Emigrantes i

Preview:

DESCRIPTION

Texto que Miguel Franco Álvarez, alumno de 2º ESO B, hizo en clase de galego con Marita.

Citation preview

Comezaba así para min unha gran viaxe que marcaría a miña vida e

comecei recordando cousas que marcarán a miña viaxe,recordos.

Non coñezo o lugar a onde vou,teño medo,mais, levo comigo unha gran alfaia.

Xa sen marchar sinto que me invade a morriña,non vou derramar unha bágoa pero…

Hai certas persoas polas que sentes algo especial,moi forte.

Cando o medo nos abafa,sentímonos moi lonxe,como se as tebras engaiolaran as nosas almas.

Pero sei que non somos os únicos.Emporiso non me sinto diferente.

Penso que as apertas fan sentir a unha persoa mellor…

…e os sorrisos de verdade enfeitizan a alma.Ollos que como xanelas deixan ver os pensamentos.

É como outro solpor calquera,este,que leva unha tarde.Mais esta vez ,fuxiu cos soños dun emigrante.