AS PLANTAS

Preview:

Citation preview

O curso vai consumindo pouco a pouco e chegou a hora de recoller os froitos. Este ano sementamos un proxecto sobre as plantas da contorna e esta so é unha pequena mostra do gran traballo realizado polo alumnado e o profesorado en colaboración coas familias. Un paseo polos corredores permítenos coñecer un pouco máis das plantas que forman parte das nosas vidas. Grazas a todos e todas, unha vez máis, por colaborar coa biblioteca.

Poesías do libro Verdedades ( Yolanda Castaño)

So lle conto tres folliñas ao trevo máis común ando buscando un de catro e non lle atopo ningún.

Coa gran redonda cabaza moito celebrei e rin: doces de cabelo de anxo e a festa do Samaín.

Eu non estou nada triste nin me apetece chorar pois ti corta unha cebola e verás que pena dá.

A mellor para subir é a árbore figueira a natureza xogueta dóanos a randeira

Mantense ergueito o carballo e en mil anos, non dá morto alén diso as súas landras, tamén manteñen os porcos.

Protexe sempre as chorimas coida tamén o alecrín pero si caio nos toxos primeiro sálvame a min.

Chámanlle as veces tarrello tamén dente de león cando sopra o vento forte non lle poden chamar non.

O verdor do meu loureiro arrecende que dá gusto cando cheiran as centolas espichan case do susto.

O xirasol é un alumno de matrícula de honor, non saca o ollo de enriba ao Sol, que é o profesor.

Tendo un arbusto de acivro en canto chega o Nadal, non é preciso máis adorno ca un sorriso colosal.