View
894
Download
3
Category
Preview:
Citation preview
Eu en 100 palabras
Expresión oralCEIP Milladoiro Malpica
5º de EP
Actividade 1 Como son eu?
Temporalización 1/2 sesiónsTraballo en asamblea e individual-Asamblea de aula sobre o tema ¿Que me gustaría que os demáis
soubesen de min que aínda non saben?Prantéxaselle o tema á clase para facer unha reflexión conxunta que
axude aos nenos e nenas a pensar en aspectos da súa personalidade que lles gustaría destacar.
Escritura persoal Convídase aos escolares a escribir 100 palabras (aprox.) para mostrar aos demáis aspectos da súa personalidade (gustos, virtudes, defectos, curiosidades, capacidades...) que axuden aos compañeiros e profesores a coñecelos mellor.
Actividade 2: Elaboro un discursoTemporalización: 1 sesión de aula e 1 semana de traballo persoalTraballo individual para o que poden solicitar axuda de familiares e amigos-Elaborar o discurso persoal que cada escolar fará tomando como punto de
partida o seu texto de 100 palabras (actividade anterior) seguindo o seguinte modelo:
• Considérome unha persoa...• Dicen que eu son...• Gústame moito...• Aborrezo...• Divírteme...• Entristéceme...• Son feliz cando...• Dame medo...• Gustaríame aprender...• O meu sono no futuro é....
Actividade 3 Así son eu, exposición Temporalización 1 sesiónTraballo individual exposto en gran grupoTras dunha preparación previa, a partires do texto final feito na
actividade 2, cada escolar expón ao grupo o seu discurso oral de presentación. A exposición debe realizarse sen apoio de texto escrito e esforzándose en usar as pautas propostas pola profesora.
Cada exposición será grabada e comentada posteriormente
Evidencias para o portafolios dos escolares e autovaloración1.- Texto escrito de presentación2.- Audio da súa exposición ao grupo.Valoración do alumno/a tras verse na exposición: Que me gustou da miña exposición? Que me gusou desta tarefa? Que non me gustou da trefa? Que podería mellorar da miña exposición? Destaco en algo?
Producto final
Audio: Como é a clase!A partires das grabacións de todas as exposicións,
editaremos unha pista de audio que recollerá os aspectos máis interesantes ds diferentes intervencións. É importante que aparezan todos/as e pór de relevo aqueles aspectos nos que concorda a maioría para resaltar os intereses comúns do grupo.
Nota: se os medios técnicos o permiten, a grabación será de video.
Gran orador/aExcelente
(10/9)
Orador/aMedio
Moi ben (8/7)
Orador/aPrincipiante
Ben (6)
AprendizDebe mellorar
(5)
SilencioNon acadado (-5)
Usa a lingua oral coa finalidade de presentarse ao grupo dentro do ámeto académico
Discurso claro, coherente, expresivo e orixinal (engade datos ao modelo dado)
Discurso claro, coherente, expresivo
Discurso claro anque perde a coherencia en ocasións
Discurso pouco claro. Cústalle seguir o ritmo da exposición e manter a coherencia. Pero inténtao
Non consigue expresar a súa exposición de xeito coherente e estructurado. Bloquéase e non o intenta.
Expresa ides propias sustituindo ás do modelo dado
Expresa as súas ideas comprensiblemente usando un vocabulario rico e variado para a súa idade
Expresa as súas ideas comprensiblemente usando un vocabulario axeitado á súa idade
Expresa as súas ideas comprensiblemente anque debe mellorar e enriquecer o vocabulario empregado
Cústalle expresar as súas ideas. Fáltalle vocabulario. Pero esfórzase por mellorar
Non expresa as súas ideas comprensiblemente
Fáltalle vocabulario e non o intenta.
Escribe fluidamente
Escribe o seu discurso con fluidez e orixinalidade engadindo datos ao modelo facilitado
Escribe o seu discurso con fluidez
Escribe o seu discurso con fluidez pero precisa algo de axuda para completalo correctamente.
Precisa moita axuda para escribir a súa exposición a partires do modelo dado.
Non é capaz de construír a súa exposición a partires do modelo facilitado.
Respecta as ideas dos outros e colabora no que se lle encomenda.
Respecta as ideas dos demais, colabora activamente na tarefa encomendada. Axuda aos compañeiros/as
Respecta as ideas dos demais, colabora activamente na tarefa encomendada.
Respecta as ideas dos demais, colabora case sempre na tarefa encomendada.
Cústalle respectar as ideas dos demais e colabora nas tarefas encomendadas. Esfórzase por mellorar
Non respecta as ideas dos demais e habitualmente non colabora nas tarefas encomendadas
Mª Olga Rodríguez DíazA partir dunha idea de Estrella López Aguilar
Recommended