View
48
Download
1
Category
Preview:
Citation preview
Tema 4: Riscos e problemas ambientais.
ÍNDICE
A influenza do medio na actividade humana
A influenza da actividade humana no medio
A protección dos espazos naturais
VOCABULARIO
Avaliación de impacto ambiental
Ecosistema
Efecto invernadoiro
Paisaxe (4)
VOCABULARIO Avaliación de impacto ambiental: O impacto ambiental é o efecto dunha determinada actividade sobre o
medio . A Avaliación do impacto ambiental é o procedemento administrativo que permite identificar os posibles efectos ambientais dunha acción humana durante a fase en que aínda está en proxecto, propoñendo medidas para evitalos, reducilos ou compensalos. A Declaración de Impacto Ambiental é a comunicación previa das consecuencias ambientais preditas pola dita avaliación. Ambas as dúas son condición imprescindible para a execución de certas actividades como por exemplo, a construcción de infraestruturas, según a lexislación española e europea.
Por exemplo, antes de realizar unha estrada, unha presa ou un porto, analízanse as posibles consecuencias ambientais e establécense medidas para diminuír os efectos negativos que esa obra poida ter sobre o medio.
Ecosistema : Conxunto en interacción que constitúe unha comunidade natural unitaria ou, polo menos, homoxénea integrada por uns determinados organismos viventes, tanto vexetais como animais ( a denominada biocenose), e o entorno físico no que viven, sexa emerxido ou acuático, que recibe o nome de biotopo. Os ecosistemas teñen dimensións variadas e consideranse unha unidade estructural elemental da biosfera (ámbito no que se desenvolve a vida). A biosfera está integrada pola litosfera (terra), hidrosfera (auga) e troposfera (parte inferior da atmósfera).
VOCABULARIO Efecto invernadoiro : O efecto invernadoiro é unha función natural da atmósfera, realizada polo vapor de
auga e gases como o dióxido de carbono (CO2) e o metano (CH4). Estes gases actúan como o cristal dun invernadoiro: deixan pasar a radiación solar, pero reteñen parte da calor irradiada pola superficie terrestre, evitando que escape ao espacio exterior. Sen este efecto, a temperatura media do planeta sería de –18ºC en lugar dos 15ºC actuais. Esta situación, que se da no planeta de forma natural, acentuouse nas últimas décadas, pola actividade humana. A acumulación de emisións de gases con efecto invernadoiro pola queima de combustibles fósiles, as emisións de certas industrias e dos automóviles, os incendios e a deforestación, fan que a cantidade de calor retida sexa maior. Esta calor acumúlase e favorece o quencemento global . A consecuencia será un cambio climático, consistente no aumento global da temperatura da terra, o incremento de fenómenos extremos como secas e grandes inundacións, a suba do nivel do mar pola fusión dos xeos polares, e unha reducción da biodiversidade. Todas estas consecuencias terán grande incidencia no territorio español, especialmente na área mediterránea.
Paisaxe : En xeral, enténdese por paisaxe calquera área da superficie terrestre produto da interacción dos diferentes factores presentes nela, tanto naturais coma humanos, e que teñen un reflexo visual no espazo. Toda paisaxe está composta por elementos se artellan entre si. Estes elementos son basicamente de tres tipos: abióticos (elementos non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana).
A paisaxe, como compoñente do medio ambente, é obxecto de protección por parte de diversas leis e institucións nacionais e internacionais (UNESCO e Consello de Europa).
ESQUEMA DA UNIDADE
Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, cambio climático, pegada ecolóxica.
Respostas e solucións cara a sustentabilidade.
A paisaxe: recurso común, interpretación e transformacións recentes.
O patrimonio natural español e categorías de protección.
TEMA (pregunta teórica)
Repercusións ambientais da acción humana:
Contaminación.
Cambio climático.
PRÁCTICOS
Os mapas poderán estar referidos a España ou Galicia.
Mapas de riscos: xeolóxicos, climáticos (inundacións, temporais e secas).
Estatísticas e mapas de erosión dos solos, desertización e incendios forestais.
Mapas dos espazos protexidos (parques nacionais, parques naturais, reservas da biosfera).
A INFLUENCIA DO MEDIO NA ACTIVIDADE HUMANA
O medio natural inflúe na actividade humana:– Positiva: a través do recursos que proporciona– Negativa: a través dos risco que comporta.
O MEDIO NATURAL COMO RECURSO
O medio natural achega ao ser humano recursos: elementos para satisfacer as súas necesidades. A súa valoración e o seu aproveitamento variaron por:– capacidade tecnolóxica para utilizalos, – custos económicos – comportamentos sociais.
O RELEVO COMO RECURSO
O relevo español achega recursos e garda relación con actividades humanas.
