamental. Os da Pastora son moi pequenos e están aos lados da segunda terraza.

Tilleira (Tilia x vulgaris). Orixinario de Europa. Ornamental. A infusión de tila faise coas flores. Hai varios exemplares: dous na croa, dous a beira do camiño que pasa pola terceira terraza, outros na aba oeste, un máis na segunda terraza e outro no recanto do leste.

flores

froitos

Liquidambar (Liquidambar styraciflua). Orixinario de Norteamérica. Plántase como ornamental. Só hai un exemplar no aparcamento.

Flores: as masculinas son as ergueitas e as femininas as que colgan.

froito

Acacia negra (Acacia melanoxylon). Orixinaria de Australia. Invasora que se distribue pola zona litoral. Atópanse cinco exemplares grandes e outros pequenos á dereita do camiño de subida e un pequeno a beira do camiño do sur.

Ligustro (Ligustrum vulgare). Orixinario das áreas secas de Europa. Hai un exemplar na zona de xogos, e outro, medio afogado pola ipomea, por debaixo do valado metálico.

Hedra (Hedera helix). Trepadora común que pode medir ata 50 m. é unha especie relicta da Era Terciaria que pedra por todas partes gabeando por árbores e paredes gracias ás raíces aéreas que lle xurden no talo. Existen tamén variedades de cultivo coas follas de diferentes formas ou variegadas. Florece no outono. Os froitos son tóxicos para as persoas.

Adelfa (Nerium oleander). Orixinaria do Mediterráneo. Plántase como ornamental. Toda a planta é venenosa se se come.

Viburnum tinus. Orixinario do Mediterráneo. Plántase como ornamental porque florece case todo o ano. Os froitos son tóxicos. Hai dous exemplares moi estragados á dereita do camiño principal detrás dos castiñeiros.

Evónimo (Euonymus japonicus). Orixinario do Xapón, China e Corea. Plántase como ornamental en América e Europa para formar sebes porque soporta ben as podas. Hai tres exemplares no entorno da zona de xogos.

Herba da pampa, plumeiro (Cortaderia selloana). Orixinaria da Pampa sudamericana. Plántase como ornamental polas súas panículas florais, pero é unha planta que se extende moi facilmente converténdose en invasora. Atópanse á dereita do camiño de subida.

Acanto, herba xigante (Acanthus mollis). Orixinaria da costa mediterránea plántase como ornamental e cultívase como mediciñal. Hai un exemplar ao pé do edificio,outros no noiro á esquerda da entrada e un grupo no desmonte debaixo da zona de xogos.

Hortensia (Hydrangea hortensia). Orixinaria de China e Xapón. Existen numerosas variedades que se plantan como ornamentais en Europa occidental. As inflorescencias están formadas por brácteas coreadas que rodean flores masculinas e estériles, por enriba, e flores femininas, sen brácteas, por debaixo. Hai varios plantas ao pé do edificio.

Brácteas coreadas dunha flor estéril

Flor feminina xa fecundada

Xilbarbeira, azoutacristos (Ruscus aculeatus). Ten as ponlas aplanadas e con forma de folla nelas saen as flores e os froitos. Hai uns exemplares ao pé do edificio, outros no mallón da segunda terraza e restos de algún máis nos beirais.

Ipomea, campaíñas (Ipomea purpurea). Orixinaria de México e Centroamérica. Plántase como ornamental e compórtase como invasora. Na Pastora ocupa todo o espazo do valado metálico e exténdese polos arredores.

Escalonia (Escalonia rubra). Orixinaria de América do Sur. Plántase como ornamental ou en sebes porque bota moitas flores e polo aspecto que lle dan as ponlas curvadas. Hai unha á dereita do camiño de subida debaixo do cedro e dúas máis debaixo dos castiñeiros.

Abelia (Abelia x grandiflora). Cultivar híbrido de dúas especies orixinarias da China. Na Pastora hai tres plantas: dúas, debaixo dos castiñeiros, á dereita do camiño da entrada e outra á esquerda do camiño do miradoiro, preto do cume.plántanse pola súa abundante floración.

