View
700
Download
5
Category
Preview:
Citation preview
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 2
CONCEPTO DE CIDADE: criterios para a súa definición Cuantitativos ou estatísticos: Considérase poboación urbana aos
municipios de máis de 10.000 habitantes. Contabiliza a poboación de todo o termo municipal (dispersa ou concentrada)
Cualitativos: baséase en: Características morfolóxicas: vén dado por:
Densidade de edificación Densidade de poboación Tipo de edificacións
Características funcionais: baséase nas actividades económicas urbanas (industria e servizos)
Criterios sociolóxicos: pola cultura urbana: Estrutura familiar menos tradicional Relacións sociais diversificadas
Criterio espacial: baséase na capacidade da cidade de organizar o espazo que a rodea, é dicir, influír sobre outros núcleos. A influenza vén dada polo tamaño da cidade e variedade defuncións
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 3
CONCEPTO DE CIDADE
A definición que se axusta en España é aquela que di que cidade é o espazo urbano que cumpre os seguintes catro requisitos: Ten bastantes habitantes: máis de 10000 habitantes Unha alta densidade de poboación Onde os dous terzos da poboación se dedican a
actividades secundarias Contan con suficientes servizos culturais, médicos,
eduativos
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 4
PROCESO DE URBANIZACIÓN Chamamos proceso de urbanización á:
Progresiva concentración de poboación. Progresiva concentración das actividades económicas e
das innovacións máis destacadas. Á difusión destes procesos cara o contorno.
Neste proceso diferéncianse varias etapas: Preindustrial Industrial Posindustrial
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 5
E. Prindustrial E. Industrial E. Postindustrial
Cronoloxía Desde a orixe da cidadeó inicio da industrialización
Desde o inicio da industrialización á crises económica de 1975.
Desde 1980.
Taxa deUrbanización
Modesta (a poboación urbana non supera o 10% do total) e estabilizada, porque, aínda que hai crecemento urbano, o incremento da poboación urbana é paralelo ó da poboación rural.
Experimenta un gran crecemento: o incremento da poboación urbana supera ó da poboación rural.
Se estabiliza: crece a ritmo menor pola redución dos movementos migratorios ás cidades e a diminución do crecemento natural.
Factoresde la
urbanización
– Estratéxico-militares (control do territorio).– Políticos e administrativos (organización do territorio).– Económicos (control dos recursos do entorno e centros de actividade comercial e artesanal).– Relixiosos (sedes do poder relixioso)-Culturais poir albergar centros culturais.-Colonización fenicia e grega (litoral mediterráneo)-Romanización: fundaron moitas cidades.-Invasións xermánicas: fase de desurbanización.-Idade media: Musulmáns: crearon cidades e revitalizaron outras.Cristiáns: escasa vida urbana ata os séculos XII e XIII no que se reactivou.-Idade moderna: S.XVI auxe urbano; s.XVII estancamento; s.XVIII, reanimouse.
– Administrativos: a nova división do territorio en provincias en 1833 estimulou o crecemento das novas capitais provinciais.– Económicos e sociais: naceu e desenvolveuse a industria moderna, que localizouse nas cidades e atraeu ata elas a unha poboación campesiña numerosa, polo alto crecemento da poboación, que viu facilitado o traslado pola mellora dos transportes.-Ata mediados do XIX: a concentración demográfica foi pequena (24,6%)-Dende mediados do XIX a 1936: a taxa case se dobrou (40%).-Guerra Civil e posguerra: relentizouse e non favoreceu o crecemento.-Dende 1960 ata 1975 : etapa de maior crecemento
– A industria perde importancia como factor de urbanización porque a crise industrial provoca a perda de atracción ou o declive das cidades industriais e pola nova tendencia a dispersar a produción industrial no espazo.– A terciarización gaña importancia como factor de urbanización (actividades punta, centros de decisión e turismo), mais aínda non substitúe á industria.-Na etapa postindustrial fréase o proceso de crecemento das maiores cidades a favor das cidades medias e pequenas debido á saturación das grandes urbes e á tendencia actual á descentralización das actividades económicas. O resultado é a dispersión da urbanización ou urbanización difusa que estende a cidade sobre espazos cada vez máis amplos.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 8
MORFOLOXÍA URBANA É o aspecto externo que presenta a cidade. Está
influenciada por: A)Localización: é o espazo concreto sobre o que se asenta a
cidade. Depende de: Características físicas ou medio físico (topografía) Función para o que se creou a cidade
B)Situación: é a posición relativa da cidade respecto a un contorno xeográfico amplo. Está relacionada coa: Función da cidade
C)Plano: é o conxunto formado polas superficies construídas e libres da cidade. Poden diferenciarse: Plano irregular Plano radiocéntrico Plano ortogonal
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 12
D)Construción que inclúe a trama urbana e a edificación. Pode ser: Trama:
Compacta ou pechada cando os edificios están xuntos ao longo de grandes extensións.
