IES Asorey-Cambados (o estanque)

Preview:

Citation preview

Traballo realizado polo alumnado e profesorado de 1º de ESO con imaxes propias e de Internet.IES FRANCISCO ASOREY (CAMBADOS) Xuño 2009

FINALIDADE-Crear un espazo no centro que facilite o contacto coa natureza e o

estudo e observación sistemática dun ecosistema: evolución ao longo dun ano, morfoloxía e bioloxía dos seres vivos (animais, plantas, algas…), relacións entre os diferentes elementos, cambios ambientais, relacións entre os seres vivos e o ambiente…

-Realizar actividades de observación e toma de mostras por diferentes procedementos e utilizando materiais diversos: instrumentos de observación (microscopios, lupas, prismáticos), instrumentos de medida (termómetro, regras, barómetro, higrómetro…).

-Realizar actividades de mantenemento do estanque: limpeza, cambio de plantas, alimentación de animais…

-Despertar o interese no alumnado de todo o centro polo coidado e o goce dese espazo.

HISTORIA

PROCESO DE CONSTRUCIÓN 1: Elección do espazo para: un patio interior de 7x8 m con ventanais en dúas caras que dan aos corredores centrais do centro.2: Limpeza e acondicionamento: eliminación de matogueira (silvas, malas herbas, arbustos...) e de lixo que se foi acumulando entre a vexetación. 3. Marcado da zona a ocupar polo estanque.4. Excavado da poza.5. Acondicionamento con cemento e malla metálica. Contouse coa colaboración de dous albaneis.6. Colocación de pedras arredor.7. Introducción de especies vexetais.8. Introducción de especies animais: carpas, ras, sapocunchos.9. Mantemento e limpeza: traballo que se fai periodicamente por turnos polo equipo de medio ambiente.

2002

Primavera 2003

2004

2005

Setembro 2006

2007

2008

Xuño 2009

Setembro 2009

Aparellos meteorolóxicos para o estudo das condicións ambientais

O estanque como ecosistema

ra

sapocuncho carpín dourado

cabalo do demo

lavandeira

pardal

ambroíño

papirociperus

fentos

caracol

PREME NOS NOMES PARA VER PRESENTACIÓNS

glicinia

campsis

magnolia

ave do paraíso

Ave de paraíso

magnolia

camelia

glicinia

azalea

xunco

ambroíño tapadeiras

Nymphaea alba nenúfarwaterlily

nénuphar

Planta acuática perenne vivaz.En Galicia hai ambroíños silvestres en varias lagoas (Sobrado, Xuño, Doniños...)Existen variantes cultivadas con flores de diferentes cores: amarelas, rosas...

TALO Rizoma rastreiro de ata 1 m de lonxitude.FOLLAS Simples. Limbo redondo de cor verde escura e ata 12 cm de diámetro. Peciolo cilíndrico, longo (depende da profundidade da auga). Aboian na superficie da auga.FLORESSimples, hermafroditas. Formadas por catro sépalas verdes e de 14 a 44 pétalas brancas. O ovario ten forma de bola e está rodeado de numerosos estames amarelos.FROITOSCápsula en forma de esfera aplanada que contén numerosas sementes (ata 2.000).

Froito (interior)

Ambroíño rosa

cabalo do demoAeshna cyanea

libélulasouthern sawker

æschne bleuelibelinha

Invertebrado do grupo dos insectos que pode medir 8-10 cm de lonxitude e 11 cm de envergadura (coas as abertas).O corpo é negro con faixas e manchas verdes e azuis. As femias son máis pardas e sen manchas azuis. Cabeza con ollos moi grandes. Tórax no que se inxiren seis patas articuladas e dous pares de ás membranosas do mesmo tamaño. Abdome cilíndrico, estreito e alongado.

Cabeza dun macho

REPRODUCIÓNNo verán emparéllanse e voan xuntos ata a cópula (fecundación interna). A femia pon os ovos na auga e as larvas desenvólvense nela durante 2 anos alimentándose de pequenos animais.

ALIMENTACIÓNInsectos que caza ao voo.

HÁBITATRíos, lagoas.

caracolPhysella ...

Molusco gasterópodo co corpo blando de cor negra, de ata 1 cm de lonxitude cunha cuncha calcárea cónica, de cor castaña-verdosa ou case negra.

ALIMENTACIÓNPlantas acuáticas que raspa coa rádula. Na boca ten unha língua coa parte superficial (RÁDULA) provista de ganchos córneos que usa para raspar as follas.HÁBITATAugas estancadas.

