View
47
Download
5
Category
Preview:
Citation preview
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
QUE É?
� Forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.
� Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos
profesionais.
� Teñen unha duración de 2000 horas (2 cursos académicos) . Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
� Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
MÓDULOS: a) Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
b) Módulos que terán como referente o currículo da educación secundaria obrigatoria:
� b.1) Módulo de Comunicación e sociedade I, e módulo de Comunicación e sociedade II, que abrangue as seguintes materias:
1ª) Lingua galega.
2ª) Lingua castelá.
3ª) Lingua estranxeira.
4ª) Ciencias sociais.
� b.2) Módulo de Ciencias aplicadas I e módulo de Ciencias aplicadas II, que abrangue as seguintes materias:
1ª) Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.
2ª) Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.
c) Módulo de formación en centros de traballo.
QUE TÍTULO SE OBTÉN E CAL É A SÚA VALIDEZ? � O título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
� Ten tanto valor académico como profesional. Ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO.
� Permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio (con preferencia de acceso).
� Permite obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
� Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados.
CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER Á FP BÁSICA?
� Ser proposto/a polo equipo docente.
� Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
� Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
� Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
� Tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
� De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
QUE HAI QUE FACER PARA MATRICULARSE? � Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola
persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais).
� A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido.
� Documentación a presentar: � Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos
datos.
� Comunicación de incorporación á formación profesional básica, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.
� Certificado de discapacidade.
CAL É O PERÍODO DE ADMISIÓN NA FP BÁSICA?
� Presentación de solicitudes:
� Publicación, nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido:
� Matriculación:
ONDE PODO CURSAR UN CICLO FORMATIVO BÁSICO? Nas seguintes ligazóns poderás atopar a oferta de ciclos formativos clasificada por provincia e concello, así como por familia profesional e ciclo:
http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica-oferta
OFERTA CICLOS FP BÁSICA � Administración e xestión:
� Servizos administrativos
� Agraria: � Agroxardinaría e composicións florais
� Actividades agropecuaria
� Aproveitamentos forestais
� Artes gráficas: � Artes gráficas
� Comercio e márketing: � Servizos comerciais
� Electricidade e electrónica: � Electricidade e electrónica
� Edificación e obra civil: � Reforma e mantemento de edificios
� Fabricación mecánica: � Fabricación e montaxe
� Hostalaría e turismo: � Cociña e restauración
� Aloxamento e lavandaría
� Informática e comunicacións � Informática e comunicacións
� Informática de oficina
� Imaxe persoal: � Peiteado e estética
� Industrias alimentarias:
� Industrias alimentarias
� Madeira, moble e cortiza:
� Carpintaría e moble
� Marítimo-pesqueira:
� Actividades marítimo-
pesqueiras
� Téxtil, confección e pel: � Arranxos e reparación de artigos
téxtiles e de pel
� Tapizaría e cortinaxe
� Transporte e mantemento de vehículos:
� Mantemento de vehículos
� Vidro e cerámica: � Vidraría e olaría
Recommended