INFLÚE NOS ASENTAMENTOS buscan localizacións máis favorables en función das necesidades (outeiros, ríos)
INTERVÉN NA ACTIVIDADE AGRARIA mellores condicións nas zonas chas e baixas
PROPORCIONA RECURSOS MINERAIS E ENERXÉTICOS: -relevos primarios carbón e certos minerais -cuncas terciarias minerais de canteira.
AFECTALLES ÁS COMUNICACIÓNS: a disposición periférica do relevo montañoso dificulta as comunicacións. As pendentes implican rodeos e esixen custosas obras.
AS PECULIARIDADES DO RELEVO PODEN CONSTITUÍR UN ATRACTIVO TURÍSTICO: montañas alpinas, formacións calcáreas como a Cidade Encantada de Cuenca, formacións volcánicas de Canarias….
O relevo costeiro mediterráneo resulta desfavorable para a instalación de portos pero favorece a actividade turística onde existen extensas praias areentas.
O CLIMA COMO RECURSO
O CLIMA INFLÚE NA DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN E NO HÁBITAT. – Menos poboación nas zonas con climas adversos.– Casas: a 2/4 augas nas zonas choivosas, cuberta plana nas áreas de poucas
precipitacións.
O CLIMA EXERCE UN NOTABLE INFLUXO NA AGRICULTURA: condicións térmicas e pluviométricas pouco favorables.
A ATMOSFERA ACHEGA FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES E LIMPAS.– O vento xera electricidade nas centrais eólicas. – A elevada insolación subministra enerxía térmica para uso doméstico e enerxía
eléctrica para uso industrial. – As abundantes precipitacións do norte peninsular existencia de ríos caudalosos e
regulares que lles proporcionan electricidade ás centrais ou minicentrais hidráulicas.
O CLIMA INTERVÉN EN DIVERSAS ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO.– Perxudica o transporte– Beneficio o turismo de sol e praia, o de neve….
A AUGA COMO RECURSO: O USO DA AUGA
A auga esencial para a vida e para numerosas actividades humanas
asentamentos próximos aos recursos hídricos.
Usos consuntivos (consumidores de auga):– regadío agrario máis do 80% da auga consumida; – uso polos sectores económico (produción mineira, enerxética e
manufactureiras e actividades terciarias), – o uso nos fogares e municipios (limpeza de rúas, rega de xardíns).A auga consumida incrementouse nos últimos anos, como consecuencia do
desenvolvemento económico, urbano e do nivel de vida. Así as cifras de consumo de auga por persoa están entre as máis altas de Europa e do mundo.
Usos non consuntivos pesca, acuicultura, a produción hidroeléctrica, a navegación e os deportes náuticos.
El consumo de agua por habitante en España se halla entre uno de los más grandes del mundo, se sitúa en 126 litros de agua al día, lo que demuestra que podemos ahorrar agua en nuestros hogares como en otros países.
A AUGA COMO RECURSO: O BALANCE HÍDRICO
Os recursos hídricos proceden sobre todo das precipitacións augas superficiais e acuífero. Aínda que a cantidade de auga é superior á demanda déficit hídrico anual producido por:
A irregular distribución dos recursos: – Os ríos, presentan unha forte irregularidade estacional e interanual e unha desigual
distribución espacial. Este feito determina a presenza de concas con claros excedentes (Norte, Douro, Texo e Ebro), concas con equilibrio entre recursos e demanda (as demais concas atlánticas e do
Pireneo Oriental) concas con déficits evidentes (as restantes concas mediterráneas).
– A auga dos acuíferos, desalinización mariña e da reutilización das augas depuradas representa un volume moito menor.
A AUGA COMO RECURSO: O BALANCE HÍDRICO
A irregular distribución da demanda concéntrase no arco mediterráneo recursos escasos.
A insuficiencia dos encoros e as perdas de auga. A auga almacenada non abonda para cubrir unha demanda en alza. Ademais hai importantes perdas anuais de auga uso de sistemas de rega inadecuados e polas fugas das conducións.
O déficit hídrico podería elevarse a mediados de século cambio climático= descenso das precipitacións e aumento da temperatura entre 2 e 5º.
A AUGA COMO RECURSO: AS OBRAS HIDRÁULICAS
As obras hidráulicas son as infraestruturas construídas para regular os recursos hídricos e mellorar a calidade da auga.
As obras para regular os recursos hídricos: encoros, canles e transvasamentos– Os encoros son grandes extensións de auga almacenada artificialmente
detrás dunha presa ou barreira transversal á corrente. Son máis de mil. Atopamos encoros privados (produción eléctrica) e os estatais (a asegurar o abastecemento agrario, urbano e industrial). Serven para regular o caudal dos ríos e evitar inundacióins. Problemas: Atérranse pola acumulación de sedimentos que diminúen a súa capacidade. Algúns son inviables tecnicamente, por construírse en áreas con insuficiente
alimentación de auga ou con forte evaporación; non son rendibles económicamente. alteracións sociais, como a inundación de vales, poboacións e terras de uso agrario, e
alteracións ambientais, ao modificar as condicions ecolóxicas dos seres vivos acuáticos.