REPRODUCCIÓNÉ un animal hermafrodita que se efecunda co intercambio de materiais sexuais entre dous individuos. Para esto dispoñen dun “dardo” que introducen no orificio xenital para depositar os espermatozoides. Cando maduran os óvulos son fecundados dentro do oviducto e depositados apegados polo revés das follas envoltos nunha cuberta xelatinosa.

carpín douradoCarasius auratus

goldfish carpín doradopoisson rouge

peixinho dourado

Peixe de corpo fusiforme aplanado lateralmente que pode medir ata 25 cm de lonxitude. En casos excepcionais pode chegar a pesar 3 kg e medir 45 cm.A cor é vermella-laranxa, máis crara polo ventre e se se crían en estado silvestre son escuros mentres son pequenos. Tamén hai variedades con manchas craras ou negras. A cabeza é pequena coa boca terminal e os ollos grandes. Ten unha aleta dorsal rectangular, as pectorais e ventrais semicirculares e a cola fendida e pequena.

ALIMENTACIÓN:Plantas, larvas de insectos, animais microscópicos...

HÁBITAT:Lagoas e estanques ricos en vexetación.

REPRODUCIÓNAcada a madurez sexual aos 3-4 anos.Poñen de 170.000 a 380.000 ovos en tres veces. Os ovos quedan fixados nas plantas e fan eclosión aos 5-7 días.

É unha especie que procede da selección realizada polos chineses e xaponeses con moitas variedades empregadas para os acuarios.É un peixe moi resistente ao frío e á falta de osíxeno

XuncoCyperus alternifolius

juncoumbrella papyrus

TALO O talo principal é subterráneo (rizoma) e os talos secundarios (cálamos) son cilíndricos, dereitos e de cor verde. Poden medir ata 2 m de altura.

Planta herbácea perenne.É unha planta típica das zonas de auga doce (ríos e lagos) onde forma grandes masas impenetrables. Orixinaria de Madagascar.

FOLLAS Nacen ao remate dos talos secundarios formando unha espiral apretada, alternas e sen peciolo. O limbo ten forma triangular-linear, moi estreito, de cor verde viva e superficie lisa.

FLORESMoi pequenas, sen pétalas, agrupadas en umbelas de espigas.FROITOSSecos, pequenos, agrupados en espigas.

fento, fieitoNephrolepis...

helechofern

fougère feto, samambaia

Planta perenne que acada unha altura aproximada de 60 cm.De orixe tropical, precisa vivir en zonas húmidas con ambente temperado.

TALO Rizoma leñoso subterráneo.

FRONDESDereitos e verticais formados por pezas lanceoladas de cor verde crara de 2 a 5 cm de lonxitude.Na cara inferior das frondes están os soros en forma de abano que conteñen as esporas.Propágase facilmente emitindo prolongacións dos rizomas.

Cara inferior das frondes cos soros.

lavandeira brancaMotacilla alba

lavandera blancawhite wagtail

bergeronnette grise alvéola branca

Paxaro que pode acadar ata 19 cm de lonxitude. O macho ten o curuto, a caluga o peito e a cola negros, as ás con bandas negras e grises e o peito branco (o inverno máis craro). A femia é case igual, co peito máis gris. O peteiro é cónico-estreito, as patas curtas e o rabo longo.

HÁBITAT:Preto de lugares habitados, praias, beiras de camiños, campos...

ALIMENTACIÓN:Insectos, vermes, arañas, pequenos moluscos.

xuvenil

REPRODUCIÓN:Constrúe o niño en ocos de edificios ou entre as plantas. Pon 2 a 6 ovos que choca, sobre todo a femia, durante 12-14 días. Os polos voan ás dúas semanas. Ten dúas ou tres roladas no ano.

As lavandeiras crían todos os anos no estanque do instituto.

papiroCyperus papyrus

papiropapyruspapyrus papiro

Planta herbácea perenne.É unha planta típica das zonas de auga doce (ríos e lagos) onde forma grandes masas impenetrables.Orixinaria da zona tropical de África. Os exipcios facían papel coas febras dos seus talos.

TALO O talo principal é subterráneo (rizoma) e os talos secundarios (cálamos) son dereitos, de sección triangular e de cor verde. Poden medir ata 4 m de altura e 10 cm de grosor.

