CIENCIA E TECNOLOXIA

Preview:

Citation preview

CIENCIA E TECNOLOXÍA

ZELTIA LAYA SÁNCHEZ

QUE É ESA COUSA CHAMADA CIENCIA?

A ciencia é un camiño cara a verdade

O coñecemento científico é : Racional, Xeral e Sistemático

AS CIENCIAS E A CIENCIA

OS INSTRUMENTOS DA CIENCIA

A EXPLICACIÓN CIENTÍFICA serve para dar resposta a problemas que a ciencia formula

A PREDICIÓN é un anticipo do que acontecerá dacordo sempre á análise das condicións existentes iniciais

AS HIPÓTESES (do latín hypothĕsis e do grego ὑπόθεσις) é algo que se supón e ao que se lle outorga certo grao de posibilidade para extraer del un efecto ou unha consecuencia

OS INSTRUMENTOS DA CIENCIA

LEIS, TEORÍAS E SISTEMAS

Que é unha hipótese e cando se pode considerar unha lei?

HIPOTESE: enunciado que expón unha explicación posible a un problema concreto. Deben ser empiricamente contrastables.

LEIS: hipóteses que foron ben confirmadas e que expresan regularidades, relación constantes entre aspectos concretos.

Non todos os enunciados de forma xeral, aínda verdadeiros, se consideran leis. Ás veces trátase nada máis que de xeneralizacións accidentais.

Saberías dicir agora ando unha hipótese se convirte nunha lei?

LEIS, TEORÍAS E SISTEMASVexamos un exemplo:

(1) Sempre que vou a Escocia, chove.

Supoñamos que (1) é verdadeira. Pois ben, resulta que (1) expresa unha conxunción accidental entre dous acontecementos. En efecto, non chove en Escocia porque eu vaia alí, senón que a conxunción de ambos feitos é casual. Polo tanto (1) non é unha lei natural.

LEIS, TEORÍAS E SISTEMAS

Porén, se pensamos en

(2) En condicións normais de presión, a auga sempre ferve a 100 graos centígrados.

(2) é unha lei natural. Resulta que a auga ferve porque a temperatura é de 100 graos e, polo tanto, a relación entre o aumento da temperatura e a ebullición da auga non é casualidade senón causal.

LEIS, TEORÍAS E SISTEMAS

TIPOS DE LEISLeis deterministas: Cada vez que aconteza determinado evento A, ou unha serie de determinados evento A+B acontecerá sempre o evento C.

Leis probabilistas: Cando lanzamos unha moeda hai un 50% de probabilidade de que saia cara, e un 50% de que saia cruz.

As leis deterministas son necesarias e universais. En cambio as probabilistas non o son, ainda que teñen certo grao de universalidade e certo grao de invariabilidade.

LEIS, TEORÍAS E SISTEMAS

O MÉTODO HIPOTÉTICO DEDUCTIVO

RELACIÓNS ENTRE CIENCIA E FILOSOFÍA

CIENCIA MODERNA E CONTEMPORÁNEA

• ARISTÓTELES: coa súa Física foi a visión do mundo natural que predominou practicamente ata o século XVI. A ciencia era o coñecemento das causas das cousas e establecíase mediante a orde lóxica e a dedución a partir de unhas poucas premisas ou definicións.

• REVOLUCIÓN CIENTÍFICA dos séculos XIV e XV: a observación dirixida, ou experimentación, comeza a ser unha das ferramentas básicas da ciencia, a outra ferramenta será a matematización das hipóteses científicas. GALILEO E NEWTON.

• CIENCIA ACTUAL: afirma que a avaliación das hipótese científicas non se fai só por criterios lóxicos, senón tamén por criterios prácticos, sociais e mesmo políticos.

OS PROBLEMAS DO COÑECEMENTO CIENTÍFICOA realidade é unha representación mediante esquemas, ideas e teorías que lle dan sentido e fan que a comprendamos.

Instrumentalistas e convencionalistas: as teorías serían construcións sen pretensión de representar a realidade, serían aceptadas por convención.

Realistas inxenuos: as teorías serían unha descrición da realidade tal como é, serían polo tanto verdadeiras.

Realismo crítico: as teorías científicas refírense á realidade e represéntana dalgunha maneira aproximada.

O PROBLEMA DA VERIFICACIÓN DAS HIPÓTESES CIENTÍFICAS.

A hipótese é unha condición suficiente mais non necesaria.

• Aínda que as consecuencias da hipótese concorden coa realidade, co que observamos indica que a hipótese pode ser verdadeira pero non o afirma definitivamente.

• No caso de que a predición non se cumpra, e o feito que pretendemos observar non se de. A hipótese é falsa.

Non hai ningún indicador infalible de verdade, todo coñecemento é falible e provisional

TÉCNICA E TECNOLOXÍA. SABER E PRAXE

Tan importante para o desenvolvemento das sociedades humanas foi o saber científico coma a

resolución de problemas prácticos.

• Na primeira etapa da historia da humanidade: saber técnico foi empírico

• No mundo clásico: o que realizaba unha actividade produtiva ou poiesis, só transmisible a través da práctica.

• Coa Revolución científica dos séculos XIV e XV, e o século XVIII morde a TECNOLOXIA, saber diferente da técnica.

TECNOLOXÍA MODERNA: a máquina para a transformación do mundo.

INTELIXENCIA ARTIFICIAL (s.XX): máquinas pensantes cunha intelixencia equivalente cando menos á humana.

Ideólogos cibernéticos actuais: Marvin Minky, Hans Moravec, Vernor Vingen e Rudy Rucker

TÉCNICA E TECNOLOXÍA. SABER E PRAXE

OS PROBLEMAS DA TECNOLOXÍA

• Ata que punto podemos deixar que as máquinas asuman decisións que deberan corresponder ao ser humano?

• ¿Quen podería negar que unha organización de máquinas non puidese xerar conciencia?

• ¿Cal sería o papel dos seres humanos?

• ¿Rematou o noso proceso evolutivo e seremos substituídos por máquinas, ou producirase unha simbiose entre ser humano e máquina?