ZEPA/LIC A Limia/Veiga de Ponteliñares

Preview:

Citation preview

ESPAZOS NATURAISA Limia

Veiga de Ponteliñares

SUPERFICIE: 6.939 ha + 7.559 de zona periférica de protección.CONCELLOS: A Porqueira, Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Sarreaus, Trasmiras .PROTECCIÓN: ZEPA (11-11-2009)VALORES NATURAIS: aves acuáticas e de espazos abertos... Nesta gran área estanse a aplicar medidas medioambientais encamiñadas a facer compatible o uso agrario coa supervivencia das especies.

ZEPA A LimiaÉ un espazo que abrangue as veigas do Limia e da canle da Antela e os terreos cultivados das áreas próximas. A maior importancia reside na gran variedade e cantidade de aves acuáticas e terrestres. Destaca a presenza de especies pouco comúns no resto de Galiza como o sisón, a tartaraña cinsenta e o pernileiro.

Veiga de PonteliñaresÉ unha pequena área nas veigas da depresión da Limia.As Veigas de Ponteliñares atópanse ao pasar a confluencia da canle de desecación da Limia e o río. Son extensos pasteiros asolagados no inverno rodeados de vexetación de ribeira.

EXTENSIÓN: 129,68 ha CONCELLOS: A Porqueira, Rairiz da Veiga.PROTECCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, río, lagoas, veigas, aves acuáticas...

A depresión da Limia orixinouse pola relaxación posterior á Oroxénese Alpina na que se ergueron e afundiron grandes bloques aproveitando antigas fallas primarias. A zona deprimida está cuberta por un depósito aluvial areoso do Cuaternario.Os sedimentos da antiga lagoa da Antela constituídos por areas, arxilas, turba e lignito acadan nalgunhas zonas os 200 m de espesor.

Na depresión da Limia atopábase a lagoa máis grande de España con 9 km de longo, 5 de ancho e 3 m de profundidade, uns 40 km2 de superficie, e unha enorme riqueza biolóxica. Foi desecada polo IRYDA en 1958 para aproveitar o espazo como terreo agrícola. Na actualidade só quedan a canle de desecación e algunhas áreas de asolagamento estacional. Hai grandes pozas artificiais moi profundas producidas polas explotacións areeiras. Arredor exténdense amplos campos de patacas e cereais.

Río LimiaNace no Monte Talariño (Sarreaus) e desemboca en Viana do Castelo (Portugal). No tramo galego o Limia descende rápido desde o nacemento á depresión da Antela por onde discorre mainamente para encaixarse lixeiramente a partir de Ponteliñares para entrar na Baixa Limia e precipitarse en fortes pendentes ata entrar en Portugal, despois de 75 km por territorio galego.

CLIMA: mediterráneo subhúmido, cunha temperatura media anual de 11º C. O ambiente ten características case esteparias combinadas con zonas de veigas de inundación.

O Limia en Xinzo da Limia

Canle de drenaxe na lagoa da Antela

O Limia en Ponteliñares

As AreeirasPozas orixinadas pola extracción de area que se están naturalizando. Son puntos importantes para a recuperación da fauna das zonas húmidas.Acollen unha gran variedade de aves (máis de 70 especies). Están fóra dos espazos protexidos.

Areeiras de Sandiás

Areeiras de Sandiás

Areeira de Sandiás acondicionada como área de cría e observatorio

Observatorio nunha areeira de Sandiás

VEIGAS DE PONTELIÑARES

Veigas de Ponteliñares no inverno (A Porqueira)

Río Limia e Veigas de Ponteliñares no verán

Río Limia e Veigas de Ponteliñares a comezos da primavera

Veigas de Ponteliñares

Veigas de Ponteliñares no inverno

Veigas de Ponteliñares a comezos da primavera

Veigas de Ponteliñares a comezos da primavera

FLORAA maior parte do espazo está ocupado por áreas de cultivos con pequenas manchas de bosque de ribeira. Destaca a presenza dun xunco antela (Scirpus lacustris), e as comunidades de plantas acuáticas, entre as que se atopa o cardo Eryngium viviparum, declarado en perigo de extinción.