EL DRAMA DE RIAÑO http://www.youtube.com/watch?v=zmJfXf3Ello#t=32
La historia reciente de este ayuntamiento está marcada por la construcción del embalse de Riaño (llamado Remolina) que anegó el pueblo original, el antiguo Riaño o Viejo Riaño en 1987. Junto con él, siete pueblos más del valle fueron también cubiertos por las aguas. Tras varios intentos de construir un embalse a lo largo del siglo XX, finalmente el valle de Riaño, en el que confluyen los ríos Esla, Yuso y Orza, fue sepultado por las aguas en 1987.
Las compuertas del Embalse de Riaño fueron cerradas el 31 de diciembre de 1987 si bien su construcción comenzó en 1965, el retraso en su llenado se explica por un cúmulo de circunstancias sociales y políticas, y que con el paso de los años dieron lugar a protestas en contra de la culminación de las obras y del comienzo del llenado de la presa. Las mismas fueron en aumento, con manifestaciones multitudinarias, respondidas con cargas policiales para el desalojo forzoso de los residentes en los municipios afectados.
1.3.3. AS OBRAS HIDRÁULICAS
As obras para regular os recursos hídricos– OS RÍOS REGULÁRONSE MEDIANTE ENCOROS,
CANLES E TRANSVASAMENTOS– As canles de distribución ou conducións de auga
(15000km) a antiguidade e mal estado = fugas e perdas de auga.
– Os transvasamentos son transferencias de auga entre concas excedentarias e deficitarias. Na actualidade funcionan 38 entre o que destaca o do Texo-Segura. Algúns xeran conflitos entre as zonas receptoras e as zonas orixinarias da auga, reticente a ceder os seus recursos.
1.3.3. AS OBRAS HIDRÁULICAS
– Outros recursos hídricos aproveitados son os seguintes: Algúns lagos pirenaicos (+2000M) enerxía hidroeléctrica= unha diminución do seu
nivel en prexuízo dos ecosistemas dependentes deles. Os acuíferos aproveitanse mediante pozos e galerías para usos agrícolas, industriais e
urbanos, especialmente no sur e no Levante peninsular, Baleares e Canarias. A auga do mar e a auga salobre, aprovéitanse mediante a desalinización. Nela España
ocupa o primeiro lugar da UE e o oitavo do mundo. As desalgadoras localízanse en: Canarias, Baleares, Ceuta, Alacant, Murcia e Almería. Os seus principais problemas son o elevado consumo enerxético e a eliminación da salmoira.
As obras para mellorar a calidade da auga son as plantas potabilizadoras, que tratan as augas que se van a beber, e as plantas depuradoras, que tratan as augas residuais para evitar que contaminen.
1.3.4.A POLÍTICA HIDRÁULICA
A política hidráulica ten dous fins principais: a regulación e a xestión dos recursos hídricos.
A regulación dos recursos hídricos correspóndelle á Lei de augas. Esta establece que todas as augas superficiais e subterráneas son de dominio público estatal
A xestión dos recursos hídricos lévase a cabo mediante a planificación hidrolóxica.– Os Plans Hidrolóxicos de Conca: determinan as necesidades e as obras de
cada conca (son elaborados polas confederacións hidrográficas nas concas intercomunitarias e polos gobernos das comunidades autónomas nas concas intracomunitarias)
1.3.4.A POLÍTICA HIDRÁULICA
– O Plan Hidrolóxico Nacional coordina os plans das concas e deseña as actuacións xerais. Obxectivos: Lograr o autoabastecemento hídrico de cada conca, eliminando a dependencia
do clima e do abastecemento externo. As medidas son – a realización de novas obras hidráulicas para aumentar as dispoñibilidades
hídricas (no Mediterráneo),– un mellor aproveitamento dos recursos existentes reparación de redes, a
redución do consumo, a mellora do regadío e a reutilización da auga depurada. Conseguir unha boa calidade da auga para beber e para o mantemento dos
ecosistemas acuáticos melloraranse as pota bilizadoras, construiranse depuradoras e recuperanse os sistemas hídricos deteriorados.
Previr as inundacións e secas mediante o acondicionamento de canles e a reforestación das ribeiras.
Impulsar a investigación e a innovación tecnolóxica encamiñadas a lograr os fins anteriores.
A VEXETACIÓN COMO RECURSO
A vexetación tamén é imprescindible para a vida, dado que na fotosíntese absorbe o CO2 da atmosfera e desprende osixeno. Ademais, desempeña as seguintes funcións:
Proporciona recursos: – alimentos para as persoas (froitos) e para os animais (landras, sementes de faia, prados); – materias primas para diversas industrias (téxtil, construción, moble, papel, química…) – fontes de enerxía (leña, carbón) – ocio e o recreo.
