View
1.506
Download
1
Category
Preview:
Citation preview
LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL
VIOLÍN TROMPETACONCERTO DIDÁCTICO NO AUDITORIO
GUSTAVO FREIRE
O pasado mércores fun cos meus compañeiros ao auditorio
Gustavo Freire para ver un concerto titulado “ La marabillosa
historia del violín trompeta”. Nel Diego, un acordeonista, e Jorge,
un violinista, ensináronnos numerosos instrumentos, algún deles
feitos reutilizando cousas: un brik de leite, un cubo da praia, una
escoba ...
Sara Méndez Seijo
O día 26 de abril fomos ver “ A marabillosa historia do violín
trompeta”. Foi unha obra moi divertida e os artistas eran uns
músicos excelentes. A miña parte favorita foi cando os artistas
tocaban o serrón cun arco de violín; tamén tiñan outros
instrumentos raros: o theremín, o mandocubo, a frauta de óso da
ala dun voitre. Recoméndovola a todos¡
Asier López Gómez
O mércores , 26 , eu fun cos meus compañeiros ao auditorio
Gustavo Freire a ver un concerto chamado ¨O violín trompeta”.
Alí, Diego e Jorge , que eran músicos de Burgos, tocaron moitas
cancións e ensináronnos instrumentos feitos con materiais
reutilizados.
Encantoume este concerto, porque aprendín moito dos
instrumentos.
Laura Pardo Corredoira
O día 26 de abril fomos ao auditorio a ver “La fantástica historia del
violín trompeta”. Era un musical no que dous músicos, un violinista
e un acordeonista de Burgos, ensináronnos varios instrumentos e
moitos deles feitos por eles. Os seus nomes eran Diego e Jorge.
Pasámolo xenial!
Xiana Longarela Yáñez
O día 26 de abril fomos ao auditorio Gustavo Freire. Fomos ver un
concerto que se chamaba “O violín trompeta”. Había dous rapaces
que nos ensinaron a reutilizar e tamén nos ensinaron moitos
instrumentos feitos por eles mesmos con materiais reutilizados.
Celtia Paz García
O día 26 de abril fomos ao Gustavo Freire a ver un concerto
chamado “O violín trompeta”. Había un violinista e un acordeonista ,
que nos ensinaron moitos instrumentos. Algúns estaban feitos a
partir de reciclaxe , e soaban moi ben , incluso soaban mellor ca os
instrumentos comprados.
Teo Leivas Iglesias
El miércoles 26 de abril fui a ver un concierto que se llamaba “A
marabillosa historia do violín trompeta”. Fue un concierto muy
divertido, porque tocaban con instrumentos inimaginables.
Los músicos eran muy divertidos. Lo que más me gustó, fue
cuando imitaron el sonido de las olas con una sierra y con un
acordeón.
Andrea Martínez Vieiro
O día 26 de abril fomos ao auditorio Gustavo Freire a ver un
concerto chamado “A fabulosa historia do violín trompeta “. Nel
había dous músicos que nos ensinaron varios instrumentos,
algúns feitos por eles mesmos. A min gustoume moito a obra,
porque me pareceu moi graciosa, e orixinal.
A ensinanza que nos transmitiu a obra foi, que hai que reutilizar
as cousas, e que se pode facer música sen gastar diñeiro.
Cristina Otero López
Recommended