FOLLAS Nacen ao remate dos talos secundarios formando un penacho. Son alternas e sen peciolo. O limbo ten forma linear, moi estreito, de cor verde viva e superficie lisa. Pode medir ata 25 cm de lonxitude.

FLORESMoi pequenas, sen pétalos, reunidas en umbelas de espigas no remate dos talos.

FROITOSSecos, moi pequenos, agrupados en espigas.

pardalPasser domesticus

gorriónhouse sparrow

moineau domestique pardal domestico

Paxaro que pode acadar 14-16 cm e lonxitude. O macho ten as partes superiores de cor parda raiada de escuro, o curuto e a mitra grises, a caluga castaña, o papo e a gorxa negras e as fazulas e peito gris ou crema crara. A femia e os inmaduros son de cores máis pardas e apagadas. O peteiro é cónico e forte e as patas curtas.

Emite un canto ruidoso e rinchante.É sedentario en toda Europa e moi común.

femia

macho

HÁBITAT:Proximidades de asentamentos humanos.

ALIMENTACIÓN:Grans, sementes, insectos, refugallos...

REPRODUCIÓN:Constrúe o niño debaixo das tellas ou en buratos de muros e paredes. A femia pon 3-4 ovos e chócaos a parella durante 14 días. Os polos voan á dúas semanas. Ten ata tres roladas no ano.

Pardal bebendo no estanque do instituto

Pardal bañándose no estanque do instituto

raRana perezi

ranafrog

grenouillerã-verde

Animal vertebrado, anfibio co corpo oval lixeiramente aplastado de ata 10 cm de lonxitude, coa pel núa, lisa con algunhas protuberancias, de cor verde-parda con manchas negras polo lombo.Cabeza cónica aplastada cos ollos grandes e saíntes que lle permiten ver fora da auga mantendo o corpo mergullado.Catro dedos nas patas dianteiras. Patas taseiras grandes e adaptadas ao salto e a natación, con cinco dedos longos.

As ras fanse adultas aos 2, 3 anos e poden vivir ata 10.Son animáis úteis porque sanean as pozas eliminando os insectos. Nalgunhas zónas péscanse para aproveitalas como alimento.

ÁLIMENTACIÓNÉ carnívora e cazadora. Aliméntase de insectos, moluscos, vermes que caza ao axexo saltando sobre eles. HÁBITATPozas, regos, estanques, ríos.

COSTUMESTeñen moi desenvolvidos a vista e o oído. Viven independentes, soportan a presenza das demáis rans. Chegados os fríos hibernan enterradas na lama do fondo das pozas.

rans

REPRODUCIÓNDurante a primavera e primeiros días do verán os machos escollen un sitio na súa poza e dende alí “chaman” (expulsando o aire dos pulmóns a uns sacos bucais) ás femias.

Cando conseguen abrazar a algunha femia a punto de poñer os ovos, agárranse a ela ata que os expulsa, ao mesmo tempo o macho expulsa os espermatozoides para que os fecunden (fecundación externa).

Pasados uns días nacen as larvas (cabezolos ou cágados) coas bránquias externas. Aos 18-20 días desaparecen as bránquias e aos 70-80 días médranlle as patas traseiras. Logo saen as patas dianteiras a ao cabo de tres meses desaparécelles o rabo e completan a metamorfose. Empezan a saír da auga e a respirar directamente do aire e adquiren o aspecto e os costumes das ras adultas.

sapocuncho tartaruga

Pseudemys scripta elegansTortuga de FloridaRed-Eared Slider Tortue de Floride

tartaruga

Animal vertebrado do grupo dos réptiles.Ten o corpo metido nun cacho ou caparazón duro, de cor verde crara (nos exemplares adultos máis escura), aplanado, formado por placas soldadas con ocos para a cabeza, as patas e a cola. Pode acadar ata 40 cm de lonxitude.Corpo verde con faixas amarelas e dúas manchas vermellas nas beiras da cabeza. Patas aplanadas rematadas en cinco dedos con unllas, as das patas de atrás máis longas e fortes.

ALIMENTACIÓNCarnívora: larvas de insectos, pequenos peixes, miñocas, moluscos....

HÁBITATAcuarios e estanques.

REPRODUCIÓNCopulan no verán e a femia pon ovos dos que nacen as crías. En catividade é difícil que se reproduzan.

Exemplares xuvenís

Orixinaria do Centro e Leste de Estados Unidos. É a especie máis frecuente dos acuarios das casas.