Contribúe á protección e á mellora do medio ambiente.– Reduce a contaminación atmosférica, ao fixar o po nas súas follas e ao consumir CO2; – actúa como pantalla contra o ruído; – aumenta as dispoñibilidades hídricas e mitig a evaporación;– reduce o risco de inundacións; protexe o solo e colabora na súa fertilidade, ao
transformarse en humus.
Ademais, os bosques albergan unha gran biodiversidade.
O SOLO COMO RECURSO
O solo inflúe en diversos aspectos da actividade humana.
O poboamento prefiriu, tradicionalmente, as áreas de solos fértiles.
A casa tradicional empregou os materiais do contorno: pedra nas áreas montañosas e barro nas concas e depresións arxilosas.
A produción agraria depende, en parte, da fertilidade do solo, que en España é mediocre. Ademais, as características do solo facilitan ou dificultan o laboreo e a mecanización.
As infraestruturas resultan afectadas por algunhas características do solo. Por exemplo, as construídas sobre solos arxilosos vense prexudicadas pola súa tendencia ao esvaramento.
OS RISCOS NATURAIS
Os riscos naturais son trazos ambientais que ameazan o benestar ou a vida humana polas consecuencias catastróficas que poden producir.
Os máis frecuentes en España son de orixe xeolóxica e climática, e poden ocasionar cuantiosas perdas humanas e materiais, como danos en infraestruturas, edificios e colleitas.
OS RISCOS XEOLÓXICOS
Os riscos xeolóxicos proceden do interior da Terra ( sismos e erupcións volcánicas) , ou do exterior ( movementos de ladeira)
Os sismos: ou tremores de terra débense á posición da Península na zona de contacto entre as placas africana e euroasiática, polo que ameazan principalmente o sur e o sueste peninsular. De forma secundaria, afectan aos Perineos e a Cataluña, onde están motivados polo movementos de asentamento da cordilleira, que aínda non finalizaron.
As erupcións volcánicas: limítanse ás illas Canarias de La Palma, El Hierro, Tenerife e Lanzarote.
Indicacións para o comentario
Introdución– Tipoloxía da imaxe: identificar o documento– Mapa de coropletas(xustificar)
- Definir os fenómeno representado: riscos naturais
xeolóxicos. Sismos Características do relevo españols
Descripcións:– Con detalle: fenómenos (seguindo a lenda) e áreas afectadas
Comentario do mapa - Analizar seguindo a lenda e relacionando cos diferentes riscos naturais.– Sismos
Conclusión– Relación resto dos riscos naturais xeolóxicos: sismos, volcáns, movementos de terra...– Actuación fronte aos riscos climáticos.
OS RISCOS XEOLÓXICOS
Os movementos de ladeira: son rápidos desprazamentos de grandes masas de terra ou de rochas por unha vertente. Poden ser de dous tipos:– Os esvaramentos son propios de rexións húmidas con fortes pendentes
cubertas por herba ou prados, que non suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias. Poden producirse a partir dun horizonte arxiloso do solo ou dunha fracturad da vertente.
– Os desprendementos acontecen en vertentes en cuxo cumio teñen lugar roturas de rochas. Os fragmentos rotos rodan pola vertente; acumúlanse no lugar onde se suaviza a inclinación, e poden desprenderse se se producen tensións locais (conxelación, infiltración de auga, etc..)
OS RISCOS CLIMÁTICOS
Os riscos climáticos máis frecuentes son as inundacións e as secas.
As inundacións están motivadas por intensas precipitacións caídas en pouco tempo ou pola rápida fusión da neve. Afectan, principalmente, ás fachadas mediterránea e cantábrica.
As secas son déficits pluviométricos temporais e prolongados respecto ás precipitacións medias dun territorio. Inciden, sobre todo, no sur e no sueste peninsular.
Outros riscos climáticos menos frecuentes son a sarabia, as tormentas con grande aparato eléctrico, as ondadas de frío, os temporais de neve, as ondadas de calor e os temporais de vento.
Indicacións para o comentario
Introdución Tipoloxía da imaxe: identificar o documento– Mapa de signos e isoliñas(xustificar)– - Definir os fenómeno representado: riscos naturais e riscos climáticos– Inundacións, Secas, Vagas de frío/calor
Descripcións:– Con detalle: fenómenos (seguindo a lenda) e áreas afectadas
Comentario do mapa - Analizar seguindo a lenda e relacionando cos diferentes riscos climáticos.– Inundacións: causas e efectos, localización– Secas: causas e efectos, localización– Neve: causas e fectos, localización– Vagas de frío/calor: causa e efectos, localización– Vento: causas e efectos, localización
Conclusión– Relación cos climas peninsulares– Actuación fronte aos riscos climáticos.
