Presentación mofos liques

Preview:

Citation preview

Aquí comezamos o nosopercorridopolo mundo dos liques e dos mofos

QUE SON OS LIQUES ?Os liques son seres vivos moi simples que se desenvolven como láminas ou

placas de varias cores na superficie de árbores

ou de pedras expostas á humidade e ao sol.

O lugar sobre o que se asentan denomínase substrato.

Como funciona a simbiose?Os liques son unha simbiose de un organismo formado por un fungo e unha

alga.

Cada especie de lique ten unha especie diferente de fungo e é con base nesa especie que os liques son clasificados. A clasificación dos liques baséase nas

características do talo e órganos . Están descritas de 13.500 a 17.000 especies de liques.

Morfoloxía dos liquesA forma do talo depende da especie de fungo presente e fórmase por hifas,

que se ramifican. A superficie é normalmente unha capa de hifas moicompacta, chamada córtex e, logo a seguir, atópase a capa de algas.

Por baixo desta capa, atopase a medula, unha área onde as hifas deixan espazos onde se almacenan nutrientes. Por veces existe un córtex inferior, en

canto que noutras especies, a medula está directamente en contacto co substrato.

Clasificación dos liquesSegundo a súa forma:

Liques encrustantes.

Liques foliáceos.

Liques fruticulosos.

Segundo o seu hábitat:

Liques endolíticos: viven nas rochas e pedras. Liques endofloicos: viven na cortiza das árbores.

Este é o liquemáis común que podemos encontrar en Santiago, é de tipo crustáceo.

QUE SON OS MOFOS?

Os brións, carrizos ou carrizas (cientificamente Bryophyta sensu stricto) son plantas non vasculares que se poden reproducir sexual ou asexualmente.

Hai unhas 24.000 especies.

Os brións desempeñan un importante papel nos ecosistemas en que se atopan.

Reteñen a humidade do chan e evitan a súa degradación.

Ademais, constitúen un importante refuxio de pequenos invertebrados.

A recolección indiscriminada de brións pode resultar moi agresiva co medio e provocar importantes danos nos nosos ecosistemas.

Por este motivo, débese levar a cabo unicamente por persoas acreditadas cos permisos necesarios.

Ciclo de vida

A vida do brión comeza apartir dunha espora que xermina e crea unha masa de filamentos ou un falso talo.

Nalgúns brións, prodúcense estruturas verdes vexetativas chamadas xemas sobre os que poden desprenderse e formar novas plantas sen a necesidade

de recorrer ao ciclo de fecundación. Isto constitúe un método de reprodución asexual.

Historia xeolóxica

Os rexistros fósiles de brións son escasos, debido á súa constitución delgada e natureza fráxil. Recuperáronse brións fósiles do período Pérmico da Antártida

e Rusia.

Hábitat

Os brións atópanse principalmente en áreas húmidas e de luz escasa, senimportar a latitude.

Os brións tamén se atopan en gretas entre as pedras que pavimentan rúas húmidas da cidade. Algúns tipos adaptáronse ás condicións

urbanas e atópanse soamente en cidades.Aquí temosuns no Milladoiro a plena luz do día.

Os brións son comúns en áreas selváticas ou con grandes precipitacións e nos bordos de cursos de auga.

Algunhas especies son enteiramente acuáticas e outrashabitan os pantanos e canles de baixo caudal.

Tales brións acuáticos ou semi-acuáticos poden exceder as lonxitudes típicas dos brións que se asentan na terra.

Comercio

Existe un importante mercado de brións salvaxes colleitados. As principais aplicacións para o brión son en floricultura, e a decoración caseira.

Brión en descomposición do xénero Sphagnum é o compoñente principal da turba, que se extrae para ser usada como combustible e como agregado a

chan para horticultura.

Na Segunda Guerra Mundial, os brións do xénero Sphagnum foron empregados como preparacións de primeiros auxilios en feridas dos soldados, pois estes brións son moi absorbentes e teñen características anti-bacterianas suaves. Algúns pobos na antigüidade empregárono como cueiro debido á súa

absorbencia.

Para rematar, aquí podemos ver unha sucesión ecolóxica con lique mofo e fento.

Recommended