Aberta: cando deixan amplos espazos libre entre si. Edificación:
Colectiva e en altura (bloques e torres) Individual (vivendas exentas ou acaroadas.
E)Usos do solo: son as diversas utilizacións que se fan do espazo urbano: comercial, residencial, industrial…
MORFOLOXÍA URBANA
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 13
ESTRUTURA URBANA
Chámase estrutura urbana á división da cidade en áreas con morfoloxía e funcións características.
En España podemos diferenciar: Cidades convencionais que constan de:
Parte antiga Ensanche da época industrial Periferia actual
Aglomeracións urbanas
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 14
ESTRUTURA URBANA. 1.-A CIDADE PREINDUSTRIAL: CASCO ANTIGO Entendemos por casco histórico a parte máis antiga da cidade ou a parte dende
onde se orixinou a cidade. Este casco histórico foi evolucionando dende a súa orixe. Podemos falar de diversas etapas. Nunha primeira etapa esta parte da cidade ou núcleo presentaba un plano irregular e nalgúns casos podería presentar radiocéntrico. Normalmente as rúas eran irregulares e estreitas e estaba rodeado por unha muralla. Dentro desas murallas a trama era compacta, é dicir, as edificacións estaban xuntas e pegadas unhas ás outras. Casas que eran unifamiliares e poderían presentar patios ou currais. Nas rúas mesturábanse residencias, con comercios, talleres artesáns...e convivían diversos grupos sociais. Nunha etapa posterior, digamos que industrial, prodúcense reformas no plano do casco histórico e se abren prazas, novas rúas, ensánchanse outras (Gran vía)...e tamén se produce certo deterioro. A trama segue densificándose con edificios que acadan tres cinco alturas, substitución de edificios vellos por novos. O centro histórico nesta etapa confírmase como centro comercial reducindo o de residencia. Os residentes nesta zona serán xente burguesa que pouco a pouco comeza a abandonar este centro para irse á periferia, o que trae consigo un deterioro do casco histórico. Na etapa postindustrial procúrase rehabilitar esta zona. Os edificios son remozados e preténdese dotar ao casco histórico de lugar tanto residencial como comercial, tamén arránxanse prazas, fanse rúas peonís, etc.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 16
ESTRUTURA URBANA. 2.-A CIDADE INDUSTRIAL: ENSANCHE Entre mediados do século XIX e o primeiro terzo
do século XX, a industria moderna atraeu poboación rural ás principais cidades industriais ocasionando a súa expansión máis alá das murallas preindustriais. Estas cidades tiveron que medrar e seguiron medrando fóra das murallas nos chamados ensanches: Para os burgueses. Barrios obreiros barrios axardinados.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 17
ESTRUTURA URBANA. 2.-A CIDADE INDUSTRIAL: ENSANCHE Ensanche burgués: é un espazo novo que responde aos
gustos burgueses e polo tanto plasma as súas ideas de orde cun plano regular; de hixiene por iso aparecen rede de sumidoiros, alumeado, auga, prazas...; e de beneficio económico con comercios, transportes...As rúas son rectas e deséñanse en cuadrícula. A trama edificatoria é de baixa densidade con espazos entre casas con xardín. As casas podían ser palacetes e vilas. Principalmente o uso do solo era residencial burgués. Co paso do tempo a trama densifícase e as casas elévanse en altura e a zona comeza a ter usos comerciais e terciarios.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 19
ESTRUTURA URBANA. 2.-A CIDADE INDUSTRIAL: ENSANCHE Ensanche obreiro: barrios obreiros e industriais: establécense na
periferia das cidades xunto ás vías de acceso á cidade ou xunto ás estacións de ferrocarril xa que os traballadores que emigraban ás cidades non podían instalarse no casco histórico nin no ensanche burgués porque era caro. Nun primeiro momento o plano era desordenado cunha trama pechada, densa e vivendas de escasa calidade e dimensión en pisos. Os usos do solo eran diversos: residencia, talleres, servizos, almacéns...Na actualidade, polo traslado da industria, o solo foi ocupado por outros usos terciarios como centros comerciais, recreativos, campus universitarios ou residencias para xente de maior poder adquisitivo. Nos antigos barrios de obreiros que permanecen trátase de revalorizalos para que non caian na marxinación e deterioro. Aínda que os menos accesibles seguen sendo espazos marxinais.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 21
