View
28
Download
3
Category
Preview:
Citation preview
Como facer un currículum vitae
Currículun Vitae =
Currículo
Que é o CV?O CV é unha relación ordenada dos datos académicos,
de formación, profesionais e persoais básicos.O CV é un documento imprescindible para presentarse
a unha institución ou empresa cando solicitamos un posto de traballo.
Debe estar actualizado.
É a nosaTarxeta de presentación
Para que se necesita o CV?Os organismos e empresas que ofrecen un posto de traballo esixen a presentación do currículo dos aspirantes ó devandito posto. Pero tamén terás que presentar o teu currículo nos seguintes casos:
Como solicitante dunha bolsa de investigación o de estudos.
Como colaborador ou colaboradora dunha empresa.
Como opositor ou opositora a funcionario de calquera organismo público.
DATOS do CV
Nome e apelido
Datos de contacto
Perfil profesional e Obxectivo
Experiencia laboral
Coñecementos
Datos persoais
No currículo encontraremos os seguintes bloques de datos:
A ELECCIÓN DA FOTODebemos tener un aspecto pulcro
A foto debe ser clara e de boa
resolución.
Non debe ser un recorte dunha
foto de grupo, nin un autorretrato.
Debe reflectir a nosa
personalidade.
X
X
PERFIL PROFESIONAL E OBXECTIVO Neste apartado debemos explicar a nosa traxectoria, os nosos logros e deixar claros os nosos obxectivos. Realzando aqueles logros que nos destacan do resto e nos converten nun potencial e competente candidato.
Non debemos estendernos demasiado, só dous ou tres parágrafos que non excedan de 30 liñas. Poderemos incluír tamén trazos da nosa personalidade.
Por último, neste apartado podemos deixar indicada a nosa situación laboral, se estamos activos ou non.
PERFIL PROFESIONAL E OBXECTIVOExemplo dun deseño de Perfil Profesional
TRAXECTORIA: Actualmente son (...) dunha empresa de publicidade sendo a miña función (...)
LOGROS: No último período fun (...) sendo algúns dos meus logros destacados (...) (Indicar ascensos, proxectos deseñados, participación en eventos especiais...)
PEROSNALIDADE: Son unha persoa activa, e disposta á aprendizaxe de novas ferramentas que permitan optimizar o meu labor e a miña carreira profesional (...)
OBXECTIVO: O meu interese é continuar o meu desenvolvemento no mundo da publicidade co fin de (...)
EXPERIENCIA LABORAL
O diseño dos antecedentes laborais debe ser completo pero non demasiado extenso.
Debemos facer unha relación ordenada das empresas donde traballamos, indicando os nomes das empresas, as fechas de comenzo e fin do período traballado, as funcións desempeñadas, as tarefas realizadas e os logros conseguidos nesta.
EXPERIENCIA LABORAL
Experiencia laboral
MAIO 2012 – ACTUAL Administrativo en (...) realizando (...)
XANEIRO - DECEMBRO 2011 Adxunto ao Departamento de Vendas en (...) realizando (...)
MAIO - DECEMBRO 2010 Administrativo do Departamento de Telemercadotecnia en (...) realizando (...)
Exemplo
FORMACIÓN
Exemplo
Neste apartado debemos incluír os nosos estudos secundarios, terciarios e/ou universitarios. Non é necesario remontarnos ata a escola primaria, se se posúe un título universitario, non será necesario indicar, por exemplo os estudos secundarios ou a obtención do bacharelato. Centrarémonos na formación formal e oficial.Recorda que debes ordenar os datos cronoloxicamente, en forma decrecente.
COÑECEMENTOS
Estudos ou nocións adquiridas formal ou
informalmente que son ferramentas valiosas no
ámbito laboral. Coñecementos de idiomas
Coñecementos informáticos
Seminarios
Cursos breves ou talleres
DATOS PERSOAIS Data de nacemento:
DNI:
Nacionalidade:
Estado Civil:
Fillos:
Teléfono:
Móbil:
Dirección:
Correo Electrónico:
Na parte superior de currículo debemos indicar os nosos datos de
contacto básicos.
OUTROS DATOS DE INTERESEIndicarase calquera outro dato que sexa relevante e de utilidade para o posto ou que nos axude a definir o noso perfil.
Carné de conducir
Posesión de vehículo próprio
Dispoñibilidade horaria e xeográfica,
Afeccións, intereses
Por último, algúns consellos…
O deseño do CV debe ser atractivo, claro e ter ben
diferenciados os seus apartados.
A tipoloxía debe se lexible e convencional.
Debe escribirse en papel DIM A4 e por unha soa
cara.
Todos os datos deben ser verdadeiros, non
esquezas que logo deberás enfrontarte a unha
entrevista.
Ter moito coidado coas faltas gramaticais e
ortográficas.
Os estudos e experiencias non relacionados co posto solicitado,
é mellor omitilos. Por exemplo, se optamos a un posto de
Asistente Administrativo unha experiencia laboral como extra
televisivo non é conveniente mencionala.
Incluír a data de redacción do CV.
Non hai que asinar o CV.
Acompaña o CV cunha carta de presentación.
Na actualidade séguese o modelo
europeo...
Modelo europeo Consulta as directrices do modelo europeo na seguinte ligazón:
http://europass.cedefop.europa.eu/es/home
Tamén poderás consultar diversos modelos de currículo a seguinte ligazón:
http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae/examples
As TIC revolucionaron o
formato do CV
FORMAS DE PRESENTAR O CURRÍCULOO máis clásico é o papel
Pero tamén os encontremos noutros formatos, por exemplo:
En vídeo
Nunha páxina web
Nunha infografía
xa estas listo para escribir o teu
currículo, mans á obra!
preséntao, e se todo sae ben terás...
A ENTREVISTA
Na EntrevistaAo realizar unha entrevista de traballo debemos ter en conta varios aspectos:
A aparencia física debe amosar pulcritude. E debemos ir
vestidos para a ocasión.
É necesario ser puntual e a ser posible chegar un pouco
antes.
Debemos saudar e despedirnos cordialmente.
Debemos dar unha imaxe relaxada e de confianza.
Debemos ser sinceros coas nosas capacidades e coas
nosas limitacións. Non debemos mentir.
Non debemos tutear ó entrevistador a non ser que se nos
indique que o fagamos.
Non debemos vacilar nas respostas, é mellor pensar un
pouco antes de falar que logo ter que desdicirse.
As nosas respostas deben ser breves evitando alongarnos
innecesariamente. Mais tamén debemos fuxir das respostas
cunha soa palabra, argumentando sempre que sexa posible
o que dicimos.
Non debemos preguntar a remuneración económica na
primeira entrevista, ademais debe ser o entrevistador quen
nos ofreza este dato.
Debemos preguntar ó final da entrevista e antes de
despedirnos cándo esperan ter decida a selección.
MOITA SORTE
Recommended