View
71
Download
6
Category
Preview:
Citation preview
PROXECTO RÍOS, IES PRIMEIRO DE MARZO, BAIONA
SAÍDA AO RÍO BAÍÑA, 8 MAIO 2014
O alumnado de 3º da ESO ensina ao de 2º
O alumnado de 3º
da ESO apréndelle
aos
compañeiros/as
de 2º o o
traballado na
clase.
O primeiro de todo é que os maiores -Iago, Miguel e Andrea-, expliquen aos pequenos en que consiste o Proxecto Ríos e a súa importancia.
Agora toca localizar o treito do río Baíña que
imos a estudar no mapa e na ortofoto.
Antía e Andrea explícannos como observar si a auga flúe ou non, a presenza de cachoeiras, a profundidade do río, e as características do leito e os seus sedimentos. Reparamos tamén na vexetación, tanto a mergullada como a das beiras.
Uxía, Joana e Brais amósannos como medir o largo do río, a súa sección e o caudal
Empregamos canas graduadas para medir a profundidade, e limóns e un cronómetro para calcular a velocidade da auga.
Brais axúdanos a cumprimentar a parte da ficha de campo que trata a cor e o cheiro da auga, e as posibles distorsións ocasionadas pola intervención humana e a contaminación
Usamos dous termómetros para medir la temperatura da auga.
Empregamos os discos Secci para observar a
turbidez da auga.
Empregamos tubos de ensaio para tomar mostras de auga e, coas respectivas pílulas e a carta de cores, determinamos o pH, o nivel de
nitratos, de osíxeno e a súa saturación na auga.
Tamén tomamos varias mostras de sedimento para estudar a biodiversidade de macroinvertebrados no laboratorio ao día
seguinte. Neste últimos pasos contamos coa axuda de Candela, Marta e
Lara)
Antía, Lara e María axudáronnos a identificar que plantas e animais que viven na contorna deste treito do río Baíña.
Vaites, que agora toca estudar a biodiversidade e as especies invasoras deste ecosistema.
Parabéns a todo o
alumnado. O de 3º
esplicouno todo moi ben
e o de 2ª entendérono
de marabilla.
Ben feito!
Recommended