Presentación resumo curso 20092010

Preview:

Citation preview

CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA

CURSO 2009-2010

Un novo ano no club de lectura A árbore vermella cheo de poesía e prosa, música, teatro cine, arte……..

CANTAS COUSAS FIXEMOS!!!!!!!!!!!

Limos POEMAS: de Benedetti (recitados polo actor Miguel Ángel Solá), de Carlos Negro, dos seus poemarios Cultivos transxénicos e Makinaria……….E asistimos a un recital poético.

Cultivos transxénicos foi o noso gran proxecto este ano: visita fotográfica a pobos da comarca, exposición coas fotos obtidas, presentacións dixitais, visita de Carlos Negro…Este proxecto culminou en Pontevedra o 20 de maio coa xuntanza de centros que realizaron proxectos vinculados coa Axenda 21.

Limos TEATRO (La Fundación, de Buero Vallejo) e vimos obras teatrais en Ourense (A Esmorga, de Blanco Amor e As Cuñadas, de Michel Tremblay).

Limos NOVELAS (Plenilunio, de Muñoz Molina e A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos) e CONTOS (El Aleph, de Jorge Luis Borges). Tamén FRAGMENTOS de obras de diversos autores, por exemplo de La vieja sirena e La sonrisa etrusca, de José Luis Sampedro e de Cartas á nai, de Otero Pedrayo.

Escoitamos MÚSICA: africana (de Ayub Ogada e Ismael Lô), de Tony Zenet, Lasçia ch’io pianga da ópera Rinaldo de Haendel, o rap David contra Goliat de ZPU, heavy-metal, cancións de Fuxan os Ventos, Emmeleia, do grupo Dead Can Dance, Cançao do mar, de Dulce Pontes, La nana del caballo grande, de Camarón, La vida, de Silvio Rodríguez.

Vimos curtametraxes: A desgarradora I want to be a pilot, As almas do Fental, The Butterfly Circus, sketches de Mafalda, El hombre que plantaba árboles.

Falamos de ARTE: de pintoras como Tarsila do Amaral, Maruja Mallo, Tamara de Lempicka e Frida Kahlo.

Os nosos compañeiros David, Víctor, Javi e Javier Rguez fixéronnos AGASALLOS: David amosounos o seu blog: artigos literarios, críticos… e obsequiounos cun libro de textos feito por el mesmo. Ademais o noso último gran proxecto foi La Fuga, a preciosa novela gráfica de Pascal Blanchett que proxectamos mentres David acompañaba as imaxes ó piano.

Víctor fixo os paneis que ían informando das actividades do club e colabourou moito no proxecto Cultivos transxénicos.

Javi foi esencial nas sesións coas alumnas de 2º de Bacharelato. Coa súa sabedoría e claridade iluminou as sesións sobre Borges, Buero Vallejo e Muñoz Molina.

Javier Rguez. foi unha grande axuda no proxecto Cultivos transxénicos e convertiu o noso nome en realidade. Agora xa temos unha fermosa árbore da que coidar.

Moitos de vós fixéstesnos o agasallo dos vosos poemas, escritos, debuxos… Moitas grazas.

Tamén recibimos agasallos do poeta Carlos Negro quen, despois da súa visita, enviounos dous libros apaixoantes que leremos o vindeiro curso no club.

AGARDÁMOSVOS

PINCEL, SON, LÁPIS,A ÁRBORE VERMELLA

APERTA AZUL.