Declaración universal dos dereitos humanos

Preview:

Citation preview

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

10 de Decembro de 1948 – 10 de Decembro de 2013

ARTIGO 1

• Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos.

ARTIGO 2

• Toda persoa ten os dereitose libertades proclamados nesta Declaración senningunha distinción de etnia, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política oude calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calqueraoutra condición.

ARTIGO 3

• Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súapersoa.

ARTIGO 4

• Ninguén será sometido á escravitude nin á servidume ; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.

ARTIGO 5

• Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis , inhumanos oudegradantes .

ARTIGO 6

• Todo ser humano ten dereito , en todo lugar , aorecoñecementoda súapersonalidadexurídica .

ARTIGO 7

• Todos son iguaisperante a lei e teñen , sendistinción , dereito a igual protección da lei.

ARTIGO 8

• Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo, perante os tribunaisnacionaiscompetentes .

ARTIGO 9

• Ninguén poderáser arbitrariamente detido , preso nindesterrado.

ARTIGO 10

• Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial.

ARTIGO 11

• Toda persoaacusada de delito ten dereito a que se presuma a súainocencia en tanto non se aprobe a súa culpabilidade.

ARTIGO 12

• Ninguén será obxecto de inxerenciasarbitrarias na súavida privada na súafamilia no seudomicilio ou na súacorrespondencia.

ARTIGO 13

• Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súaresidencia no territorio dunEstado.

ARTIGO 14

• En caso de persecución, toda persoa ten dereitoa buscar asilo, e a desfrutar del, en calquer país.

ARTIGO 15

• Toda persoa ten dereito a unhanacionalidade.

ARTIGO 16

• Os homes e mulleres, a partir da idade núbil, teñendereito, senningunha restrición, a casar e desfrutar dos dereitos do matrimonio.

ARTIGO 17

• Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente.

ARTIGO 18

• Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión.

ARTIGO 19

• Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión.

ARTIGO 20

• Toda persoa ten dereito á liberdadede reunión e de asociación pacíficas.

ARTIGO 21

• Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seupaís, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos .

ARTIGO 22

• Toda persoa ten dereitoá satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturaisindispensables para a súa dignidade e para o libre desenvolvementoda súa personalidade.

ARTIGO 23

• Toda persoa ten dereitoao traballo, á libre elección do seutraballo, a condiciónsequitativas e satisfactorias e á protección contra o desemprego.

ARTIGO 24

• Toda persoa ten dereitoao descanso, ao lecer, a unha duración razoabledo traballo e a vacacións periódicas pagadas

ARTIGO 25

• Toda persoa ten dereitoa un nivel de vida adecuado que lleasegure, así como á súafamilia, a saúde e o benestar.

ARTIGO 26

• Toda persoa ten dereito á educación, que será gratuita e obrigatoria, alomenos, nos niveisfundamentais. A educación terá como obxecto o pleno desenvolvemento da persoa e o fortalecementos dos Dereitos Humanos e ásliberdades fundamentais.

ARTIGO 27

• Toda persoa ten dereitoa tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico.

ARTIGO 28

• Toda persoa ten dereitoa que se estableza unhaorde social e internacional na que os dereitos e liberdadesproclamados nestaDeclaración de faganplenamente efectivos.

ARTIGO 29

• Toda persoa ten deberes verbo da comunidade, poissoamente nela pode desenvolver libre e plenamente a súapersonalidade.

ARTIGO 30

• Nada na presente Declaración se poderáinterpretar no senso de que confire algún dereito ao Estado, a un grupo ou a unhapersoa, a emprender actos ou actividades tendentes á suprimir algún destes dereitos e liberdades.

Recommended