View
675
Download
4
Category
Preview:
Citation preview
LINGUA GALEGA- CC SS- TECNO 3º ESO
PROXECTO 2ª AVALIACIÓN: “VIGO POR DENTRO”
CONDICIÓNS:
Grupo cooperativo
Diario de sesións
Data entrega reportaxe e material audiovisual: 6 marzo
Formato periodístico:
Reportaxe escrita (Revista): Texto cos datos da investigación + fotografías e documentos xeográficos (mapas, táboas de datos, estatísticas,…) relativos a investigación
Material Vídeo reportaxe (Tv): proceso de elaboración do produto + entrevistas e outros
Temporalización:
Sesión Data CCSS LINGUA GALEGA TECNO
1
Xoves 12/2
(3º A)
Venres 13/2
(3º B, aula 1)
Investigar as empresas do
sector en Vigo (naval,
metalúrxica, conserveira,
automobilística, alimentaria,
farmacéutica, téxtil,
química,...)
Enviar solicitudes de visita
formais ás empresas (2-3) –
modelo de solicitude no blog
Diario de sesións (sesión 1)
2
Xoves 19/2
(3º A)
Venres 20
(3º B, aula 1)
Investigación para a
elaboración da reportaxe.
Apartado 1.
Diario de sesións (sesión 2 )
3
Xoves 19/2
Pautas para a elaboración da
reportaxe e tempo para seguir
investigando.
Diario de sesións (sesión 3)
4
Venres 20/2
(3º A)
Martes 24/2
(3º B)
Procesos tecnolóxicos de
fabricación: transformación
de materias primas.
Apartado 3.
Diario de sesións (sesión 4)
5
Mércores 25/2
(3º B)
Xoves 26/2
(3º A)
Investigación para a
elaboración da reportaxe.
Apartado 1.
Diario de sesións (sesión 5)
6
Xoves 26/2
Elaboración da reportaxe e
tempo para seguir
investigando.
Diario de sesións (sesión 6)
VISITA Á EMPRESA
Apartado 1 (cotexar/contrastar os datos da investigación)
Apartados 2 (material/datos para elaborar documentación)
Apartado 3 (gravación do proceso de fabricación)
7
Mércores 4/3
(3º B)
Xoves 5/3
(3º A)
Elaboración da reportaxe e da
documentación (apartado 2):
fotografías, gráficas, mapas,
táboas de datos,
estatísticas,...
Diario de sesións (sesión 7)
8
Xoves 5/3
Elaboración da reportaxe e da
documentación (apartado 2):
fotografías, gráficas, mapas,
táboas de datos, estatísticas ,…
Diario de sesións (sesión 8)
LINGUA GALEGA- CC SS- TECNO 3º ESO
PROXECTO 2ª AVALIACIÓN: “VIGO POR DENTRO”
APARTADOS OBRIGATORIOS DA REPORTAXE
1) INVESTIGACIÓN: PAUTAS PARA A ELABORACIÓN DO TEXTO 1. Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade,
procedencia do capital e outros criterios).
2. Localización e factores de localización (páx. 84).
3. Tipo de industria: pesada (industrias de base ou de bens de equipo) ou lixeira, tradicional ou punta,.. .
4. Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
5. Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
6. Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou
incrementar as vendas (publicidade).
7. Estabilidade laboral dos traballadores : tipos de contratos , subcontratación,…
8. Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
9. Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
10. Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa ou política medioambiental .
2) ELABORACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Documentos xeográficos: fotografías, gráficas, mapas, táboas de datos, estatísticas,…; analizando os datos da
investigación.
3) PROCESO DE FABRICACIÓN (ELEMENTOS DO PROCESO INDUSTRIAL, PÁX. 82)- GRAVACIÓN 1. Factores produtivos que precisa para a proceso de produción: recursos naturais: materias primas (orixe) e
fontes de enerxía (renovables e non renovables); traballo (división do traballo, cadea de montaxe) e capital
(cartos, instalacións e tecnoloxía).
2. Procesos tecnolóxicos de fabricación: transformación de materias primas.
3. Produtos elaborados ou semielaborados.
4. Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
5. Competencia.
6. Beneficios.
4) BIBLIOGRAFÍA. COMENTAR A BIBLIOGRAFÍA/FONTES CONSULTADAS NO PROCESO DE
INVESTIGACIÓN.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN: Avaliación por competencias
1. COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
- Busca, recopia, procesa e comunica información. - Comprende e estrutura os coñecementos. - O alumno/a transmite con claridade a información.
- Ten as l iñas de acción e as ideas fundamentais claras.
2. COMPETENCIA MATEMÁTICA
- Recolle todos os puntos solicitados ordenados de maneira lóxica e coherente. - Analiza a información recollida a través de documentos xeográficos (gráficas, táboas de datos,..)
3. COÑECEMENTO E
INTERACCIÓN CO MUNDO
FÍSICO
- Realiza observacións directas e toma decisións con iniciativa e autonomía persoal.
- Comprende e identifica preguntas ou problemas e obtén conclusións.
4. TRATAMENTO DA
INFORMACIÓN E
COMPETENCIA DIXITAL
- Procesa, rexistra e xestiona adecuadamente a información en formato dixital .
- Xera producións responsables e creativas.
5. SOCIAL E CIDADÁ
- Practica o diálogo e a negociación para chegar a acordos como forma de resolver
conflitos. - Manexa habilidades sociais para relacionarse.
6. COMPETENCIA CULTURAL E
ARTÍSTICA
- Idea, planifica e crea experiencias artísticas compartidas (fotografías, guión e montaxe de vídeos,…).
7. APRENDER A APRENDER - Ten en conta as correccións e realiza as modificacións oportunas. - Sabe transformar a información en coñecemento propio.
8. AUTONOMÍA E INICIATIVA
PERSOAL
- Valora as posibilidades de mellora e reelabora plantexamentos previos. - Afronta os problemas e aprende dos erros. - É responsable e perseverante. -Ten espírito de superación, autoestima axustada e confianza en si mesmo.
LINGUA GALEGA- CC SS- TECNO 3º ESO
PROXECTO 2ª AVALIACIÓN: “VIGO POR DENTRO”
Empresas en Vigo
Conxelados, frío:
http://www.conxemar.com/v_portal/apartados/apartado.asp?te=177
Automoción:
http://www.ceaga.com/empresas.asp
Conserveira:
http://www.anfaco.es/es/empresas.php
PEUGEOT CITROËN: Multinacional Automoción
VIZA: Automoción
HIJOS DE BARRERAS: Naval
PALACIO DE ORIENTE: Conserveira
RENOVGAL: Renovables
LARSA: Alimentación láctea
PESCANOVA: Pesca
VIEIRASA: Pesca e conserveira
AUXILIAR CONSERVERA, S.A. – AUCOSA: Fabricación de fariñas e aceites de pescado.
Recommended