Presentac..sara, debora

Preview:

Citation preview

O termo “desenvolvemento sostible” utilízase por primeira vez nun informe publicado en 1987 pola Comisión Mundial para o Desenvolvemento e o Medio Ambiente.

Defínese o desenvolvemento sostible como aquela forma de desenvolvemento que satisface as necesidade do presente sen comprometer as do futuro.

En todas as definicións existentes de desenvolvemento sostible se inclúen tres tipos de factores: medioambientais, sociais e económicos

A representación habitual do desenvolvemento sostible realízase a través de tres circunferencias de igual tamaño e que representan de forma equilibrada a sociedade, o medio ambiente e a economía.

Dende a Dirección Xeral lévanse a cabo determinadas accións para acadar o Desenvolvemento Sostible: planificación, promoción, educación e información e investigación ambiental.

A deforestación é o proceso de desaparición de masas forestais fundamentalmente causada pola actividade humana.

A deforestación está directamente causada pola acción do ser humano sobre a natureza, principalmente debido ás talas, tanto as realizadas pola industria da madeira, como aquelas que pretenden a obtención de solo para cultivos agrícolas.

Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida

Nos países menos desenvolvidos, as masas boscosas redúcense ano tras ano, mentres que nos países industrializados estanse recuperando debido ás presións sociais, reconverténdose os bosques en atractivos turísticos e lugares de esparexemento

Unha consecuencia da deforestación é a desaparición de sumidoiros de dióxido de carbono, reducíndose a capacidade do medio de absorber as inxentes cantidades deste gas causante do efecto invernadoiro, e agravando o problema do quentamento global.

Como medida de contención, diversos organismos internacionais propoñen a reforestación, medida parcialmente aceptada polos movementos ecoloxistas, ó entender estes que na repoboación debe considerarse non só a eliminación do dióxido de carbono, senón ademais, a biodiversidade da zona a repoboar

A sobrepesca é a pesca excesiva, realizada polo humano, xa sexa sobre peixes ou mariscos.

A sobrepesca non é un fenómeno novo, pero foi no século XX cando empezou a ameazar ao planeta no seu conxunto.

Afecta tanto aos recursos pesqueiros como á contorna (arrecifes, calidade das augas, eliminación do plancton).