Salgueiros (Salix)

Preview:

Citation preview

Salgueiro(Salix)saucewillowsaule

salgueiro

CLASEAnxiospermas

ORDESalicalesFAMILIA

Salicáceas

Os salgueiros son árbores e arbustos caducifolios do xénero Salix que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio Norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral. Coñécense unhas 350 especies. 

Salix reticulataAlgunhas especies, de moi pequeno porte medran na tundra subàrtica.

As ponlas son, polo xeral, longas e flexibles. As follas teñen forma oval máis ou menos alongada e dispóñense alternadas ao longo das ponlas.As flores aparecen agrupadas en espigas e o froito é unha càpsula que encerra varias sementes (4-8) de 0,1 mm rodeadas de pilosidade que facilita a súa dispersión polo vento. Son plantas dioicas, é dicir, que desenvolven os caracteres masculinos e femininos en pés separados.Os salgueiros hibridan doadamente entre eles.

Os salgueiros arraigan moi ben de estaca (reprodución vexetativa), e medran con rapidez. As sementes perden capacidade xerminativa en poucos días.

Salgueiros no rego da Armenteira (Meis)

SALGUEIROS EN GALIZA

SilvestresSalgueiro branco (Salix alba)Salgueiro bravo, zao ou negro (Salix atrocinerea) Salgueiro orelludo (Salix aurita)Salgueiro cabuxo (Salix caprea)Salgueiro sarga (Salix eleagnos)Salgueiro irto (Salix fragilis)Salgueiro anano (Salix repens)Salgueiro nodoso (Salix salviifolia)Salgueiro de follas de amendoeira (Salix triandra)

NaturalizadoVimieiro ou vimbieiro (Salix viminalis)

OrnamentaisSalgueiro chorón (Salix babilonica)Salgueiro retorto (Salix matsudana)

Salgueiro bravo, negro ou zao(Salix atrocinerea)

Arbusto ou árbore que pode acadar 10 m de altura, de copa redondeada e pouco mesta. É orixinaria de Europa e atópase por toda Galiza en ribeiras de cursos de auga, prados húmidos, sebes ou bosques. É o máis abondoso dos salgueiros. 

TALOToro moi ramificado coa tona de cor parda-gris con fendas verticais.

FOLLASCaedizas, simples, alternas, co limbo de forma oval a lanceolada coa beira finamente dentada, de 1-2 cm de ancho e ata 10 cm de lonxitude, cun peciolo curto. As follas novas están densamente cubertas de pelo, despois son escuras polo dereito e verde-azuladas polo revés, con pelos escuros nos nervos.

Espigas femininas,  agrupacións de  flores formadas por un único ovario  cun estilo curto..

Espigas masculinas agrupacións de  flores núas formadas por 2 estames de cor amarela. 

FLORES:Son unisexuais, agrupadas en espigas, e aparecen en distintos pés. Florece de xaneiro a abril.

FROITOSSon agrupacións de cápsulas nas que se atopan as sementes diminutas rodeadas de peliños brancos que serven para que o vento as disperse.

CICLO ANUAL-SALGUEIRO

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Salgueiro en Xafardán (Tremoedo, Vilanova de Arousa).Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Salgueiro na Illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa)-13 m de altura; 5,5 m de perímetro.PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Salgueiro en Ponte Andón (Acibeiro, Forcarei)

Salgueiro no rego da Armenteira(Armenteira, Meis)-3,25 m de perímetro.

Salgueiros no Vao(Illa de Arousa)

Salgueiro no Rego da Chanca (Simes, Meaño)

Salgueiro no Lago Castiñeiras(Vilaboa)-2,83 m de perímetro.

Salgueiro na Fervenza(O Corgo)-2,70 m de perímetro.

Salgueiro en Limideiro (Zas)-2,10 m de perímetro.

Salgueiro no Cotariño(Camariñas, A Coruña)

SALGUEIRO BRANCO, VIMIEIRO, VIMBIEIRO (Salix alba) É nativo do norte de Europa e do centro e oeste de Asia.Pode acadar 25 m de altura. As follas son de forma lanceolada, coa beira serrada, máis craras que as de outros salgueiros, e están cubertas de peluxe polo envés. Miden 5 a 10 cm de longo e 0,5 a 1.5 cm de largo.

USOSA súa madeira é flexible e pouco densa, e emprégase para fabricar mistos e outros obxectos.No século V a. C. o médico grego Hipócrates utilizaba pó da tona do salgueiro branco para aliviar a dor e reducir a febre. Os nativos indios americanos empregábana antigamente para as dores de cabeza, febres, dores musculares, e reumatismos. Na medicina tradicional emprégase desde tempos antigos.

VIMBIEIRO (Salix alba, variedade vitellina)Caracterízase polas ponlas de cor amarela-laranxa. Cultívase para aproveitar as ponlas novas (vimbios) para atar e para facer cestos.

SALGUEIRO IRTO(Salix fragilis)Pode acadar os 15 m de altura. É orixinario de Europa e oeste de Asia. Atópase en toda Galiza, pero é máis común no litoral e zonas medias.Hibrida facilmente co Salix alba.

VIMIEIRO, VIMBIEIRO(Salix viminalis)Arbusto ou pequena árbore de ata 10 m de altura coa copa baixa e redondeada e as ponlas de cor verde-amarelo a vermello. As follas son lanceoladas, estreitas e apuntadas, de ata 15 cm de lonxitude, É orixinaria de Europa Central. Atópase por toda Galiza cultivado e naturalizado.

USOSCultívase para aproveitarlle as ponlas novas (vimbias) como material de cestería.

SALGUEIRO CABUXO(Salix caprea)Pode acadar 11 m de altura. As follas son ovais ou elípticas, de 5-10 cm de lonxitude por 3-6 cm de ancho. Atópase nas montañas orientais de Lugo e Ourense.

SALGUEIRO NODOSO(Salix salviifolia)Arbusto ou pequena árbore de ata 6 m de altura coa copa de forma irregular. As follas teñen o peciolo moi curto, forma lanceolada a linear e teñen pelos polo dereito e polo revés.

SALGUEIRO DE FOLLAS DE AMENDOEIRA (Salix triandra)Pequena árbore na que destacan as estípulas grandes e persistentes das follas. Localízase na desembocadura do Miño, en Cabeza de Manzaneda e nas marxes do río Loúzara (O Courel).

SALGUEIRO ANANO(Salix repens)Arbusto rastreiro que pode acadar ata 1 m de altura con follas elípticas de 2 cm de lonxitude.Atópase por toda Galiza en lugares húmidos e areosos.

SALGUEIRO ORELLUDO (Salix aurita)Pode acadar os 2,5 m de altura. As ponlas novas son de cor avermellada. O nome ven das estípulas que ten na base das follas.

SALGUEIRO SARGA (Salix eleagnos)Orixinario do centro e sur de Europa. En Galiza só se atopa na desembocadura do Miño, no val do Sil e nos arredores da Fonsagrada.As follas son longas e estreitas, de ata 10 cm de lonxitude, coa beira revoluta e o envés veludo.

SALGUEIRO CHORÓN (Salix babilonica)Nativa da China.Pode acadar ata 15 m de altura e ten a ponlas longas, flexibles e colgantes.Plántase como especie ornamental.

Salgueiro chorón en Monforte de Lemos.

Salgueiro chorón en Vilarrube (Valdoviño)

SALGUEIRO RETORTO (Salix matsudana)Nativa da China.Pode acadar ata 13 m de alturae ten a ponlas enroladas.Plántase como especie ornamental.

Salgueiros híbridos alba x babylonica (Vigo)

USOS DOS SALGUEIROSA madeira dos salgueiros é lixeira e emprégase para facer mangos de ferramentas, zocas, palillos, mistos... A tona empregábase en curtiduría, para extraer tintes e salicinina e foi utilizada en medicina para combater a febre e as afeccións reumáticas. As ponlas dos vimbieiros (vimbios) empréganse para facer cestas, canizos, aros, e para atar as viñas...

A partir da tona dalgúnhas especies de salgueiros (especialmente do Salix alba) obtense o salicósido ou salicina, un glicósido que por hidrólise libera glucosa e salixenina ou alcohol salicílico. En 1897 Felix Hoffmann sintetizou o ácido acetilsalicílico (aspirina) a partir do ácido salicílico obtido a partir do salicósido.A salicina ten propiedades analxésicas, antiinflamatorias, e antipiréticas.

Os salgueiros desempeñan un papel moi importante como fixadores das ribeiras dos ríos e regatos e son moi útiles para a recuperación de terreos de ribeiras.

ESCOLMA LITERARIA

¡Está na lama o salgueiroe medra no salgueiral!¡Fachenda e flor do lameiro!¡Corpo despido e xuncal!

Dendes do pé deica o cimo:¡que prodixio de feitura!¡Os ventos danlle agarimo!¡E danlle as aves tenrura!

Manuel María “Terra Chá”.

CANTIGA POPULAR

Salgueiro prende de ponla,ameneiro de raíz,amores que foron doutranon servides para min.

REFRÁNSe queres ter bo banastro, corta as vides no marzo.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetXullo 2015

Recommended