View
351
Download
8
Category
Preview:
DESCRIPTION
Diccionario ficticio de palabras creadas polos habitantes do IES Fontexería (Muros, A Coruña)
Citation preview
O IDIOMA DO FUTURO
FONTEXERÍO
Ti podes colaborar a crear un novo ficcionario.
Un idioma que será universal dentro do recinto do Fontexería.
Palabras que non existen pero deberan existir.
Palabras que están nas cabezas pero que aínda non foron escritas nin definidas.
Palabras que xa existen pero poden ser definidas doutro xeito.
Nin sequera serán palabras… serán palabros.
Galego, castelán, francés, inglés, tanto ten.
Podes inventar en calquera lingua: o que importa é que non exista ou a palabra ou a definición.
Cérvido do Século de Ouro das letras españolas, aliñado sen dúbidas coa tendencia culteranista.
Góngora
Lope de Vega
Pola gracia de Deus houbo que comelo durante case 40 anos. A moita xente se lle atragantou, a outra non e segue a consumilo, xa friame.
Flor que ten moi delicada a
cuestión da vista, e por iso a
protexe botándolle un
líquido preparado ó
efecto. Se non o fai corre o risco de converterse en Delirio, que
xa é outra cousa.
Víscera que converte o que recibe noutra cousa.
Como por arte de maxia.
Non sempre gusta o resultado final.
Artefacto deseñado para distraer a determinados seres da súa obsesión pola posesión dun anel
Óvido senil que malia estar cuberto de la acusa moito a friaxe nas articulacións cando vai frío.
Os seus netos téñenlle moito aprecio e adoitan chamala avovella.
Non hai moito acordo ó respecto: algúns definen
este termo como a dificultade para atopar as
chaves da casa ou o coche; mentres ca outros
exclaman: “isto é un llaverinto”, cando se
sinten incapaces de meter a chave na pechadura, ou
se trabucan de pechadura.
Sexa coma sexa nos dous casos incorren en
castelanismo.
A parella perfecta cando se fala de
cubertería soe ser de tres
compoñentes: garfo, culler e
coitelo. Se a convivencia non é posible o
último debe ser o que corte a relación. Digo eu!
É o máis adecuado.
Calzado para andar por casa,
especialmente recomendado para
xente nerviosa que se soe morder as unllas (xa sei que as dos pés
é máis inhabitual). Se cando che fan un
bocata de queixo non queres comer tanto pan, podes
aproveitar para facer unhas destas, por olor non vai haber
problema.
Envío por medio do servizo de correos de
produtos alimenticios
baseados en fariñas de cereais, levedadas e pasadas polo forno. Aquela xente que as
recibe soe quedar moi contenta, é o que se soe chamar
“broas noticias” cando son de fariña
de millo
Actor de Hollywood ó que o vento nonfoi capaz de levar grazas a que era capaz de recargar ás súas enerxías conectándose á rede eléctrica.Se cadra tamén podería ter aproveitado a enerxía eólica polo tamaño considerable das súas orellas.Advertencia: non é o pai de Clark Kent!
Instrumento musical de corda afeccionado á lectura, sobre todo de temas musicais.Entre os amigos que se poden atopar no seu facebook están: Bruce Lee, Christopher Lee, o xeneral Lee, Spike Lee ou Lee Marvin
Pomada que dende pequena aprendeu a escoitar narracións que facían soñar. Cando medrou,
agachouse en tubos e no aire, e dende alí
estimula a imaxinación do que
entra en contacto con ela.
Ollo! É perigosa esta sustancia, pode que faga que pensedes!
Recommended