Indicacións para o comentario
Introdución Tipoloxía da imaxe: identificar o documento– Gráfico lineal múltiple
- Definir o fenómeno representado: incendios e deforestación– danos e destrución da vexetación. Degrtadación de medio pola acción humana
Descripcións:– Con detalle: gráfico con dúan entradas ou liñas: vermello (hectáreas totais quemada)s e azul
( hectáreas de arboleda quemadas)
Comentario do gráfico Incendios: fenómeno frecuente en España, sobre todo en Galicia, verán Orixe dos incendios: maioría antrópica idea de acción humana sobre o medio Desertización e Degradación da vexetación
Conclusión– Danos aos ecosistemas, Perdas económicas– Medidas: Plan Forestal Español, aumento nos investimentos para a extinción, vixiancia e control,
prevención e sensibilización
AS ACTUACIÓNS FRONTE AOS RISCOS NATURAIS
As actuacións fronte a estes riscos naturais son:
A construción de infraestruturas para mitigar os máis frecuentes:– drenaxe, – plantación de árbores e reforzo de vertentes; – reforestación e acondicionamento da canle dos ríos– obras hidráulicas para controlar as inundacións e paliar a seca.
A creación de sistemas de previsión e de vixilancia nas áreas con máis risco: redes de vixilancia sísmica, volcánica e hidrolóxica, e plans de xestión da seca.
As accións de emerxencia para protexer a poboación cando se produce un fenómeno extremo. (Protección Civil e UME).
A prevención dos risco mediante o establecemento de normas que os eviten, e a educación e a información da cidadanía.
INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO
A acción humana sobre o medio natural ten unha dobre dimensión: –ocasiona problemas ambientais; –desenvolve políticas encamiñadas a
combatelos e protexer os espazos naturais.
PROBLEMAS E POLÍTICAS AMBIENTAIS
As actuacións negativas do ser humano sobre o medio ambiente son – sobreexplotación ou explotación do medio por
enriba da súa capacidade de producción e rexeneración;
– a contaminación ou adición de materias nocivas nunha proporción non asimilable polo medio,
– e a destrución ou desaparición total de elementos medioambientais.
PROBLEMAS E POLÍTICAS AMBIENTAIS
Actuacións máis importantes para solucionar estes problemas:– 1971 ICONA (Instituto de Conservación da Natureza), – 1978 a Constitución recolleu o dereito de todos a gozar dun
medio ambiente axeitado e fixou sancións para os que atentasen contra o delito ecolóxico.
Na actualidade, a política ambiental española está determinada por:– Internacionalmente: acordos internacionais subscritos, pola
política ambiental da Unión Europea – Nacional: actuacións do Ministerio de Medio Ambiente e Medio
Rural e Mariño– CCAA: departamentos correspondentes– Galicia a Consellería de Medio Ambiente.
Os acordos internacionais subscritos por España implícan o cumprimento de determinados compromisos en certos temas ambientais, como o cambio climático, a contaminación atmosférica ou a desertización.
A política medioambiental da Unión Europea trata de preservar o medio ambiente mediante actuacións que repercuten na política ambiental dos estados membros.– O fomento do desenvolvemento sostible, uso racional dos recursos (xeracións
presentes e futuras)– A prevención da degradación mediante o estudo previo do impacto ambiental
dos proxectos; a integración da dimensión ambiental en todas as políticas comunitarias, e a concienciación, educación, campañas de sensibilización.
– A corrección dos problemas existentes na Unión Europea mediante a promulgación de normas para este fin; a sanción dos que as infrinxen, de acordo co principio de “quen contamina paga”
– A corrección dos problemas medioambientais globais, con acordos internacionais que comprometen ós seus membros (Protocolos de Montreal e de Kyoto).
– A conservación dos espazos naturais creando unha rede de espazos protexidos: a Rede Natura 2000.
A política do Ministerio de Medio Ambiente e da Consellería de Medio Ambiente proponse:–garantir o desenvolvemento sostible; –mellorar a calidade ambiental, previndo os
problemas e recuperando as áreas degradadas, e conservar os espazos naturais,
–creando espazos protexidos no marco rexional, nacional, europeo e mundial.
2. PRINCIPAIS PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS E SOLUCIÓNS. A ALTERACIÓN DO RELEVO
O relevo continental resulta alterado por:– actividades extractivas de minas e canteiras, – construción de certas infraestruturas, como túneles, viadutos e estradas.
Consecuencias – destrución de relevos ou a creación doutros artificiais cos produtos das
entulleiras (escombreras). – grave impacto visual, que afea a paisaxe – resta valor económico ou como espazo de ocio.
As solucións a este problema centráronse na restauración dos espazos afectados.
2. PRINCIPAIS PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS E SOLUCIÓNS. A ALTERACIÓN DO RELEVO
O relevo costeiro está sometido tamén a fortes alteracións. – Á erosión mariña engádense a presión urbanística; – a desaparición de praias polas extracións de grava e area, e a
construción de estruturas artificiais como diques, espigóns ou portos deportivos.
