View
223
Download
4
Category
Preview:
Citation preview
Durante dous días as rúas, da cidade olívica de Vigo, trasladáronse ao s. XIX
para rememorar un mercado tradicional con postos de venda de
produtos típicos, demostración de oficios tradicionais da época, comidas
rexionais e música tradicional a cargo dos gaiteiros , tamborilearos e
pandereteiras, enchendo as súas rúas de cor e esencia do pasado.
Os postos instalaranse dende a Porta do Sol ata a rúa Teófilo Llorente.
O Sábado 26 de Marzo, comezaron os actos relativos á Festa dá Reconquista con diversas actividades para todos os asistentes, na que os máis pequenos da casa tamén tiveron o seu espazo con
animación infantil a cargo de xigantes e cabezudos, teatro, “Viravolta
Monicreques “e unha granxa de animais vivos.
A partir das 18:00 horas levouse a cabo a inauguración da representación teatral
da batalla na Pza. da Pedra e unha hora máis tarde os nenos e nenas de
Vigo gozaron cos contacontos de Codia e
Miolo.
Ás 21:30 horas na mesma praza, “atardecer Fol.” coas formacións do Dúo de zanfornas Sobre Rodas e Zurrumalla.
O Domingo día 27 os máis pequenos podoideronn gozar ,novamente ,coa granxa de animais na Rúa Chao, os xigantes e cabezudos e contacontos.
A partir das 10:00 horas tivo lugar un obradoiro de cestería na Pza. da
Constitución e demostración de oficios tradicionais da época, e na Pza. da Pedra levouse a cabo un concerto a
cargo do grupo de música folk, A Quenlla. Este día a representación
teatral da batalla tivo lugar a partir das 18:00 horas en Pórtaa do Sol, sendo un dos actos máis destacados destes días
porque a representación da batalla conmemora a retirada das tropas francesas tras dominar a cidade e
celebra a nova Independencia Española.
Unha vez rematada a representación, todos os participantes concentráronse na Colexiata para dar grazas ao Cristo pola vitoria, cantando e bailando diante do
atrio da igrexa.
Á vez que estes actos, poidéronse visitar dúas exposicións relacionadas coa
Reconquista, unha batalla que outorgou a Vigo o título de cidade que ostenta
dende entón.
” CIDADE FIEL,LEAL E VALEROSA”
LEMBRADE
QUE ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE ,NA VILA DE BOUZAS,A FESTA DA “BRINCADEIRA”,COMO MOTIVO DE LEDICIA DE TODA A
COMARCA DE VIGO POLA EXPULSIÓN DOS FRANCESES.
O NOSO COLE,”VIRXEN DO ROCÍO”PERTENCE A BOUZAS(VIGO),DO
QUE ESTAMOS MOI ORGULLOSOS.
Recommended