Tipoloxía de custos, asignación e modelos analíticos

Preview:

DESCRIPTION

Tipoloxía de custos, asignación e modelos analíticos.

Citation preview

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Tipoloxía de custos, asignación e modelos analíticos

Tema 7

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Concepto de custo e de obxectivo de custo

O custo é a medición en termos monetarios dos recursos utilizados para producir un obxectivo determinado, denominado obxectivo de custo. Estes obxectivos poden ser de moitas clases:

– produtos ou servizos, – proxectos, – actividades, – áreas funcionais, – departamentos...

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Definición de custos directos e custos indirectos

Custos directos: aqueles custos que son directamente identificables e atribuíbles ao obxectivo de custo estudado.

– A relación establecerase polo sentido común ou dunha forma técnica (sempre que a identificación sexa inequívoca e economicamente factible).

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Definición de custos directos e custos indirectos

Custos indirectos como aqueles que non son identificables cun só obxectivo de custo.

Os custos indirectos están compartidos por varios obxectivos de custo e non éposible establecer dunha forma directa que cantidade de custo é atribuíble a un obxectivo de custo determinado.

Repartiránse entre os obxectivos de custo que os causan de forma indirecta mediante algún método de repartición.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Definición de custos directos e custos indirectos

A análise dos custos dunha empresa sempre ten que ter en conta os obxectivos de custo que os orixinan, xa que un cambio nestes pode facer variar totalmente a clasificación establecida entre custos directos e indirectos.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Definición de custos directos e custos indirectos

Exemplo: A Panadería Acuño ten 3 depachos de pan repartidos o longo da cidade de Pontevedra, tendo como productos a venda o pan de aldea, o pan crú, o pan ciabatta e o pan de brioche.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Definición de custos directos e custos indirectos

Os seus principais custes son: – Materias primas:Fariña, Fariña de forza, auga mineral, azucre,

leite, sal, ovos, manteiga, fermento seco, laranxa, limón, anís, canela, mel

– Persoal: • No obradoiro: 1 Mestra panadeira , 4 operarios, 2 aprendices, 3

repartidores, • Nos despachos de pan: 6 dependentes (2 por despacho de pan) • Nas oficinas centrais: 1 xestora administrativa e 1 experta en calidade.

– Outros custes: • Auga, electricidade, teléfono, gas, outros gastos xerais (materias de

envase, materiais de oficina, limpeza), amortización do activo non corrente, aluger de cada um dos 3 despachos

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Definición de custos directos e custos indirectos

Se o obxecto de custe son os productos, os 4 tipos de pan postos a venda, os costes directos son: Mentras se o obxecto de custe son os despachos de pan, os costes directos son:

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Definición de custos directos e custos indirectos

Importante • Non confundir custos variables e custos directos. A

primeira clasificación ten que ver co volume de actividade, mentras que a segunda está vencellada pola súa identificación directa co obxectivo de custo perseguido. – No exemplo anterior, para o obxectivo de custo

productos, a fariña é un custo directo (e un custo variable).

– Para o obxectivo de custo Despacho de pan, os dependentes son un custo directo (e un custo fixo)

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Imputación de custos indirectos

A imputación é o sistema que se emprega para repartir os custos indirectos entre os distintos obxectivos de custos que os xeneran. • Métodos

– Clave de repartición (cost drivers): empregase un criterio de repartición que se materializa nunha claves de repartición.

– Prezos de transferencia (transfer prices): fixanse prezos internos para as relacións entre as unidades da empresa.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Imputación de custos indirectos

Cada elección dunha clave de repartición ou cada determinación dun prezo de transferencia para un custo indirecto é unha elección subxectiva.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Procesos contables analíticos de asignación de custos

Na empresa a asignación de todos os custos aos obxectivos de custo convértese nunha tarefa complexa, sobre todo polo tratamento da repartición dos custos indirectos, o que require dun proceso contable analítico de asignación de custos.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Procesos contables analíticos de asignación de custos

O proceso contable analítico de asignación de custos busca definir, normalizar e implantar un método de imputación dos recursos consumidos pola empresa aos obxectivos de custo.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Procesos contables analíticos de asignación de custos

O proceso tratará de definir a imputación máis adecuada de acordo aos intereses e obxectivos estratéxicos da empresa. Estes procesos analíticos por tanto permiten primeiramente crear, e despois xestionar, un modelo de imputación de custos específico para cada empresa.

– O modelo da panadaría Acuño non pode ser reproducido tal cal na Panadaría Longocampo, aínda que compartan sector, tamaño e estrutura económica.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Procesos contables analíticos de asignación de custos

• Problemática na asignación de custos indirectos: – Subxectividade: está no centro do modelo é non

pode ser más que solventado con sentido común – Medición e cálculo da clave de repartición

complexos. – Imputación de custos non controlables polos

responsables funcionais. – Resistencia aos cambios dun criterio de repartición. – Servizos corporativos cruzados entre departamentos.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Procesos contables analíticos de asignación de custos

• Problemática na asignación de custos indirectos :

– A subactividade. Pódese producir cando a empresa soporta determinados custos fixos moi elevados en relación ao nivel de actividade que a empresa debería de ter. Ao repartir estes custos fixos fai que os seus obxectivos de custo reciban unha cantidade de custos desmesurada.