Solucións: – a política de costas pretende recuperar progresivamente a súa
“naturalidade”– controlando as novas instalacións, demolendo as que vulnera
a lei de costas e recuperando os espazos degradados (Plan directos para a Sostibilidade da Costa).
2.2. A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA
A contaminación atmosférica débese á emisión de produtos como o dióxido de carbono e partículas de po e fume. Proceden da queima de combustibles fósiles nas centrais térmicas, nas industrias, no transporte, nas calefaccións domésticas e nos incendios forestais. Os problemas causados por estes contaminantes son moi diversos.
A CHUVIA ÁCIDA
A chuvia ácida é unha precipitación cun grao de acidez superior ao normal. Prodúcese cando as emisións de dióxido de xofre e dióxido de nitróxeno se mesturan co vapor de auga contido no aire e se transforman en solucións ácidas, que caen á superficie terrestre coa auga de chuvia.
Consecuencias:– alteración nas augas, na vexetación, nos solos e nos edificios. – zonas máis afectadas as áreas próximas ás centrais térmicas da Coruña, León e
Teruel.
Solucións:– Firma do Convenio de Xenebra (1982), que a compromete a reducir as emisións de
xofre e as de óxido de nitróxeno – mellora tecnolóxica das centrais térmicas e o peche de 23 delas entre 2008 e 2015.
Grazas a estas medidas,diminuíron as emisións de dióxido de xofre, aúnda que aumentaron as de óxido de nitróxeno.
O PROBLEMA DE OZONO.
O problema do ozono ten unha dobre vertente: ozono estratosférico e o troposférico.
A redución do espesor da capa de ozono estratosférico, situada entre 15 e 55 km de altura, que filtra as daniñas radiacións ultravioletas do Sol. A súa diminución débese principalemnte ao cloro contido nos CFC (clorofluorocarburos). – CONSECUENCIAS:
afecta á vida vexetal e animal aumentando a incidencia do cancro de pel e das cataratas oculares.
– SOLUCIÓNS: España conta con estacións de vixilancia da capa de ozono. Se prohibiu a produción, comercialización e uso de CFC. as emisións españolas de CFC, descenderon.
O PROBLEMA DE OZONO.
Problema do aumento do ozono troposférico. – Xérase a rentes do chan (reacción da luz solar cos óxidos de
nitróxeno e cos produtos procedentes da combustión de hidrocarburos), ten a súa maior incidencia no verán,
– Provoca irritacións oculares e perturbacións respiratorias. – SOLUCIÓNS:
estacións de vixilancia que avisan a poboación cando se superan os límites máximos,
cumprir os límites de concentración de óxidos de nitróxeno fixados pola UE.
A CAMPÁ DE CONTAMINACIÓN URBANA.
Neboa formada por partículas de po e fume en suspensión emitidas polo tráfico e as calefaccións urbanas.
Fórmase sobre as grandes cidades, sobre todo no inverno e con situación anticilónica,
PROBLEMAS:– alteracións nas plantas e nos edificios, e enfermidades respiratorias e cardiácas
nas persoas. En España afectallé ao 89% das cidades de máis de 100000 habitantes.
SOLUCIÓNS:– o uso do transporte colectivo e o aforro enerxético, – cumprir os límites de concentración de partículas establecidos pola UE.
O EFECTO INVERNADOIRO E O CAMBIO CLIMÁTICO
O efecto invernadoiro é unha función natural da atmosfera, realizada polo vapor de auga e gases (dióxido de carbono, metano). Estes gases deixan pasar a radiación solar, pero retén parte da calor irradiada pola superficie terrestre, evita que escape ao espazo exterior, sen este efecto, a temperatura media do planeta sería de – 18 ºC en lugar dos 15º actuais.
O aumento das emisións de gases con efecto invernadoiro (automóviles, incendios…) fan que a cantidade de calor retida sexa maior.
CONSECUENCIA cambio climático: aumento global da temperatura da Terra (entre 1,1ºC e 6,4ºC o século XXI)
EFECTOS: – incremento de fenómenos extremos (secas e grandes inundacions);– a suba do nivel do mar entre 18 e 59 cm pola fuxión do xeo polar– redución da biodiversidade motivada pola extinción de especies animais e vexetais. – Gran incidencia no territorio español área mediterránea.
O EFECTO INVERNADOIRO E O CAMBIO CLIMÁTICO
España aumentou a emisión de gases incremento dos automóbiles e crecente demanda enerxética.
COMPROMISOS INTERNACIONAIS: – Protocolo de Kyoto obriga a non aumentar as emisións máis dun 15% respecto a 1990; – acordo da Unión Europea en 2007 de reducilas un 20% na primeira metado do século XXI España é o país comunitario que máis se afasta dos obxectivos de Kyoto.
