View
16.495
Download
10
Category
Preview:
Citation preview
Gustáballe moito ir ó colexio, xogar coas súas amigas, ler, aprender…
Pero o seu colexio non era coma o noso. En Pakistán os nenos e a nenas van a coles distintos.
No país de Malala os nenos e nenas teñen medo ós talibáns, uns homes que empregan a violencia
para conseguir os seus obxectivos.
Os talibáns non querían que as nenas fóran ó colexio, por iso empezaron a pechar as escolas de
nenas.
Malala axudada polo seu pai decidiu contar nun blog o que pasaba nas súas escolas para que todo
o mundo o soubera. A ela non lle parecía xusta esta situación.
Os talibáns enfadados pola valentía de Malala
decidiron matala.
Un día, cando volvía do colexio no autobús, entraron e ferírona de moita gravidade.
Ante o temor de que fora atacada de novo, foi trasladada a un hospital de Londres para
recuperarse das súas feridas.
Unha vez recuperada, e coa axuda do seu pai, segue loitando pola igualdade de dereitos de
homes e mulleres, nenos e nenas.
Actualmente vive en Londres coa súa
familia. Alí pode ir á escola, con total
liberdade, sen medo a ser atacada.
Con tan só 17 anos, Malala converteuse no símbolo da liberdade,
igualdade e educación; por iso, recibiu o Premio Nobel da Paz no 2014.
Recommended