árbores de cambados

Preview:

Citation preview

ARBORES SENLLEIRAS DE CAMBADOS

SOBREIRA (Quercus suber) A Pastora. É a árbore máis vella de Cambados. Pode acadar máis de trescentos anos. Está moi deteriorada e foi podada varias veces.É unha árbore típica de clima mediterráneo á que se lle aproveita a cortiza e as landras para alimentar os animais.

FREIXA, FREIXO DE FOLLA ESTREITA (Fraxinus angustifolia) Bosque do Pazo de Fefiñáns. Mide 22 m de altura e 3,70 m perímetro no toro. Foi plantado no século XIX. Está protexido no catálogo de árbores senlleiras de Galicia

É unha árbore de folla caediza, composta que gosta de terreos fértiles e húmidos. É orixinaria do sur de Europa, norte de África e oeste de Asia.

Vista da freixa desde Camiño do Bosque

Nos bosque do Pazo de fefiñáns hai varias freixas máis de bo tamaño

LOUREIROS (Laurus nobilis) Xardín do Pazo de Fefiñáns. Miden 2,93 e 2, 91 m de perímetro no toro e 15 m de alto. Foron plantados no século XIX.

O loureiro unha árbore de folla persistente orixinaria de Asia Menor que ten un olor característica. As súas follas empréganse como condimento.

CHOPO (Populus nigra) A Calzada. O máis grande está situado no extremo noroeste. Mide 3,30 m de perímetro. Os chopos da Calzada son moi vellos e algúns foron secando. Os chopos son habituais nas alamedas e nas beiras dos ríos e medran moi rápido nos primeiros anos.

Chopos da Calzada nunha imaxe antiga

Chopo da Igrexa do Convento Mide 3,20 m de perímetro.

CHOPOS do Colexio San Tomé.O máis grande mide 4 m de perímetro. Na actualidade é o conxunto de chopos máis grande de Cambados.Teñen máis de 30 anos. Foron plantados cando se fixo o colexio.

Chopo branco (Populus alba)A Calzada.

MAGNOLIA (Magnolia grandiflora) Pazo de Serantellos (Castrelo). Mide 15 m de altura e 4,15 m de perímetro no toro.

É unha árbore de folla perenne e

grandes grandes flores brancas.

RODODENDROS (Rhododendron arboreum) Pazo de Serantellos (Castrelo). O máis grande ten 150 anos e mide 13,50 m de altura e 2,60 m de perímetro no toro. É unha árbore de xardín cunhas vistosas flores de cor rosa

AILANTO (Ailanthus altissima) Convento de San Francisco. Mide 2,30 m perímetro no toro. É orixinaria do norte de China e Xapón. Abonda de forma silvestre no sur da provincia de Ourense.

FIGUEIRA (Ficus carica) Patio Pazo de Fefiñáns. É moi antiga e mide 1,90 m perímetro. É unha árbore orixinaria do Próximo Oriente que se cultiva por todo o mediterráneo polos seus “froitos” comestibles.

O escudo dos Figueroa ten cinco follas de figueira nun dos cuarteis.

BUXOS(Buxus sempervirens)Casa da Capitana.Especie orixinaria de Europa, norte de África e sudoeste de Asia, cultivada desde moi antigo para formar sebes e abeirar paseos. labirintos.

CARBALLOS(Quercus robur)Bosque do Pazo de FefiñánsUn grupo de exemplares de bo porte. Os máis grandes superan os 2,60 m de perímetro.

PLÁTANO DE SOMBRA (Platanus acerifolia)Xardíns do ParadorForon podados moitas veces porque acadaban moita altura.É unha das árbores máis comúns nos parques, á beira das estradas e rúas.

Imaxe antiga da hora da Casa de Bazán, hoxe Parador de Turismo

ARCE AMERICANO (Acer negundo). Xardín de Torrado.Orixinaria de América do Norte.

Pittosporum spp Xardín de Torrado.Árbore orixinaria de Asia, África e Australia.

Casuarina equisetifoliaXardín de Torrado.Árbore orixinaria de Australia

PIÑEIRO(Pinus pinaster)Bosque do Pazo de Fefiñáns.Mide 3,10 m de perímetro no toro.

ARAUCARIA EXCELSA(Araucaria heterophylla) Xardín do Pazo de Fefiñáns. Acada unha gran altura e mide 2,9 m de perímetro no toro.É unha árbore da familia da coníferas orixinaria de América do Sur.

ARAUCARIAS EXCELSASCasa da Francesa (Rúa Principe-San Gregorio)

ARAUCARIA(Araucaria bidwillii)Xardín da Casa de Torrado   Nativa do nordeste de Australia.

Washingtonia robusta Casa de Zárate (Fefiñáns)É un tipo de palmeira orixinaria de Norteamérica.Tróuxose de América hai uns 60 ou 70 anos e mide preto dos 30 m de altura.

Washingtonia robusta Xardín do Pazo de Fefiñáns. Dous exemplares de 23 e 22 m de altura. A máis grosa ten 1,91 m de perímetro no toro.

PALMERAS (Phoenix canariensis) Praza do Concello. As máis vellas teñen arredor de 100 anos. Son orixinarias das illas Canarias.

Imaxe antiga cos palmeras recén plantadas

Arredor de 1950

PALMERAS (Phoenix canariensis) Praza de Alfredo Brañas. Teñen máis de 90 anos.

Imaxe antiga cos palmeras recén plantadas

árbores desaparecidas

Alameda de San Tomé

Robinias da Praza do Concello

Carballeira da Pastora

Carballeira do Convento

Casa de Bazán, hoxe Parador: plátanos, camelias, alcipreste

Avda. de Madrid: platanos

Avda. de Madrid: platanos e moreiras

Avda. de Vilagarcía: platanos

R/ Rosalía Castro: chopos

Praza de Fefiñáns: acacias

A Pastora: chopos brancos

Ligustro do Adro de Fefiñáns

Colexio de San Tomé: chopo

Departamentode Ciencias

1 ESO

Sara Falcón

Mariña Busto

María Díaz

1º ESO A