Tema 14

Preview:

Citation preview

Tema 14: O ConcelloO concello ou municipio é un territorio, que agrupa a varias parroquias, cidades, vilas ou aldeas. O concello tamén é a institución que se encarga de gobernar o territorio (municipio) e de organizar os servizos municipais.

O goberno municipalO goberno municipal está formado polo alcalde e os concelleiros.

- O alcalde preside o concello- Os concelleiros axudan ao alcalde ou

alcaldesa a organizar os servizos municipais.Para tomar as decisións de goberno o

alcalde e os concelleiros reúnense nos plenos municipais (reunións para tomar decisións) e editan uns escritos coas decisións tomadas chamados ordenanzas municipais (escritos onde se comunica aos veciños as decisións tomadas).

As elecciónsA formación dos concellos realizase cada catro

anos mediante unhas eleccións municipais, que se realiza do seguinte xeito:1. Os candidatos presentan un programa

electoral no que explican o que pretenden facer se fosen elixidos.

2. Os veciños maiores de 18 anos votan para elixir aos concelleiros.

3. Os concelleiros, despois das eleccións, elixen o alcalde ou alcaldesa.O número de concelleiros depende da poboación do concello (No

caso de Muros é de 13concelleiros/as, en Noia 17 concelleiros/as)

Candidaturas VotosConcejales

P.P. 3.667 41,83% 7

PSdeG-PSOE 2.860 32,63% 6

BNG 991 11,31% 2

NO.I.A. 986 11,25% 2

PGA 51 0,58%  

Resultados en Noia 2011

Resultados en Muros 2011Candidaturas Votos

Concejales

PSdeG-PSOE 2.282 39,92% 6

P.P. 1.762 30,82% 4

BNG 1.508 26,38% 3

Os servizos municipaisOs traballos que non producen obxectos materiais reciben o nome de servizos.1. Servizos de abastecemento: encárganse dos

mercados municipais ou prazas de abastos.2. Servizos de protección: a súa misión é

protexer. Son a Policía Municipal e os bombeiros.

• A policía regula o tráfico, vixia a seguridade nas rúas e axuda nos accidentes.

• Os bombeiros apagan os lumes e axudan nas desastres naturais.

3. Servizos de saneamento: ocúpanse da limpeza e coidado das rúas. Os principais son:

• Augas: subministrar auga potable e manter en bo estado sumidoiros e desaugadoiros.

• Limpeza: os varredoiros limpan as rúas e recollen o lixo.

• Iluminación: manter a iluminación pública.

• Medio natural: coidado de parques e xardíns.

Os servizos municipais

Os servizos municipais

4. Servizos de urbanismo e tráfico: os de urbanismo encárganse de por as normas de construción e os de tráfico ocúpanse de sinalar as rúas e regular as sinais de tráfico.

5. Servizos culturais e de ocio: encárganse das bibliotecas , museos, campionatos deportivos, piscinas, polideportivos e festas