MEDIDAS:– asignar cotas de emisión de gases con efecto invernadoiro– subir os impostos dos automóbiles máis contaminantes; – mellorar a eficiencia enerxética dos edificios, fomentar enerxías renovables a crear
centrais de ciclo combinado menos contaminantes.– creáronse estacións para medir a calidade do aire – Lei de calidade do aire (2007) catálogo de substancias e actividades contaminantes
con límites de emisión, vixiando o seu cumprimento e establecendo sancións para os infractores.
A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
O ruído ambiental considérase tamén un contaminante atmosférico, pois, deteriora a calidade ambiental. – CAUSAS: o tráfico, certa actividades industriais e diversos establecementos
urbanos (discotecas, bares e algúns comercios).– CONSECUENCIASs: cefaleas, fatiga auditiva, xordeira, hipertensión, ansiedade,
cansazo, agresividade e insomnio. – En España, tres cuartas partes da poboación padecen niveis de ruído
superiores aos considerados tolerables, e é o primeiro país da UE.
SOLUCIÓNS:– Lei do ruído obriga ás grandes cidades a elaborar mapas de ruído áreas
acústicas en función do uso predominante do solo (residencial, industrial…) e asígnase a cada área uns valores máximos de ruído. As actividades novas que os superen non poderán instalarse.
SOBREEXPLOTACIÓN E CONTAMINACIÓN DAS AUGAS
CAUSAS: – aumento do seu consumo para usos agrarios, urbanos e industriais. – obras de captación masiva de auga, como encoros e pozos.
CONSECUENCIAS: – Descenso do caudal dos ríos por debaixo do nivel ecolóxico, e certos humidais e
acuíferos corren o risco de desecamento (chaira manchega, ollos do Guadiana), ou de salinizacións por concentracións de sales ou intrusión mariña (costa mediterránea).
SOLUCIÓNS: – o aforro de auga, a mellora dos regadíos, a reparación de fugas e a reutilización da
auga, depurada para a rega.– RÍOS E ACUÍFEROS: delimitar as zonas sobreexplotadas, controlar as
extraccións, e coordinar o aproveitamento dos recursos superficiais e subterráneos, limitando o uso dos acuíferos aos momentos de escaseza superficial.
– HUMIDAIS: protexer os humidais fomentando o seu uso racional e a recuperación dos que se atopan degradados.
A CONTAMINACIÓN DAS AUGAS.
As causas da contaminación das augas superficiais e subterráneas son a evacuación de refugallos nun volume excesivo que impide a súa osixenación e repurificación natural.
CONTAMINACIÓN:– A actividade agraria abusa dos fertilizantes.– A industria achega produtos tóxicos e metais pesados,– AS cidades evacúan augas fecais sen depurar e botan lixos en vertedoiros incontrolados
CONSECUENCIAS: – perda de calidade da auga– Os tramos fluviais máis afectados son os medios e baixos especialmente na metade sur
peninsular, onde o menor caudal orixina unha maior concentración. – As costas máis afectadas son as próximas ás grandes cidades e aos complexos industriais, e as
situadas na ruta dos grandes petroleiros: Gibraltar e Galicia.
SOLUCIÓNS: – redes automáticas de información e alerta sobre a calidade das augas superficiais e subterráneas– construír novas depuradoras e a mellorar a depuración dalgunhas instalacións xa existentes. – Tamén se están a levar a cabo actuacións para recuperar as augas degradadas
OS DANOS, A ALTERACIÓN E A DESTRUCIÓN DA VEXETACIÓN
Os danos nos bosques débense:– causas naturais: altas temperaturas, déficits hídricos, ou pragas de insectos ou
fungos– causas humanas, como a contaminación atmosférica. Ocasionan a defoliación e
decoloración das árbores.
SOLUCIÓNS:– Rede Europea de Seguimento de Sanos nos Bosques – programas de loita contra as pragas, de conservación xenética das especies en
perigo de extinción e de protección fronte aos axentes contaminantes.
A alteración substitución das especies autóctonas por outras de elevado rendemento económico, que modifican negativamente o solo, arden mellor, e afectan á flora é a fauna da zona litoral galego: piñeiro e o eucalipto.
OS DANOS, A ALTERACIÓN E A DESTRUCIÓN DA VEXETACIÓN
A deforestación ou destrución da cuberta vexetal incide sobre extensas superficies de España.
CAUSAS:– cortas destinadas a obter terras (cultivo, pastos, residencias, industrias e infraestruturas)– os incendios forestais
maior incidencia no verán se altas temperaturas, diminución das precipitacións e ventos secos que os propagan. NATURAIS (raios); ANTRÓPICAS: 96% descoido (excursionsitas, queima de restrebas) , ou intencionadOS gandeiros (novos
pastos), especuladores (solos para urbanizar), por compradores de madeira a baixo prezo e por pirómanos. favorecidos densificación do sotobosque abandono das tarefas tradicionais de limpeza e polas repoboacións
con especies que arden con facilidade (piñeiro e o eucalipto). Sobre todo noroeste peninsular.
