View
286
Download
2
Category
Preview:
Citation preview
O INICIO DA IDADE
CONTEMPORÁNEA (1789-1815)
En 1789, coa Revolución francesa, iniciouse a etapa da historia coñecida como
Idade Contemporánea que supuxo unha nova forma de organizar todos os
aspectos da vida (política, economía e sociedade) que recibíu o nome de Novo
réxime.
CARACTERÍSTICAS
O estoupido dunha revolución política en
Francia permitiu poñer en práctica as
reivindicacións da Ilustración e acabar co
Antigo Réxime.
A influencia da Revolución francesa en España
implicou dar os primeiros pasos cara ao Novo
Réxime.
A sociedade transformouse porque os
revolucionarios lle impuxeron á poboación
novos hábitos e costumes.
A arte, converteuse, unha vez máis, no reflexo
dos cambios políticos, económicos e sociais.
A REVOLUCIÓN FRANCESA
A revolución francesa foi un movemento político-social que, de forma
violenta, terminou coa monarquía absoluta e coa sociedade estamental do
Ántigo Réxime.
CAUSAS:
A influencia da Ilustración: a burguesía e
intelectuais defenderon as ideas ilustradas en
concreto que todos os seres humanos eran libres
e iguais ante a lei.
A crise política: Luis XVI gobernaba Francia
como un monarca absoluto e oponíase á
convocatoria dos Estados Xerais.
A REVOLUCIÓN FRANCESA
A crise económica: o Estado francés estaba moi endebedado pola súa
participación en conflitos militares e polo exceso dos gastos da corte. Para
aumentar os ingresos a única solución era subir impostos e que tamén pagasen
os privilexiados.
A REVOLUCIÓN FRANCESA
A crise social: a finais do século XVIII o poder real acabou enfrontándose a
todos os estamentos , que estaban descontentos por diferentes razóns:
NO
BR
EZ
A E
CL
ER
O
Non querían perder os seusprivilexioseconómicos e negábanse a pagar impostos.
TE
RC
EIR
O E
ST
AD
O
A alta burguesía: quere suprimir a monarquía absoluta e participar napolítica.
A pequenaburguesía: sufría dificultades económicas.
Os campesiños: malas colleitas e aumento das rendas.
EN
XE
RA
L
O Terceiro Estado pasaba fame e contemplaba impotente a dilapidación da nobreza e do clero e quería acabar cosseus privilexios.
ACONTECEMENTOS DA
REVOLUCIÓN
En 1789 o rei Luis XVI, ante as dificultades política e económicas, convocou aos
Estados Xerais para aprobar novos impostos. A partir de entón iniciouse o
proceso revolucionario.
A AsembleaNacional
A AsembleaConstituínte
A AsembleaLexislativa
A República
O Directorio e o Consulado
A ASEMBLEA NACIONAL
O Terceiro Estado solicitou o voto individual fronte ao voto por estamento. Ante a
negativa do rei crearon unha Asemblea Nacional, proclamáronse os verdadeiros
representantes da nación e esixiron unha Constitución.
A ASEMBLEA CONSTITUÍNTE
Ante a cesión do rei, elixiuse unha nova Asemblea para elaborar a Constitución.
Ao tempo, en París, o pobo asaltou a Bastilla e protagonizaron revoltas nas rúas
que se estenderon a outras cidades e ao campo.
A Asemblea aboliu os dereitos feudais e aprobou a
Declaración dos Dereitos do Home e do
cidadán.
O rei intentou fuxir para pedir axuda a Austria pero
os franceses impedíronllo.
En 1791, a Asemblea decretou a Constitución que
adoptou como forma de goberno a monarquía
constitucional, o sufraxio restrinxido masculino, a soberanía
nacional e a separación de poderes.
A ASEMBLEA LEXISLATIVA
Elixiuse tras a aprobación da constitución, nela destacaban dous grupos políticos: os
xirondinos, que representaban os interes da alta burguesía e os xacobinos, que
representaban a mediana e pequena burguesía.
Luis XVI pediu axuda a Austria o que provocou o encarceramento do monarca e
que se proclamase a República.
A REPÚBLICA
Durante o goberno dos xirondinos, o rei Luis
XVI, acusado de traizón, foi executado. A
continuación, varios países europeos crearon unha
coalición e declaráronlle a guerra a Francia para
evitar que a Revolución se estendese por Europa.
Os xacobinos tomaron o poder e impuxeron a
ditadura do Terror para facer fronte á guerra exterior e
ás revoltas contrarrevolucionarias.
