View
7.282
Download
7
Category
Preview:
Citation preview
XÉNEROS LITERARIOS
O TEATRO
TRAZOS MÁIS CARACTERÍSTICOS
uso do diálogo
non aparece a figura do narrador
Chámaselle teatro a aquelas obras literarias que
son escritas para a súa representación por uns
actores nun escenario.
No teatro hai que distinguir entre obra dramática, o
texto literario e a escenografía (representación teatral
sobre un escenario, con actores, vestiario, decorados, etc.)
ACTO: unidade temporal e narrativa, marcada pola suba
e baixada do telón.
O teatro moderno adoita estruturarse en tres actos.
CADRO: Parte do texto que está marcada polo cambio
total ou parcial do decorado.
ESCENA: Parte da obra que vén determinada pola
entrada ou saída dos actores. Cada vez que entran ou
saen personaxes, cámbiase de escena
OBRA DRAMÁTICA: ESTRUTURA
O TEXTO LITERARIO
1-TEXTO PRINCIPAL
Diálogo: É a conversación entre
dous ou máis personaxes.
Monólogo: É o modo de
expresarse cando un só
personaxe está a falar. Chámase
tamén soliloquio.
Á parte: É a forma de falar dun
ou varios personaxes que
utilizan cando din algo sobre a
obra, e os demais personaxes
finxen non se decatar.
2- TEXTO SECUNDARIO (achega
información para a representación
teatral)
Anotacións
Indicacións sobre o lugar no que
se desenvolve a acción:
decorados, mobiliario, etc.
Iluminación: creación de
espazos…
Sons, para indicar ou provocar
diversos efectos.
Vestiario, movementos, xestos…
ESCENOGRAFÍA
Decorados: Elementos necesarios para ambientar
o escenario.
Vestiario: Pezas e roupas de vestir.
Iluminación: Luces e elementos luminosos para
provocar efectos: día, noite, tormentas...
Son: Música e efectos sonoros para complementar
o que aparece en escena: ruídos, etc.
Recommended