• A subactividade pode estar causada por un mal dimensionamento de certa área da empresa, por un elevado investimento realizado pensando nunhas necesidades futuras superiores ás actuais, ou cando a empresa enfróntase temporalmente a nivel de actividade inferior ao esperado.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Distinción entre custos operativos e custos non operativos

Custos operativos : os daqueles recursos vinculados ás funcións de aprovisionamento, transformación, almacenamento e loxística. É dicir, os custos operativos asócianse con todos aqueles recursos da empresa que se consomen nos procesos básicos de transformación dos factores de produtivos.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Distinción entre custos operativos e custos non operativos

Custos non operativos: adoitan identificarse cos custos dos recursos relacionados co resto das funcións da empresa. En xeral os custos non operativos adoitan asociarse con funcións de soporte ou auxiliares das actividades principais.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Distinción entre custos operativos e custos non operativos

Os custos comerciais (incluíndo nestes tanto os custos de mercadotecnia como os custos de xestión de vendas) qué son?

unha empresarial básica ou unha función de soporte?

Nalgunhas funcións a clasificación non é tan sinxela.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Distinción entre custos operativos e custos non operativos

Os custos operativos adóitanse identificar con custos de produción, polo que se consideran custos empregados en obter un obxectivo determinado, pero non necesariamente estes custos teñen que ser un gasto na conta de resultados do período.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Distinción entre custos operativos e custos non operativos

Pola contra os custos non operativos adóitanse identificar sempre con gastos do período contable en que se incorren. É dicir, os custos non operativos asócianse habitualmente ao custo dos recursos que se empregan para conseguir os ingresos dese período contable, polo que forman parte da conta de resultados do período.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos analíticos de contabilidade de custos

1. Modelos de custos totais e modelos de custos directos

2. Modelos de custos baseados en volume e baseados en actividades

3. Modelos de custos orgánicos (ou seccións)

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos totais e modelos de custos directos

Os modelos de custos totais ou completos (modelos full costing) optan por repartir todos os custos da empresa entre os obxectivos de custo identificados.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos totais e modelos de custos directos

Desvantaxes: – Claves de repartición imposibles: Non se pode

repartir o custo de forma precisa entre produtos ou funcións. (exemplo os custos corporativos)

– Capacidade de decisión: a persoa responsable do obxectivo de custo non adoita ter capacidade de decisión sobre algúns dos custos que debe soportar.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos totais e modelos de custos directos

Os modelos de custos directos ou parciais (modelos direct costing), optan por non repartir os custos indirectos da empresa entre os obxectivos de custo que se queren seguir.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos totais e modelos de custos directos

Desvantaxes: – os obxectivos de custo non soportan todos os custos

que inducen. – ao haber moitos custos non repartidos o modelo de

custos non axuda a realizar un consumo eficiente de certos recursos.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos totais e modelos de custos directos

• modelos de custos intermedios ou mixtos. – O seu obxectivo adoita ser repartir todos aqueles

custos indirectos cuxo repartición teña sentido e sexa viable,

– Os custos indirectos cuxo repartición sexa moi complexo ou a súa repartición poida ser contraproducente non se teñen en conta.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos baseados en volume e baseados en actividades

Modelos de custos baseados en volume(Volumen Based Costing Models):

– Emprega como clave de reparto un indicador básico de volume ou de nivel de actividade. As claves de repartición empregadas están baseadas nunha medida relativamente basta do nivel de actividade e non nunha análise dos verdadeiros causantes do custo.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos baseados en volume e baseados en actividades

– o proceso de asignación está baseado nunha análise detallada dos inductores do custo.

– Para os modelos ABC os recursos adquiridos pola empresa son empregados polas actividades que á súa vez son consumidas polos produtos (ou obxectivos finais de custo).

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos baseados en volume e baseados en actividades

O ABC trátase dun método de imputación de custos indirectos máis exacto xa que está baseado nunha análise dos inductores do custo e de estimacións detalladas da dirección da empresa.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos baseados en volume e baseados en actividades

No modelo ABC terase en conta que empresa haberá actividades máis caras de realizar e produtos ou obxectivos finais de custos máis intensivos no uso desas actividades máis custosas e imputará máis custo ao produto ou obxectivo final de custo que xere un maior consumo daquelas actividades que absorben moitos recursos.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos orgánicos (ou seccións)

• Nestes modelos identifícanse as unidades organizativas da empresa nas que se podan fixar centros de responsabilidade (seccións ou áreas). – O modelo francés ou das seccións homoxéneas: A idea

principal é localizar os custos directos e semidirectos nas seccións polas cales pasan, dando lugar ás sucesivas fases de clasificación, localización e imputación.

– O modelo alemán ou das seccións orgánicas: A proposta alemá da máxima prioridade á sección, polo que todos os factores deben pasar polas seccións.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

Modelos de custos orgánicos (ou seccións)

Comparación entre modelos: – A principal semellanza entre modelos é que ambos

outorgan unha importancia central á sección no cálculo de custos. A pesar desta similitude no enfoque do cálculo do custo, o modelo francés resulta ser máis avanzado que o alemán no que fai referencia á unidade de obra, posto que o modelo alemán só ten en conta a unidade de medida temporal.

– Á súa vez, o modelo alemán centra a súa atención no plan do período, feito que se mantén nun plano secundario no modelo francés.

Contabilidad Xeral II. 2013-2014 JCRP / PAOE / NPS

• Fontes CC empregadas: Domínguez, Juan, Fernando Olalla y Javier Catalina. "Finanzas. Wikilibro." Wiki EOI. Escuela de Organización Industrial, 27 de Marzo de 2012. Web. 22 Septiembre de 2013. <http://www.eoi.es/wiki/index.php/Finanzas>. Publicada baixo Creative Commons Reconocimiento Compartir Igual http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/ Álvarez Álvarez, J. M; Rodríguez Gutierrez, C y Rodríguez Prieto, B.(s.d)). Aspectos básicos de Contabilidad de Costes. Obtenido el 20/10/2013, desde el sitio Web de OCW - Uniovi: http://ocw.uniovi.es/mod/resource/view.php?id=5531 Publicada baixo Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/ • Licencia deste documento: Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/