Agave, piteira (Agave americana). Orixinaria de México. Existen algúns exemplares naturalizados na costa galega. Plántase como ornamental. Florece aos 10 ou máis anos e logo morre. Na Pastora hai un só pé plantado no mallón á esquerda da entrada.

Pita, iuca (Yucca gloriosa). Orixinaria da costa oeste dos Estados Unidos. Plántase como ornamental. Hai dúas no desmonte que hai por debaixo da zona de xogos.

(Crassula ovata). Orixinaria de Sudáfrica. Na Pastora hai unha que plantou alguén a quen lle estorbaba na casa. Non está nun sitio moi apropiado pero medra bastante ben e ata florece algún ano.

Espadana fedorenta (Iris foetidissima). Medra en lugares secos e areosos. Hai un bo grupo a carón da parede do sur da capela e unha mouta no punto onde o camiño que vai ás terrazas cruza o valo

Agapanto, lirio africano (Agapanthus africanus). Orixinaria de Sudáfrica. Plántase como ornamental polos talos coroados de flores azuis, aínda que xa hai cultivares de flores amarelas e brancas. Na Pastora hai dous un a cada lado do acceso principal.

A pesar do empeño civilizador-exterminador do concello, que cada ano arrasa, polo menos dúas veces, canto nace ou vive fóra do que os encargados de manexar as desbrozadoras consideran digno, resisten, medran e ata florecen algunhas plantas propias do lugar e non menos importantes.

XESTA, MAIO (Cytisus scoparius). É unha das plantas das flores do maio. Atópanse pola metade sur máis seca, do monte.

Xesta, maio (Cytisus striatus). É a outra planta dos maio distínguese da anterior polas follas e polos froitos que nesta especie están cubertos de pelos

Codeso (Adenocarpus lainzii). Medra, mesturado cos toxos, na metade sur do monte.

Toxos (Ulex europaeus) .Florece no inverno e na primavera, a subespecie latebracteatus é endémica de Galicia e o norte de Portugal, e Ulex gallii). Florece en maio e xuño.

Chuchameles (Lonicera periclymenum). Atópase silvestre por toda Europa. Ten unhas flores chamativas, olorosas e productoras de nectar que aproveitan os insectos pero que tamén chuchan os rapaces, de ahí o nome. Os froitos, vermellos e brillantes, son tóxicos. Os máis grandes da Pastora atópanse ao pé do con do miradoiro da zona de xogos e hai outra planta máis pequena preto do con da cruz.

Trovisco (Daphne gnidium). Atópase en beirais e matogueiras da zona máis próxima ao mar e nas áreas secas. As follas e os froitos son venenosos. As plantas da Pastora están no remate da primeira terraza.

Carrasca, carpaza (Cistus salvifolius). Medra nos terreos secos de preto do cume e da aba oeste.

Carpaza amarela (Halimium lasianthum). Medra pola aba oeste, entre os toxos.

Carrascos, breixo (Erica cinerea). Medra por toda a metade sur e oeste do monte. É o breixo máis común e abundante en Galicia.

Silveira (Rubus ulmifolius) Medra silvestre por todas partes ocupando valos, sebes e baldíos. Os froitos, as amorias, son comestibles apreciados polos rapaces e os paxaros tamén se apañan para facer para facer doces, xaropes e marmeladas. Existen cultivares sen espiñas. Hainas nos mallóns e nos valos.

Herba das doas (Lithodora postrata). Florece nos sitios secos. Na Pastora atópase na parte alta e entre os toxos.

Daboecia cantabrica. Florece nos sitios secos. Na Pastora atópase por entre os toxos.

Espárragueira (Asparagus aphillus). Propia dos rochedos da beira do mar florece nos sitios secos. Na Pastora atópase na parte de atrás e preto dos valos.

Moitas das fotos de detalle non foron feitas na Pastora, e as beireadas de vermello foron collidas da internet, porque a necesidade de rematar o traballo non me cadra co ciclo das especies.

E como o tempo enfría, e logo vai chover, voume a durmir… Ata o ano que ven!!

Cousiñas feitas na casa Mon Daporta