ESTRUTURA URBANA. 2.-A CIDADE INDUSTRIAL: ENSANCHE Barrios xardín: Creáronse a finais do século XIX e no primeiro terzo
do século XX. Son o resultado da difusión en España das ideas naturalistas que propugnaban o achegamento á natureza, e das ideas hixienistas, que valoraban os efectos positivos do sol e do aire libre sobre a saùde. Como propostas, as cidades xardín, que achegan o campo á cidade. A cidade xardín, desenvolvida por Howard; consistía en proxectar casas para o proletariado con Casas Baratas, de tal xeito que se eliminaban as casas insalubres e erguer casas unifamiliares monótonas con xardín. Logo estas casas orientáronse ás clases medias (similares aos chalets adosados). A Cidade Lineal de Arturo Soria, proxectada para arredores de Madrid, concebía unha grande rúa de 40 metros de ancho bordeada de casas unifamiliares con horta e xardín. Tamén pretendíase superar a segregación social incluíndo casas de distinto nivel e prezo.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 22
ESTRUTURA URBANA. 3.-A PERIFERIA E AS TRANSFORMACIÓNS RECENTES As cidades españolas experimentan un importante
desenvolvemento a partir de 1960 pola chegada de xente do campo. Estas áreas urbanas chegaron a unirse a municipios veciños. Na actualidade as cidades teñen un ritmo de crecemento máis lento e xorde a chamada cidade difusa con áreas periurbanas ou rururbanas. Nas periferias aparecen: Barrios residenciais Áreas industriais Áreas de equipamento
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 23
ESTRUTURA URBANA. 3.-A PERIFERIA E AS TRANSFORMACIÓNS RECENTES Barrios residenciais: pode haber de cinco tipos:
Barrios marxinais de choupanas que xorden sobre solo ilegal, rústico ou verde e sen organización urbanística. As vivendas son autoconstruídas con materiais de refugallo e carecen de servizos como auga, luz, saneamento. Fronte a este problema leváronse a cabo operacións de mellora pero actualmente volveu a incrementarse o problema coa inmigración.
Barrios de vivendas de promoción social: é dicir, construídas con axuda estatal e con limitacións de prezo de venda ou aluguer. Normalmente son de trama aberta, con vivendas unifamiliares ou de bloques, de baixa calidade construtiva, etc.
Polígonos de vivendas de promoción privada: de trama aberta en bloques ou torres con espazos para xardíns ou aparcamentos.Crearon paisaxes monótonos.
Barrios de quinteiro pechado con casas con patio colectivo, xardíns, piscinas, prazas. Áreas de vivenda unifamiliar que son de trama aberta e edificación individual en
vivendas exentas. Áreas industriais e de equipamento na periferia:
Áreas industriais que inclúen polígonos industriais. Áreas de equipamento como grandes superficies comerciais, centros escolares,
sanitarios…
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 26
ESTRUTURA URBANA. 4.-AS AGLOMERACIÓNS URBANAS: ÁREA METROPOLITANA A área metropolitana é unha grande extensión urbana que
rodea a unha cidade importante e abarca administrativamente varios municipios, entre os que existen importantes relacións económicas e sociais.
As características son: Está presidida por unha cidade importante Establécense relacións sociais e económicas. A cidade central
proporciona emprego e servizos e a área de influenza permite a instalación de actividades económicas por ter un solo máis barato e alberga traballadores de diferente categoría.
A rede de comunicacións é esencial Hai variedade social e poboación nova. A estrutura espacial corresponde a coroas concéntricas por
sectores especializados en diferentes actividades.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 28
ESTRUTURA URBANA. 4.-AS AGLOMERACIÓNS URBANAS: OUTROS TIPOS DE AGLOMERACIÓN URBANA Rexión urbana: é unha área urbana discontinua, integrada por
cidades dispersas (nebulosa urbana) pero o suficientemente densa como para que todo o territorio posúa características urbanas. Exemplo: centro de Asturias
Conurbación: é unha área urbana continua formada polo crecemento paralelo de dúas ou máis cidades ata unirse. Cada cidade da conurbación mantén a súa independencia. Exemplo: Marbella-Málaga.