CONSECUENCIAS: incremento da erosión do solo e das emisións de CO2, e unha perda da biodiversidade e do valor estético e económico da paisaxe.
SOLUCIÓNS: – Plan Forestal Español e Lei de PreVención da Xunta.– Campañas de información e sensibilización, vixilancia, incremento das penas, prohibición de recualificar
os terreos, estudo do mercado da madeira queimada, limpeza de matogueira dos bosques e incremento dos medios para sufocalos .
– REFORESTACIÓN c on especies autóctonas.
MONTE PINDO entre Cee, Dumbría, Carnota y Mazaricos
CASCADA DE ÉZARO, única en Europa que cae directamente ao mar.
A CONTAMINACIÓN, EROSIÓN E DESERTIZACIÓN DO SOLO
A contaminación do solo débese ás verteduras industriais e urbanas, e ao emprego abusivo de fertilizantes químicos e praguicidas na agricultura.
CONSECUENCIAS: o solo adquire características tóxicas, prexudicando a produción agraria e o valor económico do terreo.
SOLUCIÓNS: Plan Nacional de Recuperación de Solos contaminados – actuacións de descontaminación. – obrígalles ás empresas a emitir informes sobre o estado do seu solo
deben descontaminalo ou non poderán vendelo nin cambialo de uso. – varias comunidades autónomas (Galicia) aprobaron normas para
reducir a contaminación agraria e fomentan a agricultura ecolóxica.
A CONTAMINACIÓN, EROSIÓN E DESERTIZACIÓN DO SOLO
A erosión é un fenómeno natural, acentuado polas acusadas pendentes, a aridez e o carácter torrencial das precipitación intensifícase con certas acción humanas.
A deforestación: contribúe á erosión, pois a vexetación fixa o solo coas súas raíces e evita o golpe directo das precipitacións contra él.
CAUSAS: prácticas agrarias (non descanso, abas en pendente), excesivo pastoreo en pastos pobres, e o abuso de produtos químicos fráxil e erosionable.
CONSECUENCIAS: desertización ou destrución da capa fértil do solo. España 6% do solo desertificado e 17% en risco moi alto ou alto. Zonas máis afectadas costa mediterránea, e nas áreas máis áridas e con maior sobreexplotación dos recursos hídricos dos vales do Guadalquivir e do Ebro, ambas as dúas Castelas, Estremadura e Canarias.
SOLUCIÓINS: – estacións de seguimento da erosión e a desetrtización (rede RESEL). – reforestación, a xestión sostible das actividades agrarias e dos recursos hídricos, – rehabilitación das áreas onde se iniciou a desertización. – Estas actuacións lévanse a cabo no marco dos compromisos subscritos con Nacións Unidas
(Convención da Loita contra a Desertización, 1966), que deron lugar ao Proxecto LOCDME (Loita contra a desertización no Mediterráneo) e ao Plan de Acción Nacional contra a Desertización (PAND).
OS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
Os residuos sólidos urbanos ten impacto ambiental non son biodegradables. A súa produción incrementouse debido ao aumento do consumo. (635k!!!).
CONSECUENCIAS: – vertedoiros incontrolados: orixinan problemas sanitarios e contaminan o solo e a auga. – vertedoiros controlados: alteran a paisaxe e contaminan.
SOLUCIÓNS: Plan Nacional de Residuos Urbanos e o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia propoñen:
As chamadas “tres erres”: reducir, reutilizar e reciclar os refugallos. – A redución carácter preventivo (envases máis lixeiros e reciclables e concienciando a cidadanía.)– recollida selectiva de residuos e reutilización (envases de vidro) ou para a reciclaxe (cartón, madeira e
aceites pesados, vehículos fóra de uso, lixo electrónico e materiais de construción.
A valorización dos residuos produción de enerxía, queimándoos ou converténdoos en biogas a materia orgánica fermentada empregarase para producir compost, (rexenerador do solo).
A seguridade da vertedura vertedoiros controlados; os vertedoiros incontrolados selaranse e recuperaranse.
A REDUCIÓN DA BIODIVERSIDADE
CAUSAS: actuacións humanas– a alteración dos hábitats naturais; – fragmentación mediante as infraestruturas de transporte, que impiden
os desprazamentos habituais; – a selección xenética practicada pola agricultura e a gandaría a favor
das epecies máis rendibles.
CONSECUENCIAS: algunhas especies atópanse ameazadas e áchanse en perigo de estinción (oso pardo, lince ibérico, foca monxe) ou en risco de desaparción a medio prazo.
SOLUCIÓNS: Catálogo Nacional de Especies Ameazadas e un Decreto de Catálogo de especies ameazadas da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia– PROTECCIÓN e de adoptar medidas para salvagardar os seus
ecosistemas. – RECUPERACIÓN do seu hábitat natural e a creación de corredores
ecolóxicos que garantan a conexión entre os diferentes espazos naturais.
Recommended