As canles de pouca auga, corrente lenta e fondos lamacentos pobóanse con gran número de especies vexetais que se asentan no fondo e sacan á superficie as follas e as flores: xuncos, espadainas, lirios amarelos, ranúnculos, oucas, lentellas de auga, pe de boi ...

Bión ou antela (Scirpus lacustris). O xunco máis representativo da antiga lagoa da Antela.

Espadaina (Typha latifolia). Medra nas beiras de case todos os ríos e lagoas.

FAUNAA maior importancia deste espazo reside no número de especies de aves acuáticas e ligadas ao medio agrícola (rexistráronse 226 especies, das que 32 están catalogadas no Anexo I da Directiva Aves).Conserva características singulares porque é única área galega de cría ou de invernada dalgunhas especies. Tamén se localiza nesta área o notostráceo (Lepidurus apus), un crustáceo moi escaso de aparición estacional en charcas non permanentes.

Sisón (Tetrax tetrax). Visitante estival das chairas da Limia nas que cría e se desenvolve.

Pernileiro (Burhinus oedicnemus). Cría en escaso número na Limia e en zonas próximas do sur da provincia de Ourense.

Algunhas aves que crían na Limia:-mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) -garza pequena (Ixobrychus minutus) -cegoña branca (Ciconia ciconia) -lavanco (Anas platyrhynchos) -millafre negro (Milvus migrans) -tartaraña cincenta (Circus pygargus) -azor (Accipiter gentilis) -falcón pequeno (Falco subbuteo) -paspallás (Coturnix coturnix) -alcaraván (Burhinus oedicnemus) -avefría (Vanellus vanellus) avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus) -cotovía das árbores (Lullula arborea) -papuxa do mato (Sylvia undata-picanzo vermello (Lanius collurio). -garza real (Ardea cinerea)-becacina cabra (gallinago gallinago)-cerceta real (Anas crecca)-mazarico rabinegro (Limosa limosa)-bilurico común (Tringa totanus) -picapeixe (Alcedo atthis) -andoriña das barreiras (Riparia riparia).

Tartaraña cinsenta (Cyrcus pygargus). Visitante estival que cría en zonas abertas sobre as que planea para capturar pequenos animais de todo tipo.

O lavanco real (Anas platyrhynchos), a máis común das anátidas, aproveita calquera masa de auga con vexetación para criar.

Lavancos reais fora da temporada de cría con prumaxe de eclipse.

Cegoña (Ciconia ciconia)

As cegoñas visitan os campos para alimentárense dos pequenos animais que se levantan cos labores da terra.

Mergullón cristado (Podiceps cristatus)

Corvos mariño (Phalacrocorax carbo) e garzota (Egretta garzetta)

Bilurico bailón (Actitis hypoleucos)

Galiña de río (Gallinula chloropus)

Especies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE:InvertebradosEuphydryas auriniaLucanus cervusOxygastra curtisiiPeixesChondrostoma polylepisAnfibios:Chioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiRéptilesLacerta schreiberiMamíferosBarbastella barbastellusGalemys pyrenaicusLutra lutraMyotis myotisRhinolophus euryaleRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros Lontra (Lutra lutra)

Ra verde (Pelophylax perezi). Vive en gran número en pozas, lagoas, estanques e correntes lentas.

Os gaiteiros (Pyrrhosoma ninphula) poñen os ovos na auga onde se desenvolven as crías ata que acadan a forma de adulto.

HISTORIANa lagoa da Antela descubríronse poboados palafíticos con achádegos de puntas de flecha datadas no 2600-2500 a.C. Hai numerosas mámoas e castros. A Limia foi poboada polos romanos, que fixeron varias canles para tentar desecar a lagoa e construíron unha vía que comunicaba Braga con Astorga e discorría polas beiras da Antela.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaAbril 2016

Recommended