Megalópole: É unha aglomeración urgana de extensión suprarrexional e está constituída por diversos elementos urbanos con funcións distintas que medran e forman unha área urbana descontínua, pero sen fracturas importantes: Ex: o Eixe Mediterráneo.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 29
aglomeración urbana
Conurbación: é unha área urbana continua formada
polo crecemento paralelo de dúas ou máis
cidades ata unirse. Cada cidade da conurbación mantén
a súa independencia.Exemplo: Marbella-Málaga
Rexión urbana: é unha área urbana
descontinua, integrada por cidades dispersas
(nebulosa urbana) pero o suficientemente densa como para que
todo o territorio posúa características urbanas.
Exemplo: centro de Asturias
Megalópole:Xorde cando a
urbanización acadaescala suprarrexional.
Está formada porvarios núcleos
urbanos con funciónsdistintas.BarcelonaValenciaAlacant
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 31
PROBLEMAS DAS CIDADES ESPAÑOLAS Problemas de vivenda. Problemas de abastecemento e equipamento Problemas de tráfico Problemas ambientais
Microclima Contaminación atmosférica Ruído RSU
Problemas de delincuencia e marxinación social
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 32
A ORDENACIÓN DO ESPAZO URBANO. 1.A PRODUCIÓN DO ESPAZO URBANO
Os axentes sociais que interveñen no espazo urbano son: Propietarios do solo Promotores e inmobiliarias Empresarios industriais Cidadanía Poder político
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 33
A ORDENACIÓN DO ESPAZO URBANO. 2.- PLANIFICACIÓN URBANA: URBANISMO Da ordenación do espazo urbano encárgase o
urbanismo. Este ten unha dimensión teórica e outra práctica. Inclúe a totalidade do termo municipal e ten como fin proxectar novos espazos para o futuro crecemento urbano en función das necesidades.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 34
A ORDENACIÓN DO ESPAZO URBANO. 2.- PLANIFICACIÓN URBANA: URBANISMO Os inicios do urbanismo dátanse da metade do século XIX, cando o
crecemento urbano rebordou as murallas das cidades, non obstante, as actuacións aplicábanse aos espazos ocupados pola burguesía. Realizáronse: Regularizacións do plano (planos xeométricos) Plans de saneamento pola propagación de ideas hixienistas. Mellora de servizos. Reconstrución das cidades danadas pola Guerra civil.. Leis de vivenda Organización do crecemento urbano: PXOU, que dividían ás cidades en
zonas polas súas funcións. Na época de desenvolvemento (1960)houbo:
Especulación con mala calidade das vivendas Elimináronse elementos valiosos do patrimonio histórico artístico Contaminación atmosférica e das augas, para solventalo creáronse
Polígonos de desconxestión.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 36
A ORDENACIÓN DO ESPAZO URBANO. 2.- PLANIFICACIÓN URBANA: URBANISMOXa a partir de 1975 hai cambios importantes como que:
As CCAA adquiren competencias sobre a ordenación do territorio, urbanismo e vivenda. A súa lexislación debe ser seguida polos concellos, a quen lles corresponde o planeamento urbanístico dos seus municipios, mediante diversos instrumentos de planificación.
O PXOU é o instrumento básico para a ordenación urbanística integral do municipio. Proxecta: O uso do solo de cada zona A clasificación dos terreos (urbanizables, urbano…) Os equipamentos Medidas de proteción ambiental. Comprende:
O Plan parcial: para cada área urbana Plans especiais: ordenan aspectos específicos
A partir de 1980 dáse unha crecente participación cidadá.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 37
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL Tamaño demográfico das cidades é unha das bases da
xerarquía urbana. Establécese de acordo coa regra rango-tamaño, que relaciona a poboación dunha cidade e o seu rango.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 38
Interior: pouco urbanizado
Descontinuo e con dificultadesde articulación
Eixe dinámico
Dobre eixe:Val do Guadalquivire o eixe litoral
ConcéntranseAs grandesaglomeracións
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 39
Funcións das cidades: enténdese por funcións as actividades socioeconómicas que desempeñan as cidades cara o exterior. Segundo isto poden clasificarse en: Primarias: especializadas no sector primario: as cidades
andaluzas, manchegas, murcianas, levantinas, asturianas. Secundarias:
Na industria: País Vasco, Cataluña, Asturias Na construción
Terciarias: especializadas en servizos que poden ser comerciais, administrativos, culturais, sanitarios, relixiosos ou turísticos.