O DIRECTORIO E O
CONSULADO
En 1795 a burguesía moderada recuperou o
poder e estableceu un goberno máis
conservador, o Directorio, composto por cinco
membros.
Mais a continuación da guerra exterior e a
ameaza do regreso ao poder dos revolucionarios
radicais levaron ao xeneral Napoleón
Bonaparte a dar un golpe de Estado en 1799.
Establécese o Consulado de tres membros pero
en 1802 Napoleón consegue ser nomeado cónsul
vitalicio e concentra todo o poder nas súas máns.
O IMPERIO NAPOLEÓNICO
En 1804 Napoleón proclamouse emperador o seu labor político
pódese resumir en:
1. En política interior destacou a aprobación do Código
Civil, conxunto de leis que introducía: o matrimonio civil, o
divorcio, a adopción e a ensinanza estatal.
2. En política exterior obtivo numerosas vitorias nas guerras
contra varios países europeos onde se impuxo as ideas
ilustradas e revolucionarias e aprobáronse constitucións que
acabaron coa monarquía absoluta.
3. Napoleón foi derrotado definitivamente na batalla de
Waterloo (1815).
CONSECUENCIAS DA
REVOLUCIÓN E DO IMPERIO
A principal consecuencia da revolución
Francesa e do Imperio napoleónico foi a
crise e posterior desaparición do Antigo
Réxime. Os cambios foron:
Cambios políticos: Implantáronse en
Europa outras formas de goberno: a
monarquía constitucional e a república. Aprobáronse diversas
Constitucións que establecían: a
soberanía nacional, o sufraxiorestrinxido masculino, a separación de poderes e os dereitos da poboación.
CONSECUENCIAS DA
REVOLUCIÓN E DO IMPERIO
Cambios económicos: decretouse a obriga de todos os cidadáns de contribuir cos seus
impostos aos gastos do estado. As leis garantiron a liberdade de comercio e o respecto á
propiedade privada, o que beneficiou a burguesía nos seus negocios.
Cambios sociais: a sociedade estamental desapareceu porque xa non existían privilexios
para a nobreza e o clero e todos os cidadáns eran iguais ante a lei.
ESPAÑA: OCUPACIÓN E
LIBERACIÓN
En España, en 1788 Carlos IV iniciou o seu reinado e a súa
etapa de goberno coincidiu coa Revolución Francesa e o
Imperio Napoleónico.
Entre os seus ministros destacou Godoy que apoiou a
Napoleón contra os ingleses. As consecuencias desta alianza
foron:
O británicos derrotaron a armada francoespañola en
Trafalgar o que supuxo o fin do poderío marítimo
español.
A firma do Tratado de Fontainebleau, que permitiu o
paso das tropas francesas a España para ocupar
Portugal.
Ao final, os franceses ocuparon España e o rei Carlos IV e o seu fillo Fernando VII foron trasladados a Bayonne (Francia). Alí renunciaron ao trono de España a favor de Napoleón que o cedeu a Xosé Bonaparte.
O 2 de maio de 1808 alzouse a vila de Madrid e iniciouse a Guerra da Independencia. Nela
vivíronse dous procesos paralelos: a guerra e a revolución política.
A REVOLUCIÓN POLÍTICA
Durante o conflito en España coexistiron dous
gobernos:
O dirixido por José Bonaparte que
representa a ocupación francesa. Impúxose
a Constitución de Bayonne, que incluía
reformas ilustradas : igualdade ante a lei e pagamento de impostos.
A Xunta Central , que representaba a
Fernando VII nas zonas ocupadas polos
franceses. A xunta central coordinaba as
xuntas locais e provinciais elixidas polo
pobo. A Xunta Central, ante o avance
francés, refuxiouse en Cádiz. En 1810 foi
substituída por un Consello de Rexencia
que convocou as Cortes de Cádiz.
A CONSTITUCIÓN DE 1812
O 19 de marzo de 1812 as Cortes de Cádiz aprobaron a primeira Constitución
española, o que significaba o triunfo das ideas ilustradas.
A CONSTIUCIÓN DE 1812
Establecía os seguintes principios políticos:
Monarquía Constitucional como forma de goberno.
Soberanía nacional con sufraxio restrinxido masculino.
División de poderes: executivo 8rei), lexislativo (rei e Cortes) e xudicial (tribunais de xustiza).
Dereitos e liberdades: igualdade ante a lei, inviolabilidade do domicilio, liberdadede imprenta, prohibición da tortua, etc.
Catolicismo como relixión única e oficial do Estado. Era unha concesión aosabsolutistas.
Recommended