View
157
Download
2
Category
Preview:
Citation preview
O Universo e o Sistema Solar
No universo existen miles de millónsde galaxias, cada unha delas formada
por millóns de estrelas, gas e pointerestelar.
A nosa galaxia é a Vía Láctea
Trátase dunha galaxia espiral e nela atópase o Sol con todos os seus planetas.
O Sistema Solar está formado polo Sol, os planetas e os demais corpos
que o rodean
Principais corpos que rodean ó Sol• Planetas:
Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
• Asteroides: Cinto de Asteroides, Cinto de Kuiper e Nube de Oort .
Os planetas divídense en dous grandes grupos:
• Os interiores, ou terrestres (semellantes á Terra) : Mercurio, Venus, Terra e Marte.
• Os exteriores ou xigantes: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
Os asteroides son corpos rochososque forman aneis arredor do Sol
Cando un asteroide se desvía da súaórbita e cae sobre un planeta ou
satélite recibe o nome de meteorito.
A maioría dos meteoritos que caen sobre a Terra desintégranse ó entrar na atmosfera. Algúns pode chegar á súa superficie e producir cráteres.
En febreiro de 2013 caeu un meteorito sobre Rusia, na zona dos Urales.
Burato feito polo meteorito ao caer nun lago xeado.
Os asteroides do Cinto de Kuiper e da Nube de Oort conteñen moito xeo.
• Se un deles sae da súa órbita e se acerca ó Sol, recibe o nome de cometa.
• Un dos cometas máis coñecidos é o cometa Halley, que aparece cada 75 anos.
As estrelas parecen formar figuras que reciben o nome de constelacións.
Algunhas, dende moi antigo, servíronlle ó ser humano para orientarse ou coñecer os cambios de estacións.
Todas as estrelas parecen dar unhavolta cada 24 horas.
• Só unha, a Estrela Polar, parece fixa e pode ser utilizada para orientarnos.
• A estrela polar sitúase na constelación da Osa Menor.
Como atopar a Estrela Polar
Podemos guiarnos empregando a constelación da Osa Maior ou a de Casiopea.
Recommended