View
531
Download
5
Category
Preview:
Citation preview
A promoción institucional do galego na docencia e investigación universitarias
SALUSTIANO MATO de la IGLESIADIRECTOR XERAL DE I+D+I
V XORNADAS SOBRE LINGUA E USOS. LINGUA E DOCENCIA UNIVERSITARIA
IDENTIDADE & “ESNOBISMO”
A cultura monolingüe do Estado Español
¿Cómo se puede aprender matemáticas en gallego?
IDENTIDADE & ESNOBISMO
A mesma xente que se preocupa das
deficiencias das ensinanzas dous seus
fillos en galego, estaría encantada de
poder levalos a un colexio francés, inglés
ou alemán
IDENTIDADE
Está demostrado que a aprendizaxe a idade infantil de distintas linguas favorece o desenvolvemento intelectual e a capacidade de comprensión e aceptación de distintas realidades da vida
A posición contraria, sobre todo nos núcleos urbanos en contra do uso normal e natural do noso idioma na escola e unha consecuencia da cultura monolingüe do Estado español
Como consecuencia, a ignorancia e o desprestixio larvado, fan cada vez mais difícil a chegada de alumnos ás aulas que falen e se desenvolvan comodamente en galego
Todo isto só é posible corrixilo dende o recoñecemento da nosa identidade e prestixiando o noso idioma
PRESTIXIO
Na Universidade e fundamental partir da idea de sentírmonos orgullosos de ter un idioma propio
É fundamental prestixialo O persoal docente que se incorpora ao
noso sistema universitario dende outros países debe ser seducido e fascinado polo noso idioma. Só deste xeito poderemos conseguir unha autentica penetración do noso idioma no ámbito universitario
Plans de politica lingüistica
1) Traballar para que a comunidade universitaria teña o convencemento xeral de perseguir que o uso do galego é esencial na vida académica:
* é natural * fainos visibles no mundo * sen el non temos identidade * abre a mente * abre portas * fainos mellores
Plans de politica lingüista /2
2) O galego fai máis fácil integrar outros idiomas. A política é plurilingüe.
* incentivar grupos por idiomas * oferta docente rica, diversa e
máis atractiva * incremento substancial da
capacidade para integrar alumnado estranxeiro
* maior penetración no espazo relacional con outros países (profesorado visitante, posgraos,…)
Plans Política Lingüista /3
3) O recoñecemento na calidade docente e investigadora do esforzo plurilingüe
* esencial para o persoal docente e discente que usa o galego
* esencial para que dende o galego se poida producir en inglés, español, francés e viceversa
* esencial para que sexa natural, e non unicamente vangardista falar idiomas distintos que o español
O papel do Goberno
O Goberno galego ten que desenvolver de acordo coas universidades un novo modelo de financiamento, que lle dea pulo dun xeito real (normativo e financieino) á normalización lingüística e prestixio do noso idioma
Isto debe concretarse no modulo de gastos estruturais das universidades e a través do contrato-programa por obxectivos
Asemade, deben incluírse indicadores específicos sobre o uso cualitativo e cuantitativo do galego, á hora de medirmos a calidade da Universidade
O Papel do Goberno /2
Programas e actuacións: * Formación para o estudantado,
persoal investigador e profesorado estranxeiro
* Programa de asesoramento e desenvolvemento de material didáctico e incorporación ao galego, dos diferentes tecnicismos dos distintos ámbitos do saber
O Papel do Goberno / 3
* Promoción da produción e publicación do coñecemento en galego
*Acreditacións e certificacións * Internacionalización. A pegada
do galego no mundo lusófono e a súa penetración no mundo
*O galego como elemento transversal na política científica
O INCITE E O GALEGO
1.- O fomento do galego é unha cuestión que no programa INCITE se recolle de forma transversal, non se reduce a unha actuación concreta, senón que se entende debe estar presente en todas as actuación desenvolvidas
2.- Valorización do galego: O galego como un lingua natural da investigación (tan habitual como o inglés).
3.- Permea no deseño de todos os proxectos de xeito que se ten en consideración en calquera aplicación de resultados.
O INCITE E O GALEGO / 2
Exemplos: Proxecto da empresa TECNOCOM de deseño dun
sóftware sintetizador e de recoñecemento da lingua galega, en código aberto e cunha subvención de 117.000 euros e un custo aproximado do proxecto de 300.000
Proxecto da empresa Factoría de software e multimedia proxecto de tradución automática avanzada en código aberto para o galego e o portugués. Custo do proxecto ao redor dos 50.000 euros; subvención do 50%
Participación do CESGA no desenvolvemento e promoción do sóftware libre, oportunidade para fomentar o uso do galego nos ámbitos de xeración de tecnoloxías e contidos na sociedade da información
O INCITE E O GALEGO /3
Financiamento directo de proxectos de investigación en que a lingua galega é o obxecto de estudo desde diversos enfoques. Este tipo de proxectos encádranse na tecnoloxía sectorial de Sociedade e Cultura e no programa de promoción xeral da investigación, aínda que á vista dos exemplos anteriores tamén na tecnoloxía sectorial ligada á Sociedade da Información.
A estimación económica das actuacións desenvolvidas de forma directa ou indirecta supoñen un fomento e apoio á lingua galega duns 5 millóns de €.
Recommended