RATA LUISA: O PAN (Adela Leiro)

Preview:

Citation preview

Cousas da rata Luisa

PAN

Facemos unha torta?... un guiso?... un polo asado?... peixe ao forno?... un cocido?... pasteis?... xeado?...

Desde que lles dou polo aquel da cociña, andan a argallar cousas novas cada día.

E Luisa que tampouco os quere desanimar, díxolles que un día iban a facer pan.

E desde que llo dixo levan agardando que sexa ese día que nunca da chegado.

Como insisten tanto, esta tarde Luisa, dixo que, por fin, xa chegara o día

Como sempre dispoñen antes o material, e logo prepáranse para traballar.

fariñaauga

levadura sal

Teñen a fariña, a auga morna, a levadura,

o sal e o cacharro para facer a mestura.

Visten os mandís, lavan as mans, e xa están listos para poder empezar.

Botan a fariña, co sal, no cacharro, e xusto, no medio, cávanlle un burato.

Despois a levadura nunha pouca auga morna… e logo a mestura no medio da poza

Xuntan a fariña, empezan a amasar.Danlle unhas voltas… -Xa empeza a ligar.

Sácana do cunco, bótana na mesa, e amásanna para que quede ben ligada, ben feita.

Estiran, estruchan, esmagan, enrolan, apertan, estenden, apalpan e soban.

Ata que Luisa, que mira, di que poden parar:-Xa está a masa feita… agora a levedar.

Deixan a masa dentro do cacharro nun sitio morno e cuberta cun pano.

Luisa contoulles que ao levedar a masa medraba e quérenno mirar, e para que non anden a destapala seguido usaron, esta vez, un cunco de vidro.

Enseguida se cansan de mirar e agardar.- A masa non medra… Todo sigue igual!

-Todo vai moi ben. Deixádea estar. Hai que darlle tempo… unha hora máis.-Aínda unha hora? –Que cousa máis lenta!- Mola enfariñarse… pero amola a espera.

Cando o tempo pasa… -Mamá ven miralo!-Como agardemos máis vai saír do cacharro!

Luisa encende o forno, enfariña a mesa

Parte a masa en cachos e dalle a cada un súa peza.

E os nenos traballan, cada un o seu anaco, para darlle a forma e o tamaño axeitado.

Mentras o forno quece, outra vez a agardar, que o pan medre un pouco antes de o enfornar.

Cando o forno está a punto, meten o pan, e toca, outra vez, volver a agardar.

Mentras o pan coce, recollen e limpan.Vaia tarde pasaron enleados coa fariña!

Non foi facer biscoitos nin facer ensaladas, pero tamén ten a súa cousa eso de enredar coa masa.

E cando se aprende, se ensaia e se proba, pódese gozar moito facendo cousas novas.

Pódensenlle dar formas…

e pódese facer pan de moitismas clases.

engadir detalles,…

De trigo, de millo, de mesturas, de centeo,

de arroz, de cebada…

e con cousas no medio.

E botarlle sementes, e noces,e pasas,

cabaza…pipas,cebola, sésamo,allo,

E facelo branco, refinado,integral, moreno,

con ovo,

Faise con tantas cousas, de tantas maneiras… que cada un pode facer pan case co que queira!

anisado… con leite, manteiga,

E cando viron cocidos os pans que fixeranPareceulles moi ben todo o que aprenderan.

Co pan que amasaron, tan fresco, aínda quentiño, os ratos fixeron cadanseu bocadillo.

QUE LLES APROVEITE!!

fin

As fotografías son collidas da Internet.Agradézolloe aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.

Mon Daporta

Recommended