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL: 1.-CARACTERÍSTICAS. 1.1.-Elementos do sistema urbano. 1.1.2. Funcións urbanas
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 40
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL: 1.-CARACTERÍSTICAS. 1.1.-Elementos do sistema urbano. 1.1.3. Influenza urbana Un sistema de asentamentos
equilibrado correspondería ao modelo teórico dos lugares centrais establecido por Chistaller en 1933. Este clasifica os lugares centrais de acordo coa variedade e coa calidade das funcións que desempeñan e adxudícalles unha área de influenza hexagonal. Así unha vila tería como área de influenza seis aldeas, unha cidade pequena tería como área de influenza seis vilas…ata chegar ás cidades de maior categoría. O resultado é unh territorio organizado como unha malla hexagonal.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 41
-Madrid é o lugar central principale a súa influenza esténdese por todaEspaña.-Na periferia sitúanseOs núcleos que lle Seguen en influenzaComo sonBarcelonaValenciaSevillaA CoruñaBilbao-A unha distanciaintermedia atópanseas cidades de rangomedio:BurgosZaragozaMurciaGranada
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 42
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL: 1.-CARACTERÍSTICAS. 1.1.-Elementos do sistema urbano. 1.1.4. Xerarquía urbana Metrópole: son as cidades que se
atopan na cima da xerarquía do sistema urbano. A súa poboación supera os 250.000 hab.Desempeñan funcións máis especializadas relacionadas co sector terciario e coa industria de alta tecnoloxía. A súa influenza é ampla. Destácanse: Metrópoles nacionais Metrópoles rexionais Metrópoles subrexionais
Cidades medias: as capitais de provincia entre 250.000 e 50.000. Funcións terciairas menos especializadas. Puntos terminais dunha densa rede de autobuses.
Cidades pequenas e vilas: menos de 50.000 hab.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 43
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL: 2.-O SISTEMA DE CIDADE
Caracterízase pola localización no centro da maior aglomeración urbana do país, Madrid, rodeada por eixes urbanos periféricos. Madrid é o núcleo urbano principal de España e caracterízase polas súas
funcións terciarias. Eixes urbanos periféricos:
Eixe atlántico galego dende Ferrol a Vigo. Comercio Eixe cantábrico dende Oviedo a Vitoria. Menos dinámico pola perda de
industrialización. Eixe mediterráneo dende Girona a Cartaxena. Dinámico Eixe do Val do Ebro: principal cidade Zaragoza. Dinámico Eixe andaluz de Almería a Huelva. Dinámico ligado ao turismo e comercio.
Interior peninsular: carece de eixes urbanos e predominan pequenas cidades.
Nas illas hai fragmentación urbana.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 44
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL: 2.-O SISTEMA DE CIDADE. A integración en Europa Xerarquía europea
Metrópoles globais (non hai españolas)
Locomotoras europeas: onde se atopan Madrid e Barcelona.
Metrópoles europeas potenciais: Bilbao, Valencia e Palma de Mallorca.
Metrópoles europeas débiles como Sevilla.
Sistema de cidades europea: Eixe dinámico: a dorsal europea entre
G.Bretaña e o Norte de Italia. Eixe mediterráneo Eixe cantábrico e galego, na área
estancada dos “fisterra” As do interior peninsular no espazo
desarticulado europeo. En definitiva, as cidades españolas ocupan
unha posición periférica.A novidade máis recente é a formación dun eixe diagonal Lisboa, Madrid, Zaragoza e Barcelona.
IES Universidade Laboral
Xeografía de 2º de Bacharelato 45
POBOAMENTO URBANO EN GALICIA Galicia presenta na actualidade un
sistema urbano desarticulado. Hai un desequilibrio demográfico e funcional entre as provincias occidentais e orientais. O Corredor do Atlántico concentra o 60% da poboación total.
Hai un policentrismo urbano. Destacan dúas metrópoles
rexionais: Vigo e A Coruña Cinco cidades medias: Ourense,
Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol.
Numerosas vilas
Recommended