Teixo (Taxus baccata)

Preview:

Citation preview

teixo(Taxus baccata)

tejocommon yew

if communteixo

CLASEAnxiospermas

ORDETaxalesFAMILIATaxáceas

Árbore de copa cónica, ancha que pode acadar 15 m de altura. É orixinaria de Europa e sudoeste de Asia e vive en zonas de montaña, en bosques mixtos e barrancos sombrizos. É unha árbore moi lonxeva que pode superar os 2.000 anos.

TALO:O toro é curto e groso coas ponlas abundantes e horizontais que saen desde a base. A tona é parda-gris avermellada e escamenta.

FOLLASAs follas son persistentes, simples de forma acicular, aplanadas e sen peciolo, de cor verde escura, poden medir ata 3 cm.

FLORESSon unisexuais e nacen en pés diferentes. As masculinas forman inflorescencias pequenas de cor amarela pálida e saen sobre as axilas das follas. As femininas nacen illadas no extremos dos brotes, están reducidas a un óvulo envolto por brácteas.

flores masculinas

flor feminina

O falso froito está formado por un arilo carnoso e esférico de aproximadamente 1 cm de diámetro, de cor vermella que envolve a unha semente única.

CICLO ANUAL-TEIXO

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

O teixo atópase en Galiza en estado silvestre formando un pequeno bosque en Pena Trevinca e exemplares illados mesturados con outras especies no Caurel, Ancares e Serra de Meira, e como árbore ornamental en parques e xardíns.

Teixo na devesa da Rogueira. (O Courel-Lugo)

Teixedal de Pena Trevinca. Casaio. (Carballeda de Valdeorras). Situado na vertente norte de Pena Survia. É o bosque de teixos máis meridional de Europa que ocupa algo menos de seis hectáreas. Conta con arredor de 300 teixos de grandes dimensións, os máis altos con 20 m de altura e os máis grosos con 4 m de perímetro. Está incluído dentro do LIC “Pena Trevinca”.

Pazo Mariñán (Bergondo) Varios exemplares. O máis groso mide 4,35 m de perímetro.

Pazo de Baldomir (Bergondo) -17,4 m de altura; 6,20 m de perímetro.Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Casa Tenreiro (Pontedeume, A Coruña)-11,2 m de altura; 4,60 m de perímetro. Actualmente está en moi mal estado.Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

A Madalena (Pontedeume)-13 m de altura; 2,95 m de perímetro.

A Malata (Ferrol)-12 m de altura e 2,9 m de perímetro.

Igrexa Viladonelle. (Neda)-3,50 m de perímetro.

Pazo de Arenaza (Iñás, Oleiros) No Centro de Día.-12 e 17 m de altura e 3,74 e 4,20 de perímetro

Igrexa de Carballido (A Fonsagrada). -14, 11,5 e 6 m de altura.O máis grande mide 4,50 m de perímetro.Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Igrexa de Cereixido.(Quiroga, Lugo)-13,7 m de altura; 7,8 m de perímetro na base.Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Peizais (Neiro, A Fonsagrada)-4 m de perímetro.

Casa de Riba (A Pasada. Fontaneira, Baleira)-9 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Igrexa de Córneas. (Baleira, Lugo)-12,20 m de altura; 7,95 m de perímetro e máis de 400 anos. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

-2,5 m de perímetro-2,8 m de perímetro

Fraga da Cabana Vella(Cereixido, Cervantes)LIC “ANCARES-COUREL”

Piornedo (Cervantes)-4,6 m de perímetro (na base).LIC “ANCARES-COUREL”

“Teixo dos sete homes” Devesa da Escrita (Folgoso do Courel) -4,6 m de perímetro.LIC “ANCARES-COUREL”

-3,10 m de perímetro. -3,20 m de perímetro.

Devesa da Escrita (Folgoso do Courel) LIC “ANCARES-COUREL”

Devesa da Escrita (Folgoso do Courel) LIC “ANCARES-COUREL”

Luxís (Castro de Rei)

Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras) -15 e 18 m de altura e de 3 a 4 m de perímetro LIC PENA TREVINCAIncluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras) LIC PENA TREVINCAIncluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras) LIC PENA TREVINCAIncluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Balmonte (Castro de Rei) No lugar de A Torre Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

USOS:A madeira é de moi boa calidade e resiste moi ben a prodredume. Usouse para a construción de barcos e para peares.

Escultura de Francisco Leiro

Todas as partes do teixo son velenosas agás o arilo que recobre a semente. Contén un alcaloide, a taxina, que produce a morte en pouco tempo. Foi empregado en mediciña tradicional como abortivo.

Segundo conta a lenda os galaicos do Monte Medulio envelenáronse cunha beberaxe feita con froitos de teixo para non ter que rendirse aos romanos.

O teixo máis antigo que se coñece, con 2.000 anos, está en Fortingall, Escocia). É o ser vivo máis vello de Europa.

Capela no toro dun teixo en Inglaterra.

ESCOLMA LITERARIA

DEVESA da Rugueira! Bidueiros cimeiros!Pena das Augas!Xardois teixosrebolos tocos, faias derrubadas!

Camiño da Veneira!Carreiro dos dez regueiros!Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas pincheiras e pincheiras!

Eiquí sempre foi bosco.

Ruxir soloda fonte do corzo!Barbas do mofopingando dos toros!

(Uxío Novoneyra, “Os eidos”)

“Baixa o lobo polo ollo do boscomovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreirosen busca da vagoada máis solas e máis medosa...”

Uxío Novoneira “Os Eidos”, 1981

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

